16 abr. 2010

NOVA UNIVERSIDADE SATISFEITA CO DEBATE SOBRE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS)


 NOTA A MEDIOS


Nova Universidade amosa a súa satisfación polo debate do seu líder Jaime Cabeza fronte ó seu adversario Salustiano Mato. Nos sete puntos abordados na sesión de hoxe sobre persoal de administración e servizos, Cabeza aportou documentación gráfica e cifras concretas sobre o seu proxecto de goberno.

O candidato pola formación Nova Universidade sinalou entre outros aspectos as diferenzas nas tres universidades galegas en eidos coma xerencia, gasto en persoal ou mesmo o escaso nivel de estabilidade laboral do persoal da UVigo.

Cabeza aportou ideas moi exactas das súas pretensións para os PAS coma actualizar a Relación de Postos de Traballo (RPT), garantir unha carreira administrativa ou abrir a mesa xeral de negociación para igualar condicións de traballo.  No canto Mato expresouse con vaguedades e renunciou no seu discurso á defensa das políticas do seu equipo, Alternativa Universitaria, desligándose dos 12 anos de Goberno deste grupo.

Durante o acto Cabeza recordou á persoa que levará de xerenta, Rocío Frutos, que se atopaba na sala.

Por outra banda, Nova Universidade salienta o respecto escrupuloso do seu candidato os tempos de exposición fronte o exceso de Mato, que tivo que ser cortado reiteradamente polo moderador por alongarse en case tódolos turnos.

37 comentarios:

  1. O feito de que Xosé Rúas, membro da súa candidatura e responsable da campaña, increpase ao moderador ao rematar o debate acusándoo de ter sido partidista e ter favorecido ao candidato Mato, pon en evidencia a falta de elegancia e o xogo suxo que está a caracterizar a precampaña de Nova Universidade e fai prever o talante co que gobernará a universidade o seu equipo se chega a gañar as eleccións o próximo 20 de maio.

    ResponderEliminar
  2. Non contei os tempos do meu rival cando estaba na mesa, pero me aseguraron que Espada foi bastante flexible con Mato. Foi así ou non? Porque se foi así, falar de "xogo suxo" é un sofisma. Teñen vostedes bastante tendencia a ver sempre as cousas desde unha óptica moi curiosa. En todo caso, pensas que logo do desenvolvemento do debate estabamos nós de mal humor?
    Non sei se esta é a primira mensaxe que mandas, pero quero engadir algo que xa teño dito: a crítica ao adversario non é inelegante. É que non queres que haxa campaña? É que non podemos criticar o que se fai mal? É que non temos dereito a prantexar unha queixa se algún procedemento nos parece partidista? Eu insisto en que non teño a certidume de se houbo esta flexibilidade. O que si digo é que se a houbo respaldo totalmente a actitude de Rúas.

    ResponderEliminar
  3. O debate estivo moi ben e e moi necesario.

    Tamen foi un puntazo o fondo que se puxo en azul.

    Nova emprendedora. O destino está escrito...

    ResponderEliminar
  4. Eu vin o debate e sobre o moderador non podo opinar excesivamente ben. Por una parte penso que na introducción dos temas sobraba o dar a súa opinión (xa sabemos de fai tempo a afinidade de Espada por unha das dúas candidaturas) e despois foi algo ríxido nos tempos con Mato. De tódolos xeitos, paréceme interesante facer estes debates, ainda que a moita xente os temas nos lle resultaran de moito interesente. Espero que haxa máis debates, falando de temas de interese para o PDI ou o alumnado.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns os dous candidatos polo debate. Eu en absoluto teño a percepción de que o moderador favorecese a ningún dos dous precandidatos.

    ResponderEliminar
  6. Por certo, son a persoa que incluiu o primeiro comentario e confúndeste, non son Salustiano. Non é o seu estilo. Vese que ten calado o estilo Feij009 nas campañas posteriores ao 1 de marzo. É unha mágoa!

    ResponderEliminar
  7. Soy PAS y estuve en el debate. Me pareció que Jaime venía más preparado que el otro precandidato, se ve que en estos temas está más en su terreno, y además los últimos años de gobierno de Alternativa en temas de PAS dejan mucho que desear... Ojalá haya más debates sobre otros temas y podamos seguirlos de alguna manera.

