11 abr. 2010

Entrevista do domingo no Diario de Pontevedra

12 comentarios:

  1. A Casa das Campás xa se destina agora a eventos, exposicións, conferencias, cursos, charlas e demais actividades do campus de Pontevedra.

    ResponderEliminar
  2. Jaime, sorprendeme que inicies a túa entrevista aludindo ó teu lema da universidade das persoas, para a continuación falar dos problemas do campus de Pontevedra para os cales propos básicamente rematar de cumprir o que xa está facendo o actual equipo de goberno. Falas de rematar os edificios de Educación Física, de crear unha residencia no antiguo maxisterio (a vicerreitoria iniciou os trámites para unha residencia no edicifio da ONCE), de rematar a gardería, de apoiar graos e posgraos que implantou o actual goberno, de adicar a Casa das Campás a actividades culturais (algo que xa levan facendo dende fai anos)... o cal me parece estupendo, pero son cousas que xa se están facendo. Con respecto ó tema do edificio das Artes, sorprendeme tamén que afirme alegremente que vai solucionar a súa financiación cando ó mesmo tempo afirma na mesma entrevista que o escenario presupuestario é complexo e imponse a austeridade. Entendo que é unha entrevista corta e non tivo oportunidade de extenderse moito pero, cando menos paréceume curioso. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ola. Tes que entender que é unha entrevista que me fai telefónicamente unha persoa de Pontevedra e, claro, ela destaca os temas de Pontevedra. Con todo, si que me recoñezo en liñas xerais nas respostas. Coincidirás conmigo en que no campus de Pontevedra se exemplifican moitos dos incumprimentos do programa que presentou AU no 2006. Eu non concordo contigo en que as cousas se estean facendo, máis ben non se está a facer case nada. O caso da residencia, nós apostamos polo edificio vello de maxisterio, non polo da ONCE, demasiado afastado. Optamos tamén por levar a vicerreitría á Xunqueira, o que impón unha redefinición do uso da Casa das Campás -tamén será para residencia de profesores invitados-. No edificio das Artes si que estamos dacordo. O que quixen dicir -seica non o dixen ben, seica non se me entendeu ben- é que levaríamos a cabo todo o esforzo institucional que poideramos para darlle bo fin ao tema. Saúdos a ti.

    ResponderEliminar
  4. Me hace mucha gracia los 2 primeros comentarios. se ve que las personas que los escriben no son de pontevedra ciudad, sino de vigo... hace 4 años, un tal Gago, dijo, y cito los proyectos que estaban en su programa: 1 piscina, 1 residencia, ekipamiento para la carrera de educación física, edificio de bellas artes, guarderias.... me podría decir alguno de los dos que hay hecho hasta ahora???? OS LO DIGO YO, NOTHING DE NOTHING Pontevedra seguimos siendo el campus pobre, sin nada.,.. incluso el campus de Ourense, tieen mil veces mejores instalaciones deportivas k nosotros y no tiene ninguna carrera relacionada con el deporte... home falade con sentidiño...

    ResponderEliminar
  5. A ver, a ver... que aquí os de Nova explayanse que da gusto, isto xa parece Intereconomía. E evidente que existen promesas electorais non cumpridas, algo que vai implícito na política, estaría por ver se algún candidato as cumprira todas. Pero de ahí a dicir que "nothing the nothing", home... paréceme que estas sendo pelín parcial non? ou a Casa das Campás surdiu así por xeración espontánea? unha das promesas de Gago foi a creación dunha sede para a Vicerreitoría de Pontevedra, e o certo é que o edificio situado no pleno centro histórico ven albergando dende fai tempo (con maior ou menor acerto) moitas actividades centralizadas do campus, cursos, conferencias, xornadas, lecturas de teses doutorais, ademais de moita da labor adminsitrativa. Non sei se o sabes, pero a gardería do campus está en execución, dean unha volta polo campus e verana.

