8 abr. 2010

Despiste?

Salustiano dí en La Región o 28 de marzo que se prometera reducir o número de vicerreitorías ante a pregunta que fai o xornalista sobre o número de vicexerentes, despiste ??? Como pode comprobarse no Faro de Vigo do 2 de decembro do 2009 queda claro que Nova o ten todo moi claro dende meses antes de que Salustiano fose o candidato a reitor da Uvigo. Na info-foto coas liñas de goberno pode lerse "once vicerreitorías"

8 comentarios:

  1. Bueno, menos humos, señor candidato, yo asistí a un acto suyo y prometió reducir mucho el número de vicerrectorados, y está claro que no lo hizo (supongo que promesas y favores por pagar), aunque tampoco es para tanto (más promesas incumplidas habrá por ambos lados). Pero al césar lo que es del césar, Jaime faltó a su palabra.

    ResponderEliminar
  2. Estimado anónimo:
    Francamente, non teño constancia de ter dito expresamente iso, porque o certo é que nunca o pensei. É máis, contra o criterio de parte do meu grupo sempre sostiven que mantería o número de vicerreitorías do actual equipo. O que si dixen é que reduciría entre un 40 e un 50 por 100 o gasto en altos cargos. E o vou facer, desde logo. En todo caso, si que vostede leva razón nunha cousa: houbo quen entendeu do que expresei que reduciría o número, creouse ese equívoco. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. "Salustiano di... que Jaime prometera..." Xaime, ¿falas de ti en terceira persoa o hai outros detrás deste blog que preséntase de xeito tan persoal? Ademáis, díces que o mantenemento do número de vicerreitorías e cousa túa e non de Nova Universidade, pero na entrada do blog dase a entender que é mais ben cousa de Nova.

    ResponderEliminar
  4. Ola. Non entendo ben esta última entrada. As opinións do blog son miñas e da miña colleita, personais, claro está. Cando falamos do número de vicerreitorías houbo debate. E algunha opinión moi na liña de reducilo. Outras, defendendo o mesmo número ao que chegamos ao final. E esta foi a postura que prevaleceu. Iso foi todo. Defendín once vicerreitorías. E en Nova Universidade, por decisión maioritaria, deuse por boa esta solución. Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Explícoche: ata que cambiastes hoxe a entrada do blog, e segundo figura aínda na caché do meu computador, na entrada puña: "Salustino di en La Región do 28 de marzo que Jaime prometera...".
    Entendo pola túa explicación que falabas de ti mesmo en terceira persoa, pero... Xaime, é un pouco feo falsear as cousas como o fixeches, se fas isto nunha menudencia como ésta que non farás en casos máis importantes. Espero que este construtivo comentario sexa ben recibido.

    ResponderEliminar
  6. Hola Anónimo, anónimamente le digo que lo de menos es que pusiese Jaime para referirse a sí mismo en una cita textual que está destacada, lo bueno es que en este blog tiene la posibilidad de decir todo lo que le parezca.

    ResponderEliminar
  7. Ja, ja. Mira, se a isto lle chamas "falsidade" é de coña. Cambieuno por facerche caso e agora me saes con esas. Eu aprecio teu espíritu hiper-crítico, pero non que me fales de falsidades, Claro que recibo ben túas críticas, pero, por favor, actúa con sentido da proporcionalidade e da verdade. Coido que o tema viña de se eu falara ao comezo de once vicerreitorías ou de menos. Logo me queres enredar cunha historia de se cambio o formato...En fin, por favor, que sigas opinando, non te cortes e unha aperta. Permíteme que che diga que a túa entrada me pareceu un pelín demagóxica. Dígoo, por suposto, por polemizar contigo. Boa noite.

    ResponderEliminar
  8. ¡Claro que é unha menudencia! Por iso é un pouco bobo que Jaime dixese que non entendía o comentario, entendeuno tan claramente que cambiou a súa entrada. Pero estou de acordo en que esta discusión non dá para máis.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.