    ResponderEliminar
  8. Elegancia e xogo xusto é pactar un esquema de debate dende varios días antes e non chamar a tarde-noite anterior para pedir que se supriman as preguntas, tamén pactadas. Elegancia e xogo xusto é pactar que abriría o debate Mato e o pecharía Cabeza, e non "olvidarse" de cumprirlo no último caso. Elegancia e xogo xusto e non amosar o público o enfado do que o candidato de Alternativa fixo gala. Elegancia e xogo xusto e, en definitiva, saber perder un debate con elegancia.

    ResponderEliminar
  9. Arredemo!, que veñan agora os do equipo de Alternativa falando de talante, ten gracia, depois de ver o cabreo que Tano amosou durante o debate...

    ResponderEliminar
  10. o de campaña suxa supoño que o dis polo intento de poñer,primeiro, a data das elección iniciados os exames e, despois, por tentar acortala ao máximo. Ou o mellor vai pola utilización da imaxe institucional da UVigo na presentación do postcandidato Salustiano, ou cecais pola utilización da vicerreitoría dun campus para convocar a un grupo de alumnos a unha reunión con Tano ... ¿seguimos?. Os debates hai que tentar gañalos cando se producen, non despois, agarrándose a calquer pretexto. Parabéns ao candidato de Nova Universidade.

    ResponderEliminar
  11. O certo é que, para evitar dúbidas nos debates televisados, o mellor é dispor dos mecanismos axeitados (de luz ou dixitais), que garanten a imparcialidade nos tempos. Ben o sabe o que fora director xeral do Audiovisual e compañeiro de Salustiano, presente no debate. Claro que outra cousa é querer facelo, ou preferir optar pola discrecionalidade do moderador, que para eso o puxeron, non si?

    ResponderEliminar
  12. Acabo de poñer un comentario no blog de salustiano, pero agora vexo que eiqui dise que "algen" non quixo as preguntas.

    ¿FOI POR TEMPO OU EXTRATEXIA DALGUN CANDIDATO?

    - Porei o mesmo comentario no blog de Salustiano.

    ResponderEliminar
  13. Entiendo poco de problematica de PAS, pero he visto el video por encima. Ya que hay video se podían haber medido tiempos y presentar (en frío) una reclamación o denuncia, si es que segundos mas o menos son importantes (creo que no; sólo se elige rector), en lugar de increpar en caliente. Todo ello con el fin de que en futuros debates los moderadores se moderen.

    Lo importante es el debate y los contenidos y, en mi opinión y sin preferencias a priori, Kbeza 2, Tano, 1

    Conviene decir al comentarista del juego sucio que parece exagerada la extrapolación sobre el fututo talante de gobierno por una cuestión como esta. Mas valdría que abogase para que él mismo pudiese hacer un comentario como ese (a la inversa, claro) o cualquier otro que le apetezca en la web del otro candidato, que es propagandística (parece el DUVI) (ya, ya, ésta también lo es y mucho) pero además muy rígida y sosa. No sólo es propagandista en la exposición de temas sino en la de sus escasos comentaristas, propagadores de la verdad revelada, que no esperan respuesta (que nunca hay) del candidato

    ¿Va este candidato a participar en debates con público presente que no pueda preguntar nada? Lo digo porque si es así ya veremos los videos

    ResponderEliminar
  14. Desconozco cómo fue la negociación previa al debate, pero desde luego airearla en este blog a posteriori me parece una falta de elegancia y síntoma de mal perder. Imagino que el moderador fue pactado, y que si alguno de los candidatos supusiera su parcialidad no se hubiera admitido de antemano. Todos tenemos que agradecer a Luis Espada que se prestara a hacer tan difícil papel. Las palabras finales de uno de los miembros de una de las candidaturas fueron bochornosas si pensamos lo que significa la figura de Espada en esta Universidad.

    ResponderEliminar
  15. É unha vergoña, que un debate tan importante, teña a un candidato que cabrease por non saber que responder, non aporta datos, e aun por encima, di cousas como "si, si eu apoio o que di Jaime, creo que pensamos moi igual"... eso é ir sin preparar o debate, e non foi así con Jaime, datos, gráficas e unha tematica moi preparada.... así da gusto...
    P.d.: O que apoia a Salustiano (vease o primer comentario), me pode responde ra duas preguntas:
    1.- XK esa candidatura contactou cos alumnos de CCSS de Pontevdra a traves da vicerrecitoria do camnpus de Pontevedra, sabendo que a institucion en periodo de elección sno pode decantarse por ningu candidato???
    2.- xk salustiano chamou o dia a CIGA, para elimiar a sesión de preguntas???

