29 may 2010

UNHA EXPLICACIÓN MÁIS

Non é a miña intención deixar de liderar a oposición ao reitor entrante. Antes ben, de Alternativa Universitaria non me agrada nada: nen o seu modelo de Universidade, nen o seu suposto progresismo nen as súas políticas prácticas. Pero lle pido a todo o meu colectivo que deixa á marxe calquera sentimento de xenreira polas friccións de campaña. As houbo, claro, e síntome máis vítima que actor das mesmas. Porén, manter a tensión por iso non é bo para contruírmos o futuro.
A min me venceu Salustiano Mato, pero non me convenceu. Non acredito no seu programa. Tampouco no seu equipo. Con todo, temos que facer unha oposición construtiva. Desprezo as políticas, tan de moda nestes días, de canto peor mellor. A Universidade ten urxencias e oportunidades nestes meses: Campus do mar, finanzamento universitario e negociación coa Xunta, titulacións, definición de centros...Nestes temas temos que estar ao carón do noso reitor. Que teña el éxito vai significar que o teñamos todas e todos nós.
Ao mesmo tempo, logo de repensar os resultados máis en frío, teño que recoñecer que son un reto e unha esperanza de futuro. Quizáis eu son aínda demasiado novo, quizáis irrumpín moi de súpeto como líder dun grupo. O que si teño claro é que levei un moi bo equipo, un moi bo programa e que fixemos unha boa campaña. Non me arrepinto de nada do feito.
Xa que logo, vou articular a oposición, aínda que sen presas. Vou coordenar Nova Universidade, cando menos a curto prazo, e agás que o grupo non me renove a confianza. No medio prazo xa pensaremos na estratexia. É cedo para falar.
O que si quero engadir: fun vencido, pero non derrotado. Manteño a miña crenza nunha Universidade máis xusta, máis solidaria, máis académica, máis investigadora, máis integradora, máis socialmente responsable e máis comprometida coa súa contorna. En todo o que non ten sido nos últimos anos.

7 comentarios:

  1. Completamente de acordo contigo, Jaime. Non debedes ver o acceso ao goberno como algo que se cosegue a curto prazo. Máis ben ao contrario é un proceso que, coma os bos pratos de cociña, se han de elaborar a lume moi lento.

    ¿Cántos cambios de líder tivo Nova Universidade en todas a últimas eleccións universitarias? Curiosamente, e por diferentes motivos, tiven a oportunidade de ter coincidido con todos eles (a moitos deles porque me deron clase e a ti persoalmente), e podo dicir que de todos creo que ti eres o mellor, o máis capacitado para dirixir á Universidade de Vigo e levala a unha mellor situación da que se atopa neste momento. Cada vez que falo contigo as túas verbas destilan gañas de traballar, respecto polos dereitos dos demais, ideas novas. Todo iso que a min, un descreido da política, me gustaria atopar nos gobernates do noso país.

    ResponderEliminar
  2. boa mensaxe!!!,
    Sandra

    ResponderEliminar
  3. Ola Jaime!
    Eu non xa non estou na Universidade, pero gostariame que quen a governase, o fixera a ser posible sen escarallar moito a gramatica galega...
    Por exemplo:"Pero lle pido o meu colectivo" e mais exemplos mais abaixo...

    Con respecto o resultado das eleccions...
    Nin vos venceron nin vos derrotaron.
    Habia duas opcions e a vosa non foi a mais elexida.
    Tes razon no que dis de esquencerse das friccions e tensions...
    Mentalidade positiva primeiro de todo. Estou farto do espiritu negativo, da critica pola critica, etc.
    Non poderedes entre todos axudar co novo proxecto? Non estan os tempos pra pelexas familiares. Hai un mundo ai fora que igual non vedes dende a vida entre algodons que levades na Universidade...Pero esta moi "jodido".

    ResponderEliminar
  4. Gracias por tu mensaje, Jaime, nos hace falta en la comunidad universitaria serenidad y unidad ante las tiempos que se avecinan.
    Y queremos seguir contando con tu blog y leyendo tus reflexiones, sean o no sobre temas de la Universidad.

    ResponderEliminar
  5. Jaime: en comentarios coma este que acabas de facer, seguimos vendo en tí un líder para a Universidade de Vigo que se precisa. Ánimo e a traballar polo ben de todos

    ResponderEliminar
  6. Dúas cousas. A primeira é que resulta máis sinxelo para todos referirse aos comentarios dos demais se en vez de utilizar o perfil anónimo se utiliza un nome, aínda que sexa ficticio.

    E a segunda, en resposta ao primeiro anónimo e sen ánimo de polemizar, é que sería bo que todos apreciaramos a gramática galega na mesma extensión que a súa ortografía (refírome a falta de acentos gráficos nese comentario). Eu asumo que cometo fallos, tanto en gramática como en ortografía, pero deixemos que tire a primeira pedra o que estea libre de culpa.

    Ánimo Jaime. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Si este blog va a estar mas dedicado a temas "profesionales" de su autor, ¿no convendría otro de Nova dedicado a explicar su posición como oposición en los distintos temas que vayan surgiendo? Si, como sucedió ya, la labor de oposición (escasa) de Nova se queda en las interinidades (a las que no tenemos acceso)del CG, no habrá forma de convencer a los escépticos (atención a los votos en blanco del profesorado) para que se animen. No se puede esperar a que pasen tres años y medio y luego intentar cambiar las cosas.

    Para empezar: ¿Qué pasa con los dos nuevos cargos, con categoría de Vicerrectores, cuyos nombres eran desconocidos - a diferencia del resto - cuando se presentó programa y equipo? No se trata de cargos de segundo orden, porque son vicerrectores. ¿Eran "tapados"? ¿Qué hubiese sucedido en las votaciones en sus respectivos centros si se hubiese sabido quienes eran? P. ej. dado el sectarismo de la persona que ocupa la nueva Coordinación Interna (¿que será esto?¿no están coordinados?) en Ciencias podría haber habido otros resultados.

    ¿Son necesarios y rentables para la Universidad, no para Alternativa, estos cargos? etc. etc.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.