    Con respecto as instalacións deportivas de Ciencias da Educación e o Deporte, ata onde eu sei estase rematando a segunda fase do edificio, un edificio que, concordarás conmigo en que é unha maravilla da arquitectura (premio SICE 2008 (Sostenibilidad, Innovación y Calidad en la Edificación), e iso gracias ó empeño de colocar no mapa da arquitectura a Univeridade de Vigo dun tal Gago. E non o digo eu, dino os comisarios do Atlas Phaidon de arquitectura do século XXI. Algún pode dicir que é so cemento, pero o que é innegable e que os campus da universidade son un referente da arquitectura contemporánea e un patrimonio cultural que quedará para sempre. Se miras hacia atrás cando Campus de Pontevedra votou a andar aló polos 90 en sedes provisionais e galpons cutres con goteiras, e miras cómo está agora penso que a situación é completamente distinta. E iso fixoo Alternativa, ou non? xa, xa, pura autocomplacencia...

    Con respecto á residencia universitaria iniciaronse as xestións para o reacondicionamento do edificio da ONCE (http://www.lavozdegalicia.com/pontevedra/2010/01/16/0003_8229733.htm) ainda que tamén tarde, certo. Nova Universidade propuxo nun principio o antiguo edificio de Maxisterio, lástima que ese edificio non pertence á universidade e non se pode dispoñer del. Menos mal que Nova rectificou parcialmente e recoñeceu a súa metedura de zoco.

    Da piscina non sabemos nada, mal por Gago que non compriu ahí. Mal tamén por non cumprir a nova sede da facultade de Belas Artes. Penso que prometer en catro anos rematar un edificio de tal embergadura, con un plan urbanístico por medio, co transpaso ao concello dos terreos por parte de Tafisa pendientes, non é ser realista ou se queres demasiado optimista. Unha obra así levará máis de 4 anos e máis de 8 tamén. Pero no campus precisamos o apoio máximo do goberno neste proxecto, gañe quen gañe. A favor de Alternativa hai que dicir que o proxecto do edificio está seleccionado e seguramente o retraso non sexa achacable 100% a eles, o concello penso que non se diu moita presa, e se lle xuntas a burocracia administrativa... De momento Nova xa se pronunciou ó respecto e NON se compromete a nada.

    ResponderEliminar
  6. Ola, boa noite. Mira, tema Campus de Pontevedra: eu reitérome na crítica global. Por partes:
    1ª.- Casa das Campás.- A súa cesión é moi anterior ao ano 2006. Lembro que daquela era vicerreitor Antón Fernández, por certo, alguén moi do núcleo duro de AU. Xa que o cito, quixera lembrar un episodio polo que lle estou moi agradecido e que nunca lle recoñecín en público: cando se convocou, aló polo ano 1999 a cátedra que logo eu obtiven el era vicerreitor de organización académica e ben sabía que o director do meu Departamento quixo facer unha manobra na miña contra. El consultou conmigo se eu estaba dacordo. Eu sempre lle quedei agradecido por iso. Pero, pechando paréntese, non cabe darlle o mérito para nada ao goberno actual.
    2ª.- Que a gardería vai estar á volta do verán é o que se dí. Seica si, se corren tanto como as tunelatoras de Madrid. Eu visitei a obra hai dúas semanas e penso que non vai estar. Oxalá non leve razón! Por certo, se está a instaurar un costume de inauguracións virtuais que da moita risa. En Vigo, ocupou un amplo espazo no DUVI o tema da gardería. Dame gargalladas que ao final de mandato se lembren destas cousas, tan esquecidas durante anos.
    3ª.- “Instalacións deportivas” Ú as están? Eu non as vexo. As fases do edificio de educación van dúas. No programa do 2006 de AU –páx. 61- dicía “a conclusión das fases que faltan…” Por que? Porque as dúas feitas xa estaban comprometidas e en construción. A terceira está construída? Está en construción? Res de res. Un inciso: as boas Universidades que coñezo no estranxeiro –e algunha coñezo- non son salientables polos edificios senón pola xente que teñen investigando. Preferiría ter edificios menos premiados, pero mellores lugares de traballo. Escoita a opinión de alumnado, PDI e PAS da Facultade de Educación e Deporte.
    4ª.- Tema da residencia. Admitín xa os problemas que imos ter para o proxecto vella escola de maxisterio. Por certo, problemas de descoñecemento derivados de absoluta falta de transparencia do goberno, que grazas ás concelleiras e concelleiros de Pontevedra resolvimos. Con todo, non desboto que a residencia finalmente vaia na Escola de Maxisterio. Non é tan imposible como pensas. Unicamente dixen que ao mellor pode ser, ao mellor non.
    5ª. Outras do programa de A. Gago 2006: “o inicio da construcción do edificio das artes”, “a Universidade dispón dun proxecto de reordenación urbana do campus de Pontevedra que implica a peonalización interna, novos aparcadoiros exteriores e a construcción dun novo edificio de investigación”. “ Construción dunha residencia universitaria”. “Construír instalación deportivas, incluíndo una piscina”. Sen comentarios…Por certo non di nada da Casa das Campás…porque xa estaba. Comedor universitario e gardería infantil no mesmo edificio…
    6ª Logo están os procesos de descentralización: departamentos xeográficos, descentralización de terceiro ciclo, títulos mobilidade, bolsas, certificacións…Xa non poido parar de rir. Desculpa.
    Sabes que pasa: que é moi doado pintar ideas nun programa cheo de boas intencións, pero sen resortes para as por en marcha. É o que se fixo no 2006.
    Xa remato: mira, tedes unha eivada intención de porme como un candidato “de dereitas” cando o proceso privatizador, externalizador, de botarse no colo de Emilio Botín, fundacións, empresas públicas é de AU. Se alguén hai de dereitas na UVigo son os sucesivos reitores de AU. E o candidato actual, que semella seguer a mesma senlla. Eu, desde logo, aposta por unha Universidade pública e social, non coma vós. Coñezo demasiados teóricos de esquerdas que logo…é para fuxir deles. Na práctica, ao final, sempre me quedades á dereita, e teño que pór as gafas para mirar ao lonxe, porque son algo miope.

