27 abr. 2010

NU PIDE LEALDADE INSTITUCIONAL A SALUSTIANO MATO Acúsao de rachar pactos acadados entre responsables de Nova Universidade e Alternativa Universitaria



 
TEXTO REMITIDO ÓS MEDIOS POLO GABINETE DE NU

A formación Nova Universidade amosa a súa sorpresa ante a “falta de respeto institucional” de Salustiano Mato “cos compromisos acadados” entre representantes da formación liderada por Jaime Cabeza e Alternativa Universitaria, de “non utilizar electoralmente determinados temas e proxectos estratéxicos que poidan resultar condicionantes para o futuro da Universidade de Vigo”.

En concreto, Nova Universidade se refire ás declaracións públicas realizadas por Salustiano Mato, tentando “apropiarse” de proxectos como o plan de infraestructuras, o anteproxecto de obras de mellora e acondicionamento previsto no entorno da Escola de Enxeñaría Industrial ou Cidade do Mar que, segundo Nova Universidade, “acordáramos que non se utilizarían en campaña por ningunha das formacións concorrentes”.

Neste sentido, Nova Universidade recorda que Mato incumpre o compromiso público acadado no seu día co propio reitor saínte, Alberto Gago, e, máis recentemente, co seu vicerreitor de Planificación, José Cidras, quen mantivo unha reunión con representantes de Nova Universidade e Alternativa Universitaria, na que todas as partes se comprometeran a realizar  a presentación do citado anteproxecto fóra da campaña electoral.

Unha actitude por parte de Salustiano Mato que, segundo Nova Universidade, “deixa en evidencia ao reitor saínde, Alberto Gago, ao seu vicerreitor de Planificación, José Cidrás, e mesmo ao comisionado do proxecto Cidade do Mar, Emilio Fernández”, ante o “descarado incumprimento” do acordado.

Asemade, a formación liderada por Jaime Cabeza quere salientar a “disparidade de criterio” á hora de plantexar “inauguracións virtuais” durante a campaña electoral, como a prevista do proxecto para a construcción do edificio administrativo do campus de Ourense e, en cambio, “rexeitar a promoción dunha campaña de publicidade institucional invitando a participar a toda a comunidade universitaria nas vindeiras eleccións e, particularmente, ao alumnado”.

“Nós queremos que se vote, que toda a comunidade participe da festa da democracia do vindeiro 20 de maio, que o alumnado saiba dos seus dereitos no proceso e da importancia do seu voto para o futuro da UVigo e que acuda a votar”, conclúe esta formación.

Finalmente, Nova Universidade agradécelle ao goberno saínte que “se manteña firme” nos compromisos acadados e prégalle ó candidato de Alternativa Universitaria que faga o mesmo.


26 comentarios:

  1. ¿Tan pocas ideas nuevas tiene Nova que el 90% de las entradas de este blog las dedica a hablar del otro candidato? propongas cosas y expliquenlas, pero dejen de embarrar el terreno de juego con esta contracampaña absurda.

    ResponderEliminar
  2. ¿Qué NU y AU pactaron dejar fuera del debate electoral las infraestructuras? ¿Se va a privar a la comunidad universitaria de ese debate? Si es así NU, que usa como bandera de su campaña arremeter contra el "cemento", le marcó un golazo a AU.

    ResponderEliminar
  3. Xa me parece graciosa a afirmación de que non pomos cousas de campaña. O único que lle pido é que se sulague no blog sen apriorismos. E mira, non preciso, como outros colectivos, de entrar en acusacións personais para a crítica. E moito menos en acusacións sen fundamento.

    ResponderEliminar
  4. Canto aos temas aparcados de debate, no claustro de decembro 2009 houbo un compromiso conxunto de sacar da campaña o campus do mar. Canto ao tema das estruturas, hoxe mesmo, ás 18:00 se vai facer unha presentación conxunta do proxecto de modificación do campus de Lagoas-Marcosende,s egundo o proxecto de Mendes da Rocha. Neste contexto, o vicerreitor Cidrás pediunos expresamente ás dúas partes que fora un tema conxunto, polo menos ata hoxe ás 18:00 h. Nós, que eu saiba, non opinamos ao respecto.
    POr outra banda, non é certo que NU arremeta contra o cemento. Digamos que fala de racionalizar o cemento.

