24 may. 2012

FRIJOL, CAMPIÓN DO BENESTAR

Hoxe Don Habichuelo gabouse de mellorar o Estado do Benestar que deixou o bipartito. Como diría noso ilustre Duque Don Leopoldo, noso presidente “es muy jacarandoso”. Eu descoñecía que Anxo Quintana lle deixara en herdanza a Feij009 un Estado de Benestar. Non era tan mala a herdanza do bipartito? Pero ollo, noso presidente mellorouno, coa intercesión da Consellería de Traballo e Benestar. Con todo, hai que rifarlles. Que non se esquezan de que, se hai benestar en Galiza, é porque había un home que tiña un Estado na cabeza e que hormijonara Galisia toda, como dicía un alcalde, que aínda lle quedaban cartos no banco.Quintana nada fixo na súa vicepresidencia. Si, mercou audis e cadeiras a cachón. E mesmo mercou unha neveira para o coche que lle costou medio presuposto da Xunta. Hai que dicir a verdade: en Galiza avanzou sen dúbida o Estado do benestar do ano 2009 para diante. Sen dúbida ningunha. Quen diga o contrario minte: hai máis xubilados que antes. E máis viuvas, claro. E moitísimos máis desempregados. Aínda máis: desde que chegou á Moncloa Don Mariano, máis Estado de Benestar para Galicia: aínda máis desempregados. Cada día, Galiza vive máis do benestar e menos dos activos. Os galegos e as galegas vivimos do Welfare, como dirían os acollidos aos programas sociais en USA. Don Alberto leva moita razón. Banzo a banzo, máis xente vive do Benestar. Como xa non temos Caixa galega, nen banco galego temos, aínda viviremos máis subsidiados. Desde logo, hai que recoñecerlle un mérito grande a Núñez no avance do Benestar en Galiza. Mágoa que o Benestar avance en Galiza como unha planta invasora, que non autóctona. O que avanza son as prestacións de Seguridade Social. Esas que antes nos denegaba o Zapatero e agora nos recoñece Dazoy. Non unha rede de servizos sociais de orixe galega. Hai semanas asistimos a un guiñol no que un monicreque dicía non sei que de que era xusto conxelar as prestacións de dependencia. Logo dimitiu. Bah, dimitírono, que máis da. Por certo, tiña un audi caralludo, seguro que herdado do bipartito. Pero deixou o traballo feito: non hai espazo para recoñecer máis prestaciósns de dependenza. Pero…non é que Habichuelo melloraba o Estado do Benestar? As parellas novas galegas xa non poden mandar aos seus cativos ás Escolas Infantís, porque na Galiña Azul non entran máis que nenos de boas familias con recursos. Que para iso son as escolas do PP. Claro que os nenos nesas escolas están de carallo. Están no benestar. O mellor é facer todo isto sen débedas: investir en políticas sociais, como din que invisten. Quen o discuta, é que non sabe. E levan razón: Galiza é o reino do subsidio, da esmola, da compra de votos e da carretaxe. Esa si que é a política do benestar de Feijóo. Pero, en realidade, xa estaba moi aprendida, mesmo antes de que chegara Don Manuel. O Estado do Benestar de Feijóo rexistra marcas, iso si, nunca coñecidas: en baixo número de activos, en emigración económica da mocidade, en baixa natalidade…Pero, ten os cartos todos na caixa, como o rei do hormigón. Por todo iso, hai que renovarlle a confianza a Don Alberto. Para que en catro anos os camposantos estean cheos de pensionistas galegos e galegas e aínda cadren mellor as contas. Eses expensionistas estarán para sempre no Benestar: ceibados da mágoa de veren aos seus netos outra vez en Alemaña, ese país do que algún día pensaran que voltaban para sempre…

17 may. 2012

PENSIÓNS DE XUBILACIÓN: DÉIXENAS EN PAZ, COÑO!

