16 abr 2010

Na deputación de Pontevedra

10 comentarios:

  1. Muy bonita la postura de Louzán (PP), presidente de la Diputación que atiende intereses de todos los ciudadanos de la provincia, posicionandose ya claramente a favor de Kbeza y hablando ya de un "antes y después, etc. etc." ¡Espera un poco hombre! Habla antes con el otro candidato.

    Esa posición de Louzán ¿se deberá a que Nova es un popurri PP + PSOE +BNG, a diferencia de AU que es un popurri sólo PSOE + BNG? ¿Cubrirá NOVA todos los campos políticos, de la misma forma que en los años 30 los caciques colocaban a un hijo en cada partido para sacar algo siempre? ¿Es sólo estrategia de llegar al mando o hay de verdad algún factor común de mayor altura entre los integrantes de NOVA? ¿Hay dos facciones del PSOE? ¿Hay dos facciones del BNG? ¿No parece todo esto batalla entre dos grupos de personas, sin mas enjundia?

    ResponderEliminar
  2. Que o PP e toda a dereita rancia está detrás de Cabeza é un secreto a voces. Preguntade en "Nuevas Generaciones", ou a "Xuventude Monárquica Portuguesa" que é fan de Nova no facebook. Ou simplemente observade o estilo da súa campaña. Outra cosa son os tontos útiles ou as persoas-coartada no equipo.

    ResponderEliminar
  3. Os de AU que escribides neste Blog, porque ó de Tano ninguén lle fai ni caso ¿non recordades as visitas de Touriño ó campus para apoiar a Domingo Docampo?

    ResponderEliminar
  4. Ola, boa noite. Seica eu son un parvo útil. Pero mira, vouche dicir unha cousa: non identifico o ideario das "Xuventudes Monárquicas Portuguesas" alén da súa fe monárquica -que non comparto para nada- Canto a Nuevas Generaciones, non sabía que era fan no meu facebook -non reviso a diario meus adherentes-. Con todo, si que quero dicir algo: que se están como fans meus, doulles a benvida e síntome moi orgulloso de que un movemento que sinto moi lonxe do meu pensamento político estea canda min. É sinal de que a pluralidade de que fixen propósito é real. E unha cousa máis: se as políticas que está a facer o goberno da Universidade de Vigo son políticamente "progresistas", é que eu xa non entendo nada. A inxustiza, a insolidariedade, a opacidade e o barullo non son progresistas.

    ResponderEliminar
  5. Canto ao primeiro anónimo quero dicir que eu desde logo non respondo das manifestacións de Louzán, pero si das miñas. E algo máis: é que Louzán se negou a falar con outro candidato?, pediulle cita? Máis ben, polo que me manifestou Louzán, penso que non. Penso que a Universidade de Vigo nos últimos anos máis ben pasou da Deputación de Pontevedra como aliado estratéxico. Ben diferentes foron as cousas en Ourense, cunhas políticas máis razoables do vicerreitor Gávez. É que Gálvez é do PP por manter boas relacións con Baltar?
    E que quede claro: non fun á sé do PP, fun á Deputación provincial de Pontevedra. Por que non vai meu rival? Ten prexuízos?
    Iso si, concordo coa túa reflexión final: somos dous grupos de persoas, non dúas faccións políticas. Aínda que da nosa parte hai un modelo de Universidade moi distinto do que padecemos.

    ResponderEliminar
  6. Seguramente vostede foi a sede da Deputación de Pontevedra falar co presidente da Deputación, pero segundo as declaracións que fixo encontrou a un dirixente do PP que xa se posicionou, sin reunirse antes co outro candidato. Sorte co novo compañeiro de viaxe, vaina necesitar.

    ResponderEliminar
  7. Tanta audiencia temos no blo.... parece ser que os da outra candidatura aburrense moito!!!! Polo menos temos os comentarios abertos non coma outros!!!!

    ResponderEliminar
  8. Ola Jaime. Gustaríame que me aclarases un tema. Ata onde eu sei, e corríxeme se me equivoco, o antiguo edificio de Maxisterio xa non pertence a universidade, senón a Consellería de Educación. Non entendo entón cómo se plantexa alegremente que se convirta en residencia universitaria, e ainda entendo menos cal sería a función de Louzán neste tema. Falaches xa coa Xunta con respecto a este edificio? recopraríase o edificio? onde irán os alumnos que reciben clases agora nel? será a de Louzán a función de intermediario? Sen embargo a tibieza coa que zanxas o tema da Cidade das Artes afirmando que Nova "fará todos os esforzos necesarios" augura que o campus de Pontevedra vai ter difícil ter un novo edificio vital para o desenvolvemento do Campus se chega Nova a gobernar.
    un saúdo e noraboa os dous candidatos polo primeiro debate electoral da historia da Universidade de Vigo

    ResponderEliminar
  9. Ola, agradezo moito a pregunta que me formulas porque me da pé a unha rectificación parcial do que teño dito na prensa. Ata onde eu sei -que podes ti levar máis razón da que levo eu- o Edificio vello de Maxisterio é propiedade da Universidade. Así o verificáramos. O que sucede é que ten dúas condicionantes: a primeira, que o solo é propiedade municipal. A segunda, que o propio edificio está afecto a unha permuta polos terreos de Tafisa. Destas condicionantes enterámonos o venres, por unha chamada do Concello. Con Lores -o alcalde- falamos antes do Nadal e prometeunos axilizar canto poidese o tema de Tafisa. Falamos coas Concellerías competentes telefónicamente e quedamos en ter un encontro para ver que solucións pode haber. Polo tanto, hai dificultades para que poidamos reconviertir o edificio en residencia, aínda que non descartamos a idea. Canto ao edificio das Artes, o problema é que non me gusta falar barato e eu non teño compromisos en firme de todas as partes implicadas. Probablemente, tampouco manexo toda a información. Iso non quere dicir que vaiamos por todo o noso empeño nunha infraestrutura longamente adiada. Teño a impresión de que no 2006 AU dibuxou unhas estruturas sen que tivese ningún traballo previo de análise da realidade para ver se eran fatibles.
    E Louzán neste tema o que ten que ver é pouco. Unicamente como entidade finanzadora do proxecto e como intermediario con outros actores políticos e sociais. Foi un dos temas dos que falamos, non o único

    ResponderEliminar
  10. Perdón, esquecín respostar ao anónimo das 10:52. Claro que Louzán é do PP. E moitos presidentes de institucións públicas galegas. Eu aconséllolle a calqueira persoa que teña cargos de responsabilidade na UVigo que deixe prexuízos ideolóxicos cando se trate de manter unhas relacións fluídas coas institucións da nosa contorna. Mira: Louzán non vota. Pero, gañe ou non gañe eu as eleccións de maio, cómpre que a Deputación de Pontevedra axude á Universidade de Vigo ao mesmo nivel que fai, xa hai anos, a Deputación de Ourense.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.