    CANDO RESPONDAS A ESTAS, SERÁS UNHA PERSOA, MENTRAS ERES UN MINTIREIRO

    ResponderEliminar
  16. ¿Como hai que cualificar que a xente de Nova utilizase durante o debate, sen ningún pudor, material da Facultade de Ciencias Sociais (cámaras, etc,...)? Esperemos que, xa que utilizan partidariamente eses recursos, polo menos ningún estudante quedase sen posibilidade de facer as súas prácticas.

    ResponderEliminar
  17. Pois eu vin a Cabeza moi no seu papel de dereito do traballo, metendo RPT por todas partes, convenios colectivos,... pero asústame pensar que alguén como Cabeza, sen ninguna capacidade de xestión demostrable, poida dirixir unha universidade, sobre todo á vista das cousas que di ou propón. Tampouco me gusta o seu xogo bastante suxo de tentar culpar a Mato dos supostos males de AU . En fin, espero con curiosidade os seguintes debates, que interesan a máis xente.

    ResponderEliminar
  18. ¿Por qué no aclara la organización del debate por qué no hubo preuntas del público, después de anunciar que sí las habría?

    ResponderEliminar
  19. Querid@s:
    Síntome incapaz, dada a avalancha de comentarios, de respostar un por un. Centrareime, xa que logo, nos críticos. E. quizáis, aínda así omita algunha resposta. A omisión será involuntaria. Se se produce, por favor, reiterade a pregunta.
    En xeral, grazas polo voso interese. Pero un comentario: preocúpame a violencia verbal crecente das entradas, tanto favorables como desfavorables. Prégovos que evitedes apelativos innecesarios que nada engadan ao contido. Trátase de discutir críticamente, sen insultos. Iso si, a crítica, aínda que desabrida, é ben recibida. De verdade que non quero deixar de aceptar entradas, pero tampoco quero que o meu blog sexa coartada para insultar a ninguén. Por riba de todo, Tano e eu somos compañeiros -mesmo diría que bos compañeiros-. E por riba de todo, AU e NU son colectivos rivais, non enemigos.
    Entro nos comentarios:
    1) Non pensei que foras Salustiano Mato. Teño a seguridade de que el non fai comentarios no meu blog, aínda que ten todo o dereito do mundo a facelos. Pareceume que fixeras unha entradiña hai semanas na que me acusabas de inelegante por incluír a sección "Tano sen tino". Por iso non quería reiterar o comentario da libre expresión.
    2) O tema de que non hobuese preguntas foi como segue: eu cheguei ao acto o venres, logo de moitas vacilacións do modelo por parte de CIG -non xulgo o por que das vacilacións-, coa convicción de que ía haber seis preguntas do público. Chegado o venres, antes do comezo o moderador expresonos ao meu rival e a min mesmo que non lle parecía conveniente que as houbese. E os dous accedemos a que non houbese preguntas. A verdade é que o comentario no blog do meu rival do que me falaron hoxe non me parece moi sinceiro. Quero que se entenda que eu quería manter o acto a toda costa, no que me sentía cómodo con independencia do formato que se escollese. Dame vergoña que se pense que eu non quero discutir co PAS, todo o contrario!
    3) Se me piden outro debate, claro que vou acceder. O problema non vai estar en min, desde logo.
    4) Quen fala de "síntoma de mal perder" supoño que non veu o debate ou non atendeu acaídamente ao mesmo. Nada máis podo dicir ao respecto. Perdón, algo máis: que confío totalmente na boa vontade de Espada. Temos unha relación moi afectuosa.
    5) Canto a se se utilizou material de Ciencias Sociais, descoñezo ese dato. Se sucedeu fago os mesmos votos que tí: que non lle producira perxuízo ao alumnado. Ben é sabido que no meu grupo hai xente de Ciencias Sociais. Desde logo, concordo contigo en que un proceso eleitoral non debe incidir no bo funcionamento da actividade da Universidade de Vigo.
    6) Se eu teño capacidade de xestión ou non unicamente se pode verificar a posteriori. desde logo, por en dúbida dita capacidade é un prexuízo. Dúas adicionais: a) eu non concibo os cargos académicos como carreiras de méritos. Son un humilde profesor da Universidade que dentro duns anos estará no seu despacho de volta como profesor e aprendiz de xurista na crítica do Dereito. b) Coido que meu rival tamén ten que demostrar a súa capacidade de xestión. Teremos ocasdión de discutir dela, en clave de pasado, na campaña.
    Perdón de novo se esquezo algunha resposta necesaria, boa noite.