    ResponderEliminar
  5. Vamos a ver, Nova dice que su gente pactó no sé que cosa con gente de Alternativa (nombra a Gago y Cidrás), ¿y eso qué tiene que ver con Mato? Hasta donde yo sé, Cidrás fue rival de Mato por la candidatura, ¿tiene Mato que respetar acuerdos que ni tomó ni le vinculan? ¿Esto es una noticia de calado para Nova? Pues vaya decepción...

    ResponderEliminar
  6. Es una vergüenza que Mato siga soltando indecencias y haciendo populismo sin especificar nada... sigue así jaime, en unos días veremos los resultados y quien trabajo desde hace hace varios meses y quien empezó su campaña hace unos días... se ve que Alternativa Universitaria no tiene nada que hacer que dar visitas a este blog... por lo menos espero que cogan apuntes...

    ResponderEliminar
  7. Que eu saiba, Gago e Cidrás pertencen a AU. No caso de Cidade do mar, no claustro de decembro do 2009 NU e AU acordamos que non entrara no debate eleitoral. No caso das infraestruturas do campus -por certo, presentado hoxe o procecto Mendes da Rocha- asistiron á reunión Cidrás, Alfonso Lago (NU) e Xosé Manuel García (AU).

    ResponderEliminar
  8. Vergonzosa la actitud de Nova, a mi parecer. Cambia el programa y dice una cosa o la contraria según el auditorio que tenga (¿o es que aún no hay programa?); dedica mucho más tiempo a criticar al contrario que a proponer, y ahora le pide responsabilidades a Salustiano por las decisiones que tomaron los otros... en fin.

    ResponderEliminar
  9. Para Jaime Cabeza y el anónimo de las 17:40 (si es que no son la misma persona), ¿es normal permitir en un blog de una campaña electoral en la universidad cosas como "soltando indecencias"? ¿Puede dar los ejemplos de esas indecencias? ¿O es que lo que quiere Jaime es que la gente vilipendie gratuitamente a su adversario? ¿Ése es un buen talante para llegar a Rector?

    ResponderEliminar
  10. Pídolle a Salustiano responsabilidades polos compromisos que asumiu xente do seu grupo, como se me piden a min polo meu grupo. Por favor, pídoche que fagas dobre click en "obxectivos e liñas programáticas básicas". Tes neste link as liñas básicas do noso programa que se vai entregar totalmente desennvolvido o día 4. En todo caso, a súa concreción abonda, ou non?
    Canto ao anónimo das 17:40 no meu blog eu non son un anónimo, son Jaime Cabeza, esas son as regras do xogo. Descoñezo a autoría da entrada. E no comentario dese anónimo, estamos outra vez nas mesas. Que estreita a crítica cando se fala do adversario! Eu entendo que "soltando indecencias" se refire -ao mellor me equivoco- ao feito de facer declaracións de temas que quedamos en deixar fora. En todo caso, insisto, o único que non vou permitir son insultos. Coido que non é unha expresión insultante. O anónimo das 22:48 di que cambio programa e digo cousas distintas segundo o auditorio. É iso un insulto? Penso que non, aínda que quere dicir claramente que son incoerente. Por hoxe vou pechar, que aínda me queda por colgar unha entradiña nova. Boa noite!

    ResponderEliminar
  11. Jaime, yo creo que lo que has hecho aceptando dejar determinados temas estratégicos para la Universidad fuera de campaña se llam LEALTAD INSTITUCIONAL. Lastima que algunos no la tengan ¡ni con la gente de su propio grupo!

    ResponderEliminar
  12. Estoy un poco descolocado con las entradas en este blog de la gente de Alternativa Universitaria. ¿hay varias Alternativas Universitarias? ¿Se puede ser de una sí -la de Tano- y de otra no -la de Gago y Cidrás-? ¿es Alternativa la alternativa a la propia Alternativa?

