10 may 2010

DEBATE DE ESTUDANTADO

Hoxe celebramos o debate organizado polos Comités. Quero felicitar públicamente ao moderador, Iago Varela, que exerceu o seu labor con rigor. E agradecerlle á xente que asistiu ao acto a súa actitude. Coido que de novo asistimos a un exercicio de democracia moi aconsellable nos tempos que corren. O formato foi diferente a encontros anteriores, e bastante acaído para o caso do estudantado.


Cada un pode xulgar o que escoitou. Eu, desde logo, son o menos indicado para facer valoracións de conxunto. Simplemente, quixen reflectir as liñas mestras dun programa longamente debatido con asociacións e delegacións de alumnas/os. No caso dos Comités, os seus obxectivos programáticos atoparon eco na miña primeira intervención para logo, entrar na quenda de réplica e nas preguntas do auditorio.

Quero salientar en particular as preguntas que nos fixo o auditorio, porque reflicten problemas reais: déficits nos cursos de maiores, problemas de adaptación do grao, descoito cara aos egresados de Ciencias do Mar, insuficiencias na titulación de Traducción e Interpretación, incertidumes dos estudantes de diplomaturas…O feito de descoñecermos os que debatíamos o contido das preguntas deu, desde logo, máis vivacidade ao acto.

Logo están as cuestións más programáticas. Penso que quedou clara a nosa aposta por unha universidade pública, democrática, galega e de calidade. E penso, ademáis, que a proposta de Nova Universidade vai supor un empurrón a moitas iniciativas que, polo ben do alumndo, hai moito tempo que tiñan que estar desenvolvidas.

16 comentarios:

  1. Estades a falar todo o tempo de censura,etc...sobre la campaña de Tano y resulta que el amigo Cabeza al desconocer el contenido de la sesion de preguntas o por otros motivos extraños no estuvo muy de acuerdo con la retrasnmisión de el debate....eso queridos amigos es la censura mas grande que un candidato puede ejercer. Para que hablais tanto de libertad de expresión e intención de trasmitir valores cuando nos negais la retransmisión? veo que desde la distancia muy bien, pero en los mano a mano improvisados se arruga

    ResponderEliminar
  2. Queremos a implicación dos alumnos e de tódolos organismos da universidade pero o señor Cabeza non quixo que se retransmitise o debate pola canle da uvigo tv.

    ResponderEliminar
  3. Gustarianos que nos aclarase esta información:
    http://www.comitesvigo.org/2010/05/ante-as-publicacions-da-prensa-de-hoxe.html

    Ten medo Nova dun debate televisado?? por qué?? teno que levan todo atado e estudiado?

    ResponderEliminar
  4. Mira como te agradecen la participación en el debate los de los CAEF...

    http://www.comitesvigo.org/2010/05/ante-as-publicacions-da-prensa-de-hoxe.html

    Ánimo Jaime!

    ResponderEliminar
  5. Ola, boa noite. Mirade: dúas reflexións. A primeira é simple: non sei por que meu adversario cando remata un debate entre el e eu está a conveter en moda falar de detalles accesorios: que se o formato no caso do de PAS, que se a tele no de agora. En fin, haberá algún día no que o comentario vaia do contido do debate?
    Segunda: eu dou absoluta credibilidade á versión dos Comités. Falei deste tema hoxe á tardiña co meu compañeiro e amigo Rúas. Desde logo el ten toda a miña confianza e asumo a responsabilidade das súas decisións, ben feitas están. O formato dun debate é complexo en temas de estratexia. O seu comentario co moderador, Iago Varela, foi na liña de que as condicións dun debate con tele terían que ser máis ríxidas e que sen tele a estrutura podía ser máis flexible.
    Pero...alguén acredita a estas alturas que teño a máis mínima preocupación por un debate co meu rival? Pois leva razón, eu teño por máxima preparar sempre as cousas concienzudamente. Porque respeto ao meu rival -tamén o aprecio-. O que me sucedeu onte é que me pareceu que el estaba algo descentrado.
    Con todo, logo desta polémica decidimos reproducir íntegro o video do que dispomos, para que a xente xulgue con liberdade. O tedes á vosa disposición.
    Algo máis: meu rival e eu felicitamos ao moderador, con moita sinceridade. Iago o fixo moi ben. Claro que non me gusta o comentario do blog dos Comités, pero édesde logo unha interpretación das negociacións dun debate que eles fan, desde a súa liberdade.

