30 abr 2010

DA CAMPAÑA E OUTROS DEMOS

Con esta licenza literaria quixera pór énfase en que o mércores que ven principia a campaña electoral para as eleccións a claustro e á reitoría. Para min e para a miña xente chega o treito final dunha andaina que xa comezamos hai tempo. Hai por diante un calendario esixente, pero que ollamos coa confianza do traballo ben feito e coa semente do cambio chantada nos eidos de Lagoas-Marcosende, de Torrecedeira, das Lagoas e da Xunqueira.

Hoxe chegou o fin de semana e aproveito estes intres de repouso para revisar a axenda da semana que ven, ateigada de compromisos institucionais, de conversas con medios de comunicación, de reunión internas e xa de actos de campaña. E lanzo unha mensaxe ao blog, a xeito de lamento e de desculpa. Ata hoxe quixen respostar a cada entradiña que se me fixo no blog, cando menos as que amosaban unha liña crítica. Coido que, con mellor ou peor resultado, o fixen de boa fe e con espírito construtivo. Porén, chegou o tempo en que xa non podo manter a tensión de resposta e síntoo. Podería encomendarlle a alguén do meu grupo que o fixera por min, pero sería un exercicio irresponsable e mentireiro.

Xa que logo, desde hoxe pido comprensión e certo grao de paciencia. Vou tentar entrar no blog e dar resposta aos comentarios. Pero non vai ser coa mesma regularidade que ate agora. Tentarei redactar unha entrada cada tres ou catro días e dar resposta a comentarios. Xa sei que vou defraudar. Pero non teño enerxías dabondo para render en campaña e adicarlle cada noite un anaco de tempo aos vosos comentarios. Tendes, con todo, a miña promesa de que tentarei facer o que poida.

Con todo, quero que esta entrada sexa un testemuño de recoñecemento e gratitude á vosa participación. Maiormente, ás voces máis críticas, feitas por compañeiros e compañeiras que eu non identifico na meirande parte dos casos, pero que comparten a necesidade dun diálogo crítico e construtivo na Universidade. Máis crítico e construtivo do que ata agora existe, nunha realidade no que a discrepancia moitas veces foi sulagada e esmagada.

Vou estar canda vós, na campaña. No noso proxecto de cambio. Pero quero manter acesa a fogueira do debate no blog. Pídovos, nada máis, un pouco de paciencia e comprensión nestas datas complexas.

8 comentarios:

  1. Agradézese a sinceirade por parte do protagonista dun blog que non sobrevive por encargo ou de prestado, senón que é unha testemuña de atención persoal. Eu mesmo amosei algunha que outra crítica que, antes ou despóis, sempre tivo resposta pola súa banda. E aínda que é certo que podemos discrepar nalgunhas cuestións, recoñezolle a súa claridade de ideas, o seu traballo, tesón e cercanía. Vamos, que o mesmo cambio e voto polo cambio

    ResponderEliminar
  2. Ao anónimo das 0:11. ¿Ti mesmo amosaches algunha crítica?? Xa se che ve que eres dun crítico... estes comentarios de entrega total ou os que simulan un suposto cambio na intención de voto son realmente entrañables, pero de verdade alguén pensa que isto cuela?? Por favor...

    ResponderEliminar
  3. Agora enténdese o naif e cutre do blog, faio Jaime só na súa casiña.

    ResponderEliminar
  4. Polo menos é un blog participativo e permite a entrada a criticas, non como outros, que non fai falta dar o nome... jaja

    ResponderEliminar
  5. Canto tempo pasan neste blog os de AU... como se critica por criticar, a verdade nesta vida hai que ser humildes, que queremos un politico como rector o un profesor? eu o teño claro

    ResponderEliminar
  6. Para el anónimo de las 00:11: se nota demasiado el peloteo en tu mensaje. Yo no puedo saber cómo sobrevive este blog ni el de Tano, veo más profesional éste, supongo que por tener al director de informática en el equipo. Claridad de ideas?, trabajo?, tesón?, cercanía? Siento no poder compartir tus maravillosas opiniones.

    ResponderEliminar
  7. noraboa polo traballo! a verdade e que se ganas (cosa que non dubido) a universidade sera outra

    ResponderEliminar
  8. Grazas, Jaime, por darlle cabida niste blog, tamén, ao sindicato de cabreados no que se están convertindo algúns acérrimos de Alterativa. Maís non sei por qué tanta defensa. Si total Tano si que renuncia ao seu propio legado, como xa se viu na entrevista de hoxe no Faro, ou mesmo no debate televisado. Alternativa será pasado, como dixo o propio Tano, máis pensar que él e o futuro...

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.