23 abr. 2010

ALUMNADO E PARTICIPACIÓN

As cifras de participación electoral do sector do alumnado teñen sido sempre moi baixas. As causas deste fenómeno case sempre se queren explicar en termos xeracionais ou mesmo de alleamento colectivo do compromiso coa participación política. Eu non desboto estas explicacións, pero penso que hai outras máis inmediatas que, se ben non son causa eficiente, si son concausas desta situación. Eu diría que o alumnado non participa porque hai un interese implícito por que non participe.

Levo alimentando esta sospeita hai meses. E cada vez vai collendo máis forma. Primeiro foi a pouca dispoñibilidade do goberno por fixar os fitos electorais en datas menos comprometidas pola inminencia dos exames de maio-xuño. Segundo, o meco co que se ven cultivando a papoula do esquecemento do dereito de voto deste sector “Que se esquezan –ou mellor, que non saiban que poden votar!”, como consigna. E o terceiro, o baldeiro infindo de políticas institucionais que inviten á participación de alumnas e alumnos nestas ou naqueloutras votacións.

A democracia na Universidade queda gravemente comprometida por estas prácticas de “activismo omisivo”. “Que voten poucos e os nosos de ser posible!”, como consigna de partida. Quixera ver o día 20 longas ringleiras de persoas exercendo os seus dereitos democráticos de participación, na busca dunhas institucións máis representativas. E quixera unha implicación activa deste sector no goberno cotián da nosa institución. É por iso que a nosa vicerreitoría , é, ademáis de estudantes, de participación. De participación democrática e reivindicativa.

7 comentarios:

  1. Boas tardes
    Meu nome é Antonio Vidal e son membro da directiva de Asociación de Alumnos do Programa de Maiores da Universidade de Vigo.
    O número de persoas que se inscriben neste programa específico medra curso tras curso. Por elo gustaríame coñecer o plantexamento que ten vostede con relación o noso plan de estudos.
    Agradézolle a sua atención
    Saúdao atentamente
    Antonio Vidal

    ResponderEliminar
  2. Boa noite. Coñezo datos do dito incremento. Que, desde logo, non é xustamente correspondido cunha maior preocupación polo programa desde o punto de vista do goberno actual. No noso esquema, vai pasar a depender da vicerreitoría de Titulacións -nada de "innovación docente"-, no ámbito dos ensinos propios da Universidade de Vigo -entre eles, especialista e máster non oficial-. Queremos darlle unha proxección similar á dos demáis títulos propios da UVigo.

    ResponderEliminar
  3. É curioso que digas que o programa de Maiores non é xustamente correspondido polo goberno actual cando foi precisamente o goberno actual de Alternativa Universitaria que o creou. En todo caso sempre é de valorar que Nova Universidade sega o camiño marcado por Alternativa Universitaria e recoñeza o acerto desta proposta tan exitosa.

    ResponderEliminar
  4. Estou moi de acordo co que vostede di no seu post, señor Cabeza, pero con todos os meus respetos, gustaríame formularlle unhas cuestións. ¿É esta unha opinión persoal ou é unha opinión que comparte cos membros do seu equipo? Se é unha opinión que comparte cos mebros do seu equipo, ¿como explica vostede que nas eleccións celebradas onte Escola Superior de Enxeñería Informática a representantes de alumnos en Xunta de Escola a mesa electoral estivera situada nun dos lugares menos visibles do Edificio Politécnico, a pesares de que o director desta Escola é un membro do seu equipo e candidato a Vicerrector do Campus de Ourense?

    ResponderEliminar
  5. Si. é unha visión de todo o equipo. O tema da ESEI non o coñezo ben. Saiu nun comentario na reunión que mantivemos Barreiro e eu coa delegación de alumnos desa escola e Enrique e o alumnado coincidiron en que, mais a incomodidade, a mesa debería estar no hall.

    ResponderEliminar
  6. Al comentario de Anónimo, en relación a las elecciones de representantes de alumnos de la ESEI: en efecto, fue un error mío no pedir al presidente de la mesa que la instalara en el hall como teníamos previsto. Cuando la ví ubicada en la sala de juntas (por cierto, junto a la sala de lectura) ya había comenzado la votación y no me pareció serio moverla de sitio.
    Sin embargo, NADIE que no hable con total desconocimiento de causa o con mucha mala fe podrá decir que no hemos fomentado la participación del alumnado: la Delegación de Alumnos, la Secretaria del Centro y yo mismo hemos enviado mensajes continuos a la lista de distribución del alumnado, primero para que hubiera candidatos suficientes y luego para que acudieran a votar. Yo mismo tuve clase el mismo martes y animé a todos mis alumnos a acudir a votar, y me consta que como yo hicieron muchos de mis compañeros.
    La misma Secretaria Xeral de la Universidad podrá confirmarle que hemos intentado adelantar las elecciones de alumnos por el número tan bajo de representantes que quedaba en el Consello de Centro (y a petición de éstos, por supuesto), y yo comprometí con ellos mi palabra de que no se llevaría nada al Consello que les afectara directamente mientras no se celebraran las elecciones.
    Sr. Anónimo, una Delegación de Alumnos fuerte y reivindicativa es una parte fundamental del funcionamiento y la mejora continua de un Centro. Yo fui representante de alumnos y, pese a los años que han pasado, JAMÁS he olvidado que ellos, los alumnos, son la piedra angular de la Universidad, y mi trayectoria así lo atestigua. Si de algo me enorgullezco es de haber colaborado a que en la ESEI nuestra "cultura corporativa" se centre en torno al estudiante.
    Tengo, como todo el mundo, muchos defectos y cometo muchos errores (como éste), pero la manipulación de votaciones del alumnado no se encuentra entre ellos.
    No pasa nada, acepto sus disculpas porque, como dije antes, todos cometemos errores ;-)

    ResponderEliminar
  7. Señor Barreiro, de novo con todos os meus respetos, pero sen disculparme. Como vostede mesmo debería saber, como presidente da Xunta Electoral das eleccións das que estamos a falar, no calendario electoral (que se pode consultar na seguinte dirección http://193.147.87.4/docs/Elecciones/CalendarioElectoral.pdf) publicado na web da ESEI o día 06/04/2010 xa se podía ler no punto número 9, e cito textual: "O MARTES, 27 DE ABRIL DE 2010, realizarase a votación na Mesa Electoral, que estará
    aberta de ONCE (11) a DEZANOVE (19) horas.
    A Mesa estará ubicada na Sala de Xuntas do Edificio Politécnico."
    De todo o dito, tanto por a sua parte, como por a do señor Cabeza, como por a miña propia, deduzco que pese as suas boas intencións, este tema non tiña a importancia necesaria para atendelo como os seus alumnos merecen.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.