    ResponderEliminar
  13. Jaime, eu creo que deberias solucionar dunha vez unha pequena contradicción que tes. Por unha banda acusas a Salustiano Mato de querencia a os cargos en referencia ó seu pasado na Xunta como director Xeral de I+D+i e dis que leva 4 anos fora da universidade. Por outra banda falo partícipe de todos as cousas que supostamente fixo mal Alternativa Universitaria nos últimos catro anos. Como se soe dicir "Comer sopas y sorber, no puede ser"

    ResponderEliminar
  14. Unicamente resposto con brevidade, polo que ten de crítica, ao comentario das 13:38. A ver, creo que meu rival se presenta por AU. Non si? Por tanto, non se trata de responsabilidades individuais, senón colectivas. E mira, cando debatimos os dous -hoxe o fixemos de novo e xúroche que para min é un placer debater con el- el sempre fala, como valor engadido seu, dos seus cargos de xestión. Paréceme ben, pero se o saca como virtude ten que entender que outros o expresemos como vicio.

    ResponderEliminar
  15. En mi parecer, el debate de si Salustiano debe respetar un acuerdo de otrs personas es algo baldío. Esa lealtad que Cabeza reclama es propia de partidos políticos, donde uno vota a favor de una guerra o de una ley que no comparte porque es la obligación. Me alegro de que a nivel universitario haya mayor independencia. Y que conste que me parece una búsqueda artificial de polémicas. Nova repite una y otra vez que quiere una universidad de personas, no de ladrillos o edificios. AU sí apostó más por las infraestructuras, ¿qué problema hay en que se hable de un tema tan importante?

    ResponderEliminar
  16. O problema reside en que nós nos comprometemos a non entrar en campaña en certos temas a cambio de que a outra parte non o fixera. Simplemente iso. Non se pode ser goberno e oposición ao mesmo tempo. Pero mira, a deslealdade, máis que con nós, é co actual equipo reitoral. Alá eles!

    ResponderEliminar
  17. Yo alabo la carrera limpia hacia una buena gestión que está llevando Jaime Cabeza como candidato a rector, y su exquisita elección de todo su futuro equipo rectoral.

    ResponderEliminar
  18. Jaime, coincido contigo. Si Tano no tiene ningún reparo en traicionar a los suyos y los acuerdos a los que llegan, ¿qué confianza se puede depositar en él? Es obvio, cero.

    ResponderEliminar
  19. Yo critico la campaña sucia que está llevando Cabeza en su carrera, desde como consiguió ser candidato hasta ahora, donde sabemos más de sus críticas a Salustiano que de sus propuestas. Esto es la universidad, podemos formarnos nuestras ideas de los dos sin necesidad de que se anden criticando mutuamente. Sobre las críticas a Tano, Cabeza dice que alguna gente de Nova pactó con alguna gente de AU, Cidrás, pero en ningún momento hablan con Tano, ¿por qué debería estar Salustiano obligado por unos compromisos que ni hizo ni se les consultaron?

    ResponderEliminar
  20. Jaime, dices referiéndote a Mato: "el sempre fala, como valor engadido seu, dos seus cargos de xestión. Paréceme ben, pero se o saca como virtude ten que entender que outros o expresemos como vicio." ¿Cómo puedes entender como "vicio" la experiencia en cargos de gestión en alguien que aspira a ser rector? ¿solamente porque tú no la tienes? No es la primera vez que menosprecias los "cargos" en este blog, como si ser rector fuera como ser paracaidista.