    ResponderEliminar
  20. Jaime, como se nota que eres laborista... así da gusto!!! De todas formas, estamos esperando a que Salustiano, habrá su blog para poder hacer comentarios, ya que al contrario que esté... los tiene k aprobar para k se incluyan!!!!

    ResponderEliminar
  21. Pues yo vi el debate y me pareció muy interesante. Dejo ver que hay un candidato que sabe de lo que habla y lo hace con realismo y los pies en el suelo, y otro que fue de "sobrao", sin prepararlo y salió "escaldao".
    Para mí Espada estuvo bien, y me apena un poco que los comentarios posteriores se centren en cuestiones accesorias y no en los contenidos, ya que se dijeron cosas muy interesantes. Quizá Jaime debería abrir hilos de debate poniendo esntradas en su blog sobre los diferentes temas para que hablemos de contendidos concretos.

    ResponderEliminar
  22. Hola, Xaime, antes de nada agradézoche que respondas os comentarios (mágoa que algún non o publiquedes). Repito as miñas verbas: "sen ninguna capacidade de xestión DEMOSTRABLE", eso non é, como dis, que teña prexuizos, simplemente fago fincapé nun feito obxetivo, Xaime Cabeza non ten xestión previa (cousa que Mato sí tén, poderá gustar máis ou menos, pero pódese opinar sobre ela). Paréceme ridículo decir que isto verificaráse a posteriori, falamos de ser Reitor da Universidade, non pasaría nada por ter alguna xestión previa, que é o máximo cargo dentro da Universidade.

    ResponderEliminar
  23. Para el anónimo de las 01:54: tenta mellorar un pouco como te expresas, as faltas de gramática, ortografía ou o teu "alfabeto". Eu publiquei entradas nos blogs dos dous candidatos, e nos dous casos tes que esperar horas a que te validen os comentarios. Están exactamente igual de pechados. Pero é algo lóxico, non?

    ResponderEliminar
  24. Ola, de novo. Ao marxe de debates paralelos, coido que unicamente me toca darlle resposta, polo cuestionamento que me fai, ao anónimo das 11:28. Antes que nada, se non publiquei algún comentario, non teño conciencia, non foi deliberado. Xa anticipei que, agás no caso de insultos, publicaría todos.
    Canto ao contido, claro que non teño xestión previa en cargos académicos de relevo. É que non pode ser doutro xeito se eu non pertenzo ao establishment que gobernou a UVigo desde o 1998. Pero aínda é máis: digamos que sempre lle cedín o paso ás persoas que quixeron ocupar cargos de xestión académica -decanato, dirección de departamento-. Non teño interese nos cargos académicos. O reto da reitoría é de servizo público, non dunha promoción persoal que, humildemente, penso que non preciso. Iso si, coa mesma humildade che digo que me sinto suficientemente preparado. Entre outras razóns porque teño menos vocación presidencialista da que tiveron Docampo e Gago.
    Con todo, levas razón: NON TEÑO ANTECEDENTES EN CARGOS DE XESTIÓN ACADÉMICA. O digo con maiúsculas porque non me parece un disvalor. O único que teño sido é vicedecano dúa veces. Por certo, na segunda das ocasións presenteille a miña dimisión ao decano.
    E grazas pola tonalidade da mensaxe. Non está rifada para nada coa crítica de fondo.

    ResponderEliminar
  25. Caiame ben Mato pero veño de comprobar que non me publicou os dous comentarios que lle fixera no seu blog sobre o debate. Non tiñan insultos e incluso eran de certo apoio...

    É unha magoa. Jaime, espero que non pase o mesmo porque medo me da ter un reitor que faga iso.

    ResponderEliminar
  26. Y mientras se celebraba el debate, el actual lider de Alternativa Universitaria, Alberto Gago se encontraba a unos metros de allí, en el Consejo de Gobierno, "ajusticiando" a miembros de su departamento que no son de su cuerda, y creando negocietes y cargos para los que sí lo son. Mucho va a tener que trabajar Salustiano Mato para convencernos de que Alternativa Universitaria con él va a ser algo distinto.

