18 may. 2010

CARTA DE FIN DE CAMPAÑA

Prezad@s compañeir@s:

Chego esgotado ao final de campaña. Foron  moitos días de conversas, de escoita, de proposta, de traballo. En fin, de construírmos Universidade. Antes que nada, meu pensamento está no meu rival, Salustiano Mato. No último día, unha aperta fraternal. Somos membros dunha mesma comunidade. E queremos o mellor para a nosa institución. Mais que enxerguermos desde ópticas diversas as prioridades.

Dito isto, pido o voso voto para Nova Universidade. Non é tempo de lembrar a nosa oferta programática, ben visible e dabondo coñecida. Pero si de pór énfase nas nosas preocupacións fundamentais. Quero deixarlle ao vindeiro goberno, no 2014, unha Universidade máis comprometida coas súas persoas. Unha Universidade na que as carreiras profesionais, de PDI e de PAS, existan. Na que os cadros de persoal dean resposta aos retos que ten esta institución. E na que exista un mapa de titulacións, de grao e posgrao, complementarios os uns dos outros e que garantan a profesionalidade e a mellora continua das carreiras profesionais das nosas egresadas e egresados.

Quero unha Universidade europea e aberta ao mundo. Galega, por riba doutras consideracións. Que participe solidariamente do sistema universitario galego en comuñón cos nosos irmáns e irmás de Compostela e da Coruña. Aposto por unha Universidade pública, que crea nas súas propias posibilidades e que confíe na súa propia xente. Que non percure fóra o que xa ten dentro. Enraigañada na nosa contorna, xunto cos actores socioempresariais, públicos e privados, co mundo da cultura, da comunicación e do deporte. Arelo unha Universidade responsable nas súas políticas sociais corporativas. Responsable tamén medioambientalmente.

E quero unha Universidade aberta, democrática e participativa, escola de democracia e de participación. Berce de cidadáns e cidadás comprometidos coa defensa radical dos dereitos fundamentais. En particular, da liberdade de expresión e pensamento. E na que defendamos a igualdade por mor de sexo-xénero, para que quizáis nosos bisnetos poidan enxergar unha sociedade igualitaria. Igualitaria tamén coas minorías, coas persoas discapacitadas e coas xentes económicamente desfavorecidas.

Pido o voso voto, en suma, para dirixir a Universidade estes catro anos decisivos. Para superar os nosos retos e as nosas debilidades, tan recoñecidas unánimemente en todos os indicadores públicos. Desde a humildade, non desde a autocomplacencia. Pero con ambición no noso futuro. Quero mandar unha mensaxe portadora de esperanza, porque o futuro é noso. Da xente que traballa, moitas veces no máis absoluto desleixo e falto do recoñecemento e agarimo por parte da súa propia institución.

Porque, toda a nosa xente paga a pena, vota, con +KBZA.

Por unha Nova Universidade.


Grazas pola vosa confianza. Estou certo de que as urnas se inzarán de votos de cambio.


Jaime Cabeza

14 comentarios:

  1. Benquerido Xaime: a piques de saber si a comunidade universitaria decide optar pola opción que ti representas, o cambio tranquilo, a universidade das personas, quero deixar aquí estas verbas para agradecerche, no nome de moitos e moitas todo o traballo que tes feito para presentarnos outro modelo, outra forma de facer as cousas. O paso que diches fai tempo o decidir aceptar e presentar a túa candidatura a reitor seguro que non foi doada. Desde ese día a tarefa foi inmensa. Pero chogou o momento. Atrás quedan reunións, xente coa que falar, facultades que visitar, etc. Sei que cada unha destas tarefas as fixeches desde a máis profunda convicción nas posibilidades que ten a nosa universidade, a súa xente. O capital humano que sempre tes presente alá onde tes falado.
    Hoxe preto do día 20 e coa mirada posta no cambio que moitos queremos, sinte o noso afecto e a nosa gratitude por amosarnos outra forma de facer univesidade.
    O meu afecto máis afectuoso para tí o todo o teu equipo

    ResponderEliminar
  2. Son as 23:45 do día 18 maio. Mañá teño que acordar ás 06:00 a.m. e estou esgotado. Así que pecho xa o blog. Desde agora mesmo xa non vou admitir máis comentarios, porque chegou a xornada de reflexión. Unha frase máis para amosar a miña gratitide a todas as persoas que entraron no blog, en particular ás que deixaron os seus comentarios. Grazas!