As vangardas da deregulación xa queren converter a reforma de Seguridade Social do 2011 en entullo. Onte me entrevistou Radio Voz por mor dunha ocorrencia que guindaron aos medios de comunicación os de PwC: que había que derrogar os prazos transitorios da Lei 27/2011 e elevar desde xa a idade de xubilación aos 67 anos. Hoxe leín nos xornais as desafortunadísimas declaración do vicepresidente da patronal española nas que afirmaba que había que revisar xa o período de cómputo para o cálculo das pensións de vellez e que non abondaba con conxelar e mesmo con diminuír as pensións. Canto ao líder de CEOE-CEPYME que así se expresou, cómpre, desde logo, retrucar que non hai marxe para a baixada das cotizacións sociais, se tan urxente é recalcular a pensión, por moito que D. Cristóbal Manstesoiras deveza agora por subir o IVE. Se as contas están en risco, o están con todas as consecuencias, E, ademáis, xa arriscou abondo o Goberno a sostibilidade da Seguridade Social con todas as parvadas que fixo no RD-lei 3/2012, en particular arredor do enxendro de contrato de apoio a empregadores. Alén do desprezo que poidan causar as verbas dese personaxiño, hai que pedirlle á sociedade civil un pouco de seriedade co tratamento das cousas importantes. Das cousas do comer, como dicía miña aboa. É certo que hai que pedirlle unha seriedade da que carece o Goberno de España, pero hai o que hai. Xa temos moita xente cismando en Nuevos Ministerios como para que haxa que dar ideas desde fora! As reformas todas de Seguridade Social precisan de prazos transitorios. Máis as que cambian moito as reglas de xogo, como a do 2011. Subir a idade do 2013 ao 2029 é un proceso longo, pero no que están afectadas persoas que hoxe teñen 50 anos ou máis. As súas decisión verbo da xubilación non se poden improvisar. E moito menos no caso da xente que hoxe ten 64-65 anos. Non é lícito cambiar as cartas da baralla no medio da partida. E non únicamente por seguridade xurídica e económica. Tamén por xustiza social. Cando o desemprego da poboación de idade madura está case tan inzado como o da mocidade é sinxelamente inmoral adiarlles a única expectativa que teñen de seguridade económica. A Lei 27/2011 fai un dano inmenso ás rendas máis baixas e aos desempregados de 60 anos ou máis. Na práctica lles impide a xubilación anticipada. Ou, se se prefire, os condena a unha situación de pobreza ata os 65 anos. Agora PwC quere incrementarlles a pobreza ata o 67 anos. Cun pouco de sorte para o sistema, xa morren no camiño! Que saiba D. Jesús Terciado que na súa Comunidade Autónoma de Castela-León, como en Galiza, as pensións están moi por debaixo da media. E que a reforma do 2011 perxudica máis, polo tanto, á súa xente. Fará que pasen fame. Aínda que teño a impresión de que é deses que esquecen o amor á terra nai cando poñen a gravata, como tantos galegos que esqueceron e esquecen as súas orixes. As súas verbas canto ao recálculo da base reguladora non merecen comentario. Poñen de manifesto, cando menos, que non se leeu a Lei 27/2011. Aconséllolle que antes de falar diante dun altofalante estude un pouquiño. Algúns non acreditamos na reforma do ano 2011. Pero, cando menos, recoñecemos que aporta un mínimo de seguridade ata o 2029. Probablemente, o prazo máximo para facer prediccións solventes. A seguridade económica, esa virtude que fai que uns pouco vellos e vellas aínda poidan adurmiñar nas solleiras das súas casas acariñados polas raiolas.

7 may. 2012

DESEMPREGO, AVELLENTAMENTO, BAIXA TAXA DE EMPREGO, EMIGRACIÓN: EIS A HERDANZA QUE DEIXA O PP EN GALIZA

Recomendo con énfase a lectura do artigo que hoxe publicou no País meu admirado Manuel Rivas, A marabillosa crise de Galicia. (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/03/galicia/1336071337_288800.html). Trátase dun texto hilarante, que destila o amargor que sinte quen lle quere ben ao seu país. Porque debaixo da súa retranca emerxe a tristura dunha realidade ruín, anana e cativa xestionada por un goberno da Xunta aínda máis parvo e miserento. A súa lectura produce en nós, galegos que ben lle queremos a este anaquiño do mundo, a anguria e a mágoa dun proxecto de país esnaquizado por políticos curtos de vista, con intereses e obxectivos mesquiños. No canto, non recomendo a lectura das declaracións da conselleira de Traballo e Benestar Social, que reflicten o nivel do Consello da Xunta de Galiza. Non acertou máis que a dicir que é a situación de incertidume a que está a incrementar o desemprego no noso país, derivada da recesión e do freo do consumo. Xa está. Como sempre, a Xunta non ten culpa ningunha. Por máis que o desemprego creza e creza, por riba da media estatal. Que máis da! Culpa terán outros…Xamais Frijol e seus membros do Consello. A realidade de Galiza deteriorouse moitísimo do 2009 ate hoxe. Logo da entrada no Goberno deste remedo de axente 009 que nos caeu en desgraza. É incríbel que suba o desemprego en Galiza, porque esta suba se engade a outros factores diferenciais que están afundindo o país sen que se albisque a esperanza no curto e medio prazo. Non é que creza o desemprego, que é. É que Galiza segue a ver como a súa poboación se avellenta e que o número de pasivos xa hai tempo que lle deu o sorpasso ao número de activos. É que a mocidade galega emigra, ante a falta de futuro. É que a taxa de emprego baixa, por mor de milleiros de persoas que xa perderon a esperanza de atopar emprego. Nestas tendenzas inobxectabeis, que suba o paro é demoledor, e que suba máis que na media española é para que emigren para sempre os nosos gobernantes. Pero, pola nosa desgraza, eles non emigran…agás que lles dean un despacho en Madrid. Que a conselleira busque as culpas fora é patético. Amosa toda a súa ruindade. Toda a súa incapacidade de comprender ao país e á súa xente. A súa incompetencia sideral. Aínda que non é máis que un exemplo dos moitos que hoxe amosan todos os membros da Xunta. A realidade é clara: a situación de Galiza en termos de número de activos resulta catastrófica. Tanto ou máis que no caso dos “campións do desemprego” dos que moito se mofa o noso presidente ao se referir a Andalucía. Mesmo hai un certo paralelismo entre o maldicer de Sarkozy verbo de España e de Zapatero na súa campaña e as verbas de don Habichuela ao falar dos nosos irmáns andaluces. Claro que Galiza non é Francia, mal que lle pese a un político ao que pola súa desgraza lle tocou gobernar un país no que non acredita e que non lle importa ren. Xa vai sendo unha necesidade inadiable que os partidos todos de progreso se xunten para que,canto antes, botemos a esta manda de ineptos e para que os anos de Feijóo sexan, o máis cedo posible, un mal pesadelo do que xa acordemos.