    ResponderEliminar
  27. Jaime, yo creo que el mismo espíritu de servicio público puede tener un Secretario de Departamento que un Rector. No es esa la cuestión, sino si una persona sin experiencia de gestión, que desconoce la universidad por lo que tiene que hacer un maratón apresurado por centros y servicios para subsanarlo, puede ser un buen Rector. La duda es muy lógica, ¿no?
    Y felicito el cambio de enfoque de tu campaña intentando que los comentarios no suban de tono.

    ResponderEliminar
  28. Ola, boa noite, "anónimo enésimo". Hai dúas puntualizacións que che quero facer:

    1ª.- Non hai cambio de rumo no enfoque da campaña. Eu doulle a benvida á crítica. Unicamente me pareceu que o fin de semana os comentarios subían a agresividade e tentei que a cousa non fora a máis. Coido que tácitamente me estás dicindo que de xeito deliberado aniñei un ton de crítica excesivo e non che dou a razón. Insisto que o que non debe caber é o insulto. Pero que a liberdade de expresión haina que cultivar.

    2ª.- O que non admito é que eu descoñezo a Universidade. Mira: levo dazasete anos nela en réxime de adicación exclusiva. Coido que teño un bo coñecemento da organización. Que eu preciso dunha aprendizaxe si que é unha obviedade. Teño claro que as leccións nunca se teñen aprendidas e que teño que facer un esforzo grande. E espírito de aprendizaxe o teño todo. Pero dubidar de que coñezo a Uni non me parece correcto.

    ResponderEliminar
  29. Jaime, sinceiramente, penso que comentarios como o que di que o reitor está "ajusticiando" a alguen deberían ser eliminados deste debate. Unha cousa e opinar e argumentar e outra moi diferente é difamar, por moi en contra que se esté das súas ideas.

    ResponderEliminar
  30. Boas noites. Canto ao último anónimo, a verdade é que lle din voltas ao tema. Pero non me pareceu un insulto, senón unha lenguaxe desabrida e ferinte. Pero non un insulto. Creo que no contexto no que se fai, "ajusticiando" se utiliza como figuración. Máxime se se ten en conta que ven entre comiñas. O límite entre o insulto e o non insulto é feble. Pero preferín dar máis cobertura á liberdade de opinión. Eu pídolle a toda a xente que se autorregule. O malo é que, no caso dos anónimos, non podes pedirlle ao remitente que cambie a expresión.

    ResponderEliminar
  31. Jaime, nunca dije que tu personalmente animaras ningún mal tono en la campaña, te pido disculpas si así se entendió, me refería al tono de quienes te apoyan, entiendo que tu intenrés en reconducir el debate iba dirigido a ellos. Por otra parte, no has contestado a lo que más me interesaba, que aprovecho para ampliar y concretar: de tus palabras se deducía cierto menosprecio por quienes ocupan cargos de gestión, que tú cediste amablemente a otros, ¿de verdad piensas que quiénes ocupan lo que tu llamas, no se si despectivamente, "cargos académicos de relevo" no lo hacen la mayoría de las veces por un espíritu de servicio público lo mismo que un Rector? ¿Cómo puedes decir que no tienes interés en cargos académicos si te presentas como candidato a Rector? ¿Si no salieras elegido, no te presentarás para ningún otro cargo de "relevo"? ¿Por ejemplo, Decano de tu facultad?

    ResponderEliminar
  32. Ola ao último -polo de agora-comentario a esta entradiña. A ver, deixemos o do mal ton, vai en xeral. Non sigo o fío exacto dos teus comentarios pero penso que, evidentemente, non era teu caso. Mira, o dos cargos "de relevo" vai do seguinte: direccións de área. Nos últimos catro anos subiron ata 34, segundo os nosos cálculos. Demasiadas. Pero o problema é que, delas, moitas non son estritamente políticas, ou cando menos podían ser perfectamente dirixidas por PAS. Iso é o relevo: por xente académica -de cuxo espírito de serizo eu non dubido, son cousas distintas- onde deberían estar PAS. Claro que decanatos ou direccións de departamento no son cargos de relevo, senón xenuinamente académicos. Home, eu non contemplo a hipótese de non saír elexido, a día de hoxe. Pero meu CV da a pauta de que nunca tiven moito apego aos cargos.
    De paso, a mi me gustaría que meu rival comprometera tamén unha reducción de direccións de área. Eu xa o dixen: a 27 cando tome posesión e a 22 nun prazo de sseis-nove meses. Cantas direccións de área pensa ter meu rival? Vai reducir? Que cuantifique.
    Saúdos. É un placer discutir contigo. Agardo que logo destes días nos que defendemos posturas distintas nons recoñezamos e o celebremos.