    ResponderEliminar
  21. Os dous anónimos últimos dicides o de sempre: unha mentira, dita moitas veces, segue a ser unha mentira. Se alguén non ten programa e non fai máis que improvisar ise non son eu nen somos nós. Por vafor, mirade ben meu blog, é a terceira vez que digo isto e xa está ben. Que a miña campaña é suxa faime moita graza. Suxa en que? Minto? Censuro? Ameazo?
    Mira, eu digo o que digo: que houbo un compromiso en claustro de non face programa con Cidade do Mar. É que o meu rival non milita en grupo ningún? É que AU non pode comprometer au seu lider? Desde logo, NU si que pode e eu ás veces defendo posturas colectivas que a nivel individual discuto. Así son as cousas, No tema das infraestruturas do campos e o procecto Méndes da Rocha, meu intelocutor con Cidrás foi Alfonso Lago e o de AU Xosé Mauel García. Xosé Manuel García tampouco pode comprometer a Tano? Andamos de coña ou que?
    Canto ao tema da xestión: mira, é ue o tema da xestión parece que unicamente se pode medir en termos cuantitativos. Cando falo de vicios falo do cualitativo. Xa llo dixen ao director de I+D no bipartito: a súa xestión se caracterizou polos efectos, a prol dalgúns e en perxuízo doutros. Eu non falo de boa vontade, pero eu penso que hai cousas que criticar. Pero mira, non teño moita vocación de falar deste tema, agás que desde a outra parte se pretenda contrapor experiencia frente a inexperiencia. Tamén podemos falar dos sete anos de vicerreitor de investigación. Claro que podemos.

    ResponderEliminar
  22. Hay una cosa que me gustaría se aclarase, Cabeza ¿dices que en un Claustro de 2009 se llegó al acuerdo de sacar de campaña ciertos temas? ¿figura en las actas dicho acuerdo del Claustro?
    Y quisiera decir algo con un interés constructivo. Hay vida más allá de AU y NU. Que esos grupos, aun siendo los que apoyan a los únicos candidatos a Rector, decidan en privado sacar del debate temas trascendentales para la Universidad de Vigo, me parece mal, casi un desprecio a la comunidad universitaria. Yo al menos quiero saber cómo se van a gestionar ciertos proyectos y qué idea se tiene de ellos, y si al final resulta que ambos candidatos están de acuerdo mejor para todos, porque esos proyectos quedarían muy reforzados tanto dentro como hacia fuera de la universidad.

    Por otra parte, sin querer echar leña al fuego y desde una posición que intenta ser objetiva de alguien que sigue con interés la campaña: las líneas generales del programa de NU están aquí colgadas, el avance del programa de AU también está disponible en el blog de Mato. ¿Porqué no se utiliza este blog para explicar las propias ideas y proyectos o rebatir los ajenos, en vez de este batiburrillo de "dimes y diretes", recortes de prensa y videos redundantes, descalificaciones genéricas, acusaciones e improperios que no aportan nada? La universidad merece un debate de ideas y no una discusión de "patio de vecinos". Pero, no soy quien de decir a nadie cómo enfocar su campaña.

    ResponderEliminar
  23. A ver, grazas polo ponderado da mensaxe. Dame mágoa ter que explicar outra vez o tema da lealdade institucional. Claro que calquera membro da comunidade ten dereito a discrepar de temas por moito que se pacten. O que me cabrea é que hai un pacto no que, en nome de AU se nos pide que deixemos fora de programa AU e logo o líder deles é o primeiro en incumplir. Non verifiquei se está na acta do claustro de decembro do 2009, pero dou por suposto que si. En todo caso, hai testemuñas dabondo.
    No tema dos contidos do blog, non comparto os teus calificativos. Con todo, a prensa e o video son ferramentas de comunicación. O de "dimes e diretes" ven como consecuencia da nosa aposta de abrir o blog a comentarios críticos. Hai outras apostas igualmente lexítimas, pero distintas.

    ResponderEliminar
  24. Entonces, además de la decisión del Claustro, que es fácil de comprobar, entiendo que hubo un acuerdo privado entre AU y NU para sacar de campaña temas "institucionales" (dejemos a un lado la incongruencia de pactar algo que ya se había acordado en Claustro). Si una parte incumplió lo acordado es lógico el enfado de la otra, pero este enfado también debería expresarse en privado.
    El acuerdo podría hacerse con la loable intención de no