    ResponderEliminar
  6. Ola: Bueno, sobre os comentarios do suposto medo a retransmisión do debate, acábase de subir o debate completo niste blog, sen cortes, para que cada quen xulque ao respecto. Nós non temos nada que ocultar, tan xiquera a indetidade e autoría do noso vídeo de campaña que, como sabedes, foi presentado en rolda de prensa polos seus autores. Do mesmo xeito, eu, Xosé Rúas, membro da candidatura de Nova Universidade, asumo que, certamente, fomos nós os que plantexamos, de entrada, que un debate televisado requeriría de máis tempo para a negociación entre as partes, tendo en conta ademáis, as nosas lóxicas reticencias polo feito de que, na ocasión anterior Au xa incumprira o pactado, tratando de anular, no último momento, as preguntas acordadas do público. E nesta ocasión, pola nosa banda, plantexouse, non o ocultamos, a idoneidade dun formato máis aberto e menos encorsetado, cousa que, creíamos, a TODOS nos pareceu ben. Iago, o moderador, plantexounos un esquema de 12 minutos de intervención e 3 de réplica, máis as preguntas finais, e pareceunos excelente, o igual que nos pareceu excelente a pulcritude amosada en todo momento polo representante dos Comités no debate. A nós pareceunos ben, aos Comités pareceulles ben, e entendo que ao equipo do adversario tamén, pois non temos constancia de que dixese nada ao respecto ata o día de onte, claro, unha vez celebrado o debate. Había que buscar algunha excusa, algún pretexto, coma sempre, de mal pagador. Algo co que enredar, para desviar a atención dun debate que, por segunda vez, penso que gañou Jaime Cabeza. Acordouse un debate televisado pola UVigoTV, e gañouse, e acordouse un debate non televisado pola UVigo, e gañouse tamén. Máis, ¿por qué este interés do candidato de AU en falar agora do que él mesmo aceptara?. ¿U-la censura, alén do blog de Salustiano, no que calquer crítica é rexeitada?. Pois ahí vai a verdade dun debate, ao descuberto e completa, con tódolos seus minutos. O mesmo debate que nós non temos inconvinte en que se vexa e que, por certo, tamén foi recollido pola cámara dunha colaboradora da campaña do candidato de Au. Só que nós o facemos público, mentras outros encargan vídeos insultantes que logo, cando lles veñen mal paradas, tratan de endosarlles aos alumnos da UVigo. Basta xa de tanto crispar e enredar, tratando de desviar os tiros que lles veñen de volta, señor MATO.

    ResponderEliminar
  7. Xa entendo vostedes son dos que ven o partido en diferido do Celta, do Pontevedra ou do Ourense cando saben que o resultado lles favorece, é dicir, graban o debate, se sae ben parado o Señor Cabeza, emitímolo no blog e senón sae ben parado non o emitimos, nembargante sempre podemos pasarlle as tesouras sacando os mellores momentos do candidato, conclusión, sempre saen gañando.

    Sen embargo, o máis importante, e que os membros da Comunidade Universitaria se manteñan informados destes actos na canle da Uvigo, e que o acceso a información veña dun medio oficial e imparcial, e non teñamos que informarnos a través de as webs partidarias dos candidatos.

    ResponderEliminar
  8. Aproveitase calquera situación para cargar contra tí Xaime. En fin... son os de sempre. Que si a retrasmisión do vídeo ( xa está posto e nin así)que si deixando dúbidas sobre os cartos da campaña ,que si andas metido el cousas fora de universidade con bufetes, etc, etc... Xa vemos a campaña limpa dalgúns.E despois dando lección de xogo limpo.E para rematala fan un vídeo que da noxo e a culpa é dos alumnos. Para tomar nota.
    Xaime, segue así. Estamos contigo

    ResponderEliminar
  9. non podo estar dacordo con sr. rúasen moitas das cousas que di. pero si en unha: AU nunca dixo nada / protestou ANTES dos debates. No primeiro sobor das preguntas; neste por non sair na TV. Eles saberan por que o fixeron así.

    ResponderEliminar
  10. Ahora los de AU, se quejan que esta el debate en la web, pero que pasa SALUSTIANO YA TE DAS POR DERROTADO? videos machistas, juego sucio, que más necesitas para decir, señores no me voten, que no merezco se rector!!!

    ResponderEliminar
  11. es que, la verdad y siendo muy generosos, no lo merece y se lo ha ganado a pulso. Lo malo es que aun quedan cinco días, y a ver con que nos sale

    ResponderEliminar
  12. Ya estarán contentos los nazi-onalistas estos:

    http://www.comitesvigo.org/2010/05/as-rectificacions-de-nova-universidade.html

    Ya se sabe que donde no hay, no se puede pedir. Siempre con las mismas historias, que si manifestaciones que si notas de prensa. En fin, nosotros queremos HECHOS.

    ResponderEliminar
  13. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  14. En resposta o anónimo das 12,26, que fala da emisión de partidos en diferido: lémbrolle que, tal e como moitos medios de comunicación resaltaron, nestas eleccións se produxo o primeiro dos debates entre candidatos da historia da UVigo, el Alternativa leva tres lexislaturas gobernando. E o que está claro e que dous non debaten si un non quere e, dende logo, e que cadaquen fale por si, porque Jaime sempre manifestou a súa intención en promover debates públicos co seu adversario.
    E sobre o de estar informado, non se preocupe, que será unha das nosas máximas. Invítoo a que mire a parte de comunicación no noso programa, onde se di: potenciar a UVigo TV como canle de comunicación interna e, por suposto, estabilizar os seus traballadores (que mesmo algún deles se está a deixar a pel, literalmente, nelo) e os traballadores do DUVI, moitos en precario. E non dubide que potenciaremos a transparencia informativa ao máximo, como, por certo, se está a facer niste blog de Jaime Cabeza, con milleiros de entradas, grazas, precisamente, a inexistencia de censura. Basta con comprobar en qué blog se admite a crítica (mesmo a que vostede está a facer) e en cal non...

    ResponderEliminar
  15. Esto es facil, pones a una persona delante de un ordenador, y le dices, mira hay dos candidato y dos blogs, comenta y a ver en cual de ellos sale tu comentario y e cual no!!! ESTA idea simple, es marcadamente el futuro de cada rector, quieres un rector que te censure, o un rector con comunicación y transparencia?

    ResponderEliminar
  16. A ver, pídovos algo de xustiza cos Comités. Eles non se decantaron públicamente por min pero tampouco polo meu rival. O que está a suceder é un proceso de intoxicación entre eles e Nova instrumentado teima dun xornalista e un personaxe da UVigo vido a menos. Eu agradézolle a Iago Varela a súa exquisita imparcialidade no debate e aos Comités o seu convite.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.