    ResponderEliminar
  33. Disculpa, como en la entrada hablas de decanatos y direcciones de departamento no te entendí bien. En cualquier caso, se deduce de tus palabras cierto menosprecio por los cargos académicos que me parece muy injusto, incluyo las direcciones de área.
    Entonces, resumiendo: no tienes interés en cargos académicos de bajo nivel pero te presentas a Rector movido por un espíritu de servicio sobrevenido. Sinceramente no entiendo nada, o sí.
    (Si no quieres no me contestes, pero no me sueltes otro mitin sobre las direcciones de área, porfa.)

    ResponderEliminar
  34. Claro que resposto, porque teu nivel de demagoxia vai in crescenso. Non menospreco as direccións de área. Delas digo que teñen unha funcionalidade distinta -que o goberno de AU endexamáis soubo diferenciar- entre direccións académicas e de xestión. O PAS ten amosado unha xusta xenreira por esta usurpación de tarefas. AU premiou e premia fidelidades con cargos a esgalla. Canto a decanatos e direccións de departamento, o que digo é que nunca fun un carguista. Supoño que algún día me vai tocar, sen presas. É como o de presentarse a reitor. Un non pode pasar a vida criticando sen presentar un modelo distinto. É o que estou a facer nun exercicio de responsabilidade.

    ResponderEliminar
  35. Grazas polo comentario de que son un rapaciño. "Pasar a vida" non o entendo como o entendes ti. O que si levo é algúns anos defendendo outro modelo de Universidade. Poucos ou moitos? Eu diría que os necesarios. Se crees que non entendo os cargos como servizos públicos, non como premios, o único que podo dicirche é que penso que tes prexuízos. E, mira, non está na miña perspectiva ser decano ou director do departamento. Pero hai ámbitos nos que non toda a xente está disposta a ocupar cargos. Admíteme, cando menos, que se non fun ate hoxe decano ou director de departamento é porque non tiven demasiada ambición por iso. Vou cumplir en poucos días 43 anos e aspiro a estar na Universidade ata os 70. Nos vintesete anos que quedan, terei algún cargo ou non? O que digo é que probablemente si, se teño saúde e vida, por moito que non sexa un tema do meu interese inmeadiato. É iso ser un creído? Ao mellor.

    ResponderEliminar
  36. Facendo contas, un pode estar 30-40 anos coma funcionario "apto" para ser Decano ou Director de Departamento. No caso dos departamentos coido que a casuística é moi ampla (non coñezo o teu departamento) e sei de casos onde ninguén quere ser director e outros onde algún pasa 10-15 anos de director, en diversos mandatos. No caso dos centros, é habitual que haxa decenas ou máis de cen profesores que poidan ser Director/Decano. Se ocupan o cargo un promedio de 4-6 anos, resulta que nas décadas en que un pode ser director/decano só haberá 5-10 decanos/directores diferentes (xa sen contabilizar os casos, que hai, onde repiten máis tempo). Non é un número moi alto, e ti dis "Supoño que algún día me vai tocar". Tendo en conta a cantidade de PDI que quere ese cargo, tendo en conta que moitas veces é un cargo apetecible (con varias candidaturas, ou intentos de candidaturas), e tendo tamén en conta as poucas ocasións (5-10) de se-lo que hai o longo das décadas de adicación universitaria, reafírmome en que é creído pensar que a un lle vai "a tocar" ser Decano. Penso que é presupoñer que un ten moita "calidade" como xestor ou PDI e que, a pesares das poucas opcións (do orde do 15-20% de ser Decano intentándoo toda a carreira), vaille tocar... ¿tan bó se considera?

    ResponderEliminar
  37. Mira, non fixen cálculos probabilísticos. Se me deixas rectificar e cambiar "supoño que algún día me vai tocar" por "seica algún día me toque", tan contento. á Universidade de Vigo non lle pasaría nada se eu fose decano ou director e tampouco no caso contrario. O que sucede é que vivo nunha Facultade máis ben pequeniña e nun Departamento tamén pequeno.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.