    ResponderEliminar
  3. Jaime, foi un pracer acompañarche no inicio desta aventura, na que aínda nos quedan catro anos de duro traballo por diante.
    Se xa de entrada embarcámonos con ilusión, estes días acompañándoche fixeron que esa ilusión aumente, vendo o convencido que estás do noso modelo de Universidade, e vendo o convencida que está a Universidade de que ese é o modelo que necesita.
    Grazas, e aquí tes uns/as vicerreitores/as para catro anos, e uns/as amigos/as para sempre.

    ResponderEliminar
  4. +KBEZA PARA NON VOTALO,+KBEZA PARA BOTALO

    ResponderEliminar
  5. Por si lees ésto. Ojo con un posible número anormal de votos nulos por equivocación en el sector de mas peso: A. Hay confusión con colores de sobres y papeletas y cuanto mas voto nulo haya mejor para AU, que tiene mas aleccionados a sus votantes en este sector.

    Saludos. Adeslas/sanitas

    ResponderEliminar
  6. El tiempo puso a cada uno en su sitio.

    ResponderEliminar
  7. Ánimo Jaime y enhorabuena al equipo de tano por la victoria.

    ResponderEliminar
  8. Hay un dato de votación que parece ilógico. Facultad de Química, Sector B: 37, 0. ¿Revisarlo?

    ResponderEliminar
  9. Los resultados de ambos candidatos en sus "casas", tanto en el sector A, como en el conjunto A+B son demoledores. Parece que quienes les conocen bien no quieren saber nada de ellos. Un candidato de Derecho, en una Universidad que es casi politécnica, lo tiene crudo, pero si además no controla ni su "casa" ...

    En A y D los votos nulos son notables y después de 12 años de AU esos votos son nulos porque no llegó a convercerlos NU

    La única manera de que NU consiga vencer es con oposición clara, dura o suave pero clara y notoria, durante cuatro años. Lo que no hubo en los últimos cuatro. De otra forma, en un mes o dos de precampaña y campaña hacen mella las atribuciones de: la derecha, el opus, etc. etc.

    ResponderEliminar
  10. Obviamente en el comentario anterior quería decir votos en blanco en lugar de nulos

    ResponderEliminar
  11. Casi la mitad, esa es la lectura, han creído en el proyecto de NU. Ha faltado muy poco para conseguirlo. Los últimos días se han "comprado" muchas voluntades por parte de un político que ahora tendrá que gobernar sin poder cumplir todos esos compromisos in extremi de final de campaña. Somo muchos los que apostamos por el cambio. Habrá que estar ahí defendiendo la UVigo. Jaime es muy difícil arrebatarle el poder a una estructura tipo PRI mexicano, ya se ha avanzado muchísimo. Enhorabuena por tu trabajo y el de tu equipo.

    ResponderEliminar
  12. Jaime: vistos os resultados, a ledicia dos gañadores non pode ser moita, como tampouco a tristura túa. Ánimo e a traballar dende a oposición, que a travesía diste deserto, vendo o equipo de Alternativa, paréceme que non será moi longa para vós. Xa sabes iso de que a última noite dunhas eleccións debe ser a primeira madrugada das seguintes. Aconsélloche que deixes os comentarios sobre dereito do traballo para os teus alumnos e nos deixes a posibilidade de falar do que nos pete no teu blog, coma sempre.

    ResponderEliminar
  13. Ánimo Xaime. Tes moitos opoios que representar estes vindeiros catro anos no Claustro. Estamos ó teu carón.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.