21 may 2010

PECHE DE CICLO

Logo dos resultados de onte, dos que ninguén dubide que foron peores do que eu agardaba, non ten moito sentido manter as características que tivo o blog ata agora mesmo. Basicamente, nos vindeiros meses non vai ser a política universitaria da UVigo tema fundamental, senón outros, e moi nomeadamente as políticas sociais e as relacións laborais.
Xa que logo, supoño que a meirande parte da xente que seguiu o blog nestes meses se vai baixar do carro. Saúdos e grazas. Foi unha experiencia, algo estresante pero aleccionadora para min. Vou seguir as pautas de blog dalgúns dos meus colegas. Oxalá alguén manteña algún tipo de interese. Os comentarios tamén serán benvidos neste novo ciclo.
Aperta.

11 comentarios:

  1. Non dixen nin mu cando era un blogg eleitoral, agora que xa non se vota nada e volta a ser o do compañeiro Xaime quero falar. Doenme as acusacións de que Xaime era o candidato facha porque o coñezco e non foi facha na sua vida (nas eleccions só gañou en PAS onde a CIG) e empatou en estudantes perdendo entre progres catedráicos. É un tipo "raro" pero non do PP, é ten voto PAS porque currouno. E xa vale falar de elecciós ou política( que pode ser do partido que lle pete, é boa xente), falemos de mundo. ¿Coñeces Pavía? eu si e unha cidade pequena con una certossa (convento de cartuxos) pero ti dis que Firensse e mellor é falas da miña cidade favorita co Arno e o David (ese en pelotas e grande) de Miguel Anxo ou de Siena ou da Toscanna en conxunto. Pero eso non son temas sociais, permiteme o transito.Falemos de temas sociais e polo tanto me apetece pero cedo o paso.
    Angel dise Anxo ou Angelo pero o crego (antigo) dixo Angel (Alonso González)

    ResponderEliminar
  2. Jaime, sei que presentaches a túa candidatura coa ilusión de que ías a gañar, déixaste a pel na campaña convencido que ía ser así.
    Os que te apreciamos, a túa familia, moita xente, estábamos tamén ilusionados pero o que pasou non é o fin do mundo, es un rapaz é aínda terás máis oportunidades de conseguilo. Agora toca descansar, deixar de lado esas preocupacións e pensar que ese sentimento negativo que agora sintes non é outra cousa que a proximidade do momento vivido.
    Es intelixente e saberás superarte e volver a sentir a ilusión, a mesma que te levou a facer e desenrolar ese proxecto que aínda que non prosperou, si que estivo a altura das circunstancias.
    Animo Jaime.
    Apertas,
    Anselmo.

    ResponderEliminar
  3. Amigo, fuches un forte, moi forte rival. Xa falaremos de vagar no bar da gasolineira da cañiza mentras tomamos uns cafeses botamos unhas risas

    LP

    ResponderEliminar
  4. Jaime, muchos PAS te votamos porque nos pareces muy buena persona y nos atrajo mucho el programa. Ahora toca descansar y reflexionar, pero hicisteis un gran trabajo y Nova y tú debéis seguir trabajando por el cambio y por una mejor Universidad de las PERSONAS, con un espíritu constructivo.
    Por último, muy bien el último mensaje enviado a la comunidad tras los resultados.
    Saludos y ánimo Nova Universidade

    ResponderEliminar
  5. Máis que nunca, querido Xaime, tes o apoio de todos/as os que te coñecemos. Ahora toca descansar despois dunha campaña intensa e retomar a normalidade do pai o profesor e o amigo. Ademáis dun candidato a reitor inmellorable eres un home xeneroso.
    Unha aperta emocionada.

    ResponderEliminar
  6. Suena de despedida definitiva; y eso no está bien. Si sólo hemos empatado una batalla, no perdido ninguna guerra!. Ánimo a todos, y a partir de ya de nuevo al tajo.

    ResponderEliminar
  7. Cuesta cambiar de onda pero tu mandas
    LA DIFERENCIA FUE PÍRRICA ¿ANALIZASTE?
    resultados Mato-Cabeza (muy ajustados)
    Total 2512-2325 52,6-47,4
    diferencia total 187 votos en alumnos 1576-1527 49 en PAS pierden (por 74), ganan en doctores 59 y otro PDI 93

    ResponderEliminar
  8. Jaime: temos que seguir loitando, para que a UVigo non empece a ser coma a Deputación de Ourense: compra de vontades, clientelismo, xente disposta a facer o indecible para agarrarse as súas poltronas...

    ResponderEliminar
  9. con rector ou sen rector síntome ijual de orgullosa de coñecerte

    e arrieros somos......

    ResponderEliminar
  10. Veña Xaime. Estamos moitísimos contigo

    ResponderEliminar
  11. Estimado Xaime, somos da Asociación CUCO de Ourense e lamentamos moito que por un pouquiño non estiveses agora en Vigo, pero á vez animámoste a que non tires a toalla e o volvas intentar. O teu programa e o eu equipo eran os mellores ainda que ás veces as cousas non saen como deberían, pero a pesar diso hai que seguir adiante e volver a intentalo mentres queden forzas, e seguro que ti as tes.

    Verémonos moito o ano que ven, porque serás o noso mestre de Dereito Laboral, e esperamos que nos teñas en conta o traballo que fixemos e nos descontes logo no curso, jaja.

    Deixando as bromas a un lado, podes contar con nós para o que necesites e esperamos que a vindeira sexa a vencida.

    Saúdos

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.