    ResponderEliminar
  7. ¿Te pusiste casco para visitar las obras de la guardería? No suelen dejar entrar al "personal ajeno a la obra", al menos sin casco.

    ResponderEliminar
  8. El campus de Pontevedra da pena. No queremos promesas. Queremos realidades.

    ResponderEliminar
  9. Os que levamos no campus de Pontevedra dende cando arrancou podemos dicir que daquela SI QUE DABA PENA. Terias que preguntarlle ós alumnos, PDI e PAS de Forestais e Maxisterio que tal se estaba alí hacinados no vello edificio de maxisterio sin ningún tipo de instalacións, ou os de Belas Artes que empezaron as súas clases no antiguo hospicio da rúa Sierra con 3 promocións xuntas nun edificio con inundacións e sen ningún tipo de medidas de seguridade, un edificio que logo herdouno a facultade de comunicación. Preguntadelle ós alumnos que fixeron as folgas estudiantís do 1992 e 1993 se daba ou non pena. Daquela tiñas que ir a Vigo, a rúa Areal a facer calquer trámite administrativo. Daquela si que daba pena, pero igual o candidato non se lembra xa que non estaba aínda na universidade de Vigo.

    ResponderEliminar
  10. Eu entrei na Universidade de Vigo en outubro do 1993. A esta alturas, un pensa que se lle discute o dereito a presentarse a reitor a alguén que ten case dazasete anos na Universidade. Se é así, que se diga. Desde o 93 ten chovido moito. Pero eu insisto na mesma cuestión; o incumprimento de todo o programa de AU 2006-2010 no campus de Pontevedra.

    ResponderEliminar
  11. Non sei se Nova Universidade sabe que existe un convenio de cesión temporal da Casa das Campás entre o Concello de Pontevedra e a Universidade cunha serie de clausulas de utilización. Esas clausulas impiden utilizar a sede como residencia. Estas cousas é importante sabelas antes de prometer.

    ResponderEliminar
  12. Sí, sí. Los que llevamos tiempo en el campus de Pontevedra recordamos la época de la que habla algún anónimo. Lo cierto es que más que pena era humillante resistir en dichas instalaciones. Dicho esto, decir que el Campus de Pontevedra hoy en día da pena no es alejarse demasiado de la realidad. Mirar hacia el campus de Ourense o el de Vigo nos pone con los pies en la tierra y nos devuelve a la cruda realidad: Somos el campus peor tratado de la Universidad de Vigo. Ni que decir tiene que cualquiera puede ver los numerosos incumplimientos de las promesas hechas por parte de Alternativa Universitaria.
    Hablar del pasado es la muleta fácil para algunos. Para otros, Nova Universidade representa dignificar nuestro Campus como hasta ahora nadie habia hecho.Suerte Jaime

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.