19 abr. 2009

O Blog de Jaime Cabeza

Fai algún tempo que me rondaba pola cabeza a idea de poñerme on line. Eu quería escribir un blog, pero non me animaba a dar o paso. A verdade e que a min esto das novas tecnoloxías sempre me chamou a atención, especialmente o mundo de internet e as posibilidades de colaboración, diálogo e interacción, tanto a nivel profesional como a nivel personal. Pero fixo falta unha tarde de domingo chuviosa para que empezara, e aquí estou:
Son Jaime Cabeza Pereiro, teño 42 anos, estou casado e teño tres fillos. Son catedrático e profesor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social nos campus de Vigo e Ourense, na Universidade de Vigo.
¿Por qué escribo un blog?
Escribo porque quero crear un punto de encontro para debatir sobre os temas que me interesan e preocupan. Pero tamén escribo porque hay cousas sobre as que é preciso reflexionar e que non me quero gardar.
No mellor dos casos, poida que algúen chegue ata este blog, lea un post meu e incluso participe da conversación dando a súa opinión... Entón vería máis que cumprido o meu obxectivo...