1 may. 2012

MEJORES EMPLEOS PARA UNA ECONOMÍA MEJOR.- Informe sobre el trabajo en el mundo 2012. OIT

Acabo de leer el resumen del Informe que encabeza estas líneas, nada más que el resumen. Pero hago un alto en el camino para rogarle al Gobierno del Reino de España, sin ningún tipo de ironía, que lo lea y lo considere. Más que para rogarle, para suplicarle que lo lea. No es que diga nada especial, pero, en los tiempos que corren, resulta provocador. Es, sólo, un grito a la conciencia de los gobernantes para que algo cambie. Expresa que “la sociedad se está volviendo cada vez más ansiosa de trabajos decentes”. ¿Alguien se reconoce en esta aseveración? Yo sí, como parte de una sociedad sangrada por la sanguijuela de la austeridad. Para políticos poco inclinados a darse por enterados, expresa a continuación: “el deterioro de la situación refleja la trampa de la austeridad en las economías avanzadas, sobre todo en Europa”. La situación que tenemos en nuestro país es, sencillamente, indecente. La respuesta única del Gobierno del PP parece ser la medicina de la reforma laboral. Expresa al respecto el resumen lo siguiente: “en relación a las políticas de liberalización, el Informe señala que fracasarán en el objetivo de impulsar el crecimiento y el empleo a corto plazo, el horizonte temporal clave en una situación de crisis. De hecho, los efectos de las reformas de los mercados laborales en el empleo dependen en gran medida del ciclo coyuntural. Ante una recesión, normas menos rígidas pueden dar lugar a más despidos sin apoyar la creación de empleo. Del mismo modo, un debilitamiento de la negociación colectiva es probable que genere una espiral descendente de los salarios y, por consiguiente, retrase aún más la recuperación”. ¿A alguien le suena este argumento? No es que lo digamos algunos resentidos, es que lo dice OIT. Aún estamos a tiempo de corregir la barbarie del decretazo de 10 febrero, sólo hace falta un poco de sensibilidad y de conciencia. Algo de empatía e inteligencia emocional. El trámite parlamentario puede cambiar las cosas…si es que la derecha quiere escuchar este clamor internacional. De la Internacional de las personas que sufren estas reformas lamentables. OIT afirma que existe un enfoque alternativo. “la explicación del actual enfoque político es la premisa de que el crecimiento es el resultado de la austeridad y que los empleos, en cambio, son una consecuencia del crecimiento. Por ello, los mayores esfuerzos hasta la fecha se han concentrado en reducir los déficits y restablecer el crecimiento mundial hacia valores positivos con la creencia de que, en lo sucesivo, producirá la creación de empleos. Como consecuencia, los esfuerzos más directos para estimular la creación de empleo y potenciar los ingresos de los más vulnerables a la crisis han tenido una importancia secundaria. Puesto que ahora existen indicios de que estas premisas han demostrado ser contraproducentes, es esencial progresar con la alternativa, es decir, un enfoque centrado en el empleo, tal y como se describió anteriormente. Además es importante nutrir este enfoque alternativo con ejemplos concretos de políticas que funcionan, para lo cual la OIT ha desempeñado un papel fundamental a través de la adopción del Pacto Mundial para el Empleo y podría contribuir aún más como foro de análisis de políticas”. No es que no se haya dicho antes, pero ahora lo expresa OIT. El cuerpo del informe realiza un análisis demoledor de nuestra situación laboral y pone de manifiesto cómo la ha agravado el decretazo de febrero. Los datos son concluyentes sobre el incremento de la inseguridad, de los despidos, de la bajada salarial, de la precariedad…Se trata de un diagnóstico irrebatible, a menos que pretenda rebatirse con esa especie de metafísica de los que cultivan las posturas más liberales de la macroeconomía. La metafísica del ajuste como el valle de lágrimas por el que debe transitar la vida de las personas trabajadoras y sin trabajo. Aún estamos a tiempo. Mañana el 1 de mayo será, más que un día de manifestación, un día de súplica. Un ruego al Gobierno para que entre en razón y deje de infligir este daño injusto, inútil y brutal. Ya no son los cantos de sirena de una Unión Europea cada vez menos fiable, secuestrada por un apparatchik de mediocres gobernantes que estos días parecen conversos al crecimiento. Es Naciones Unidas la que dice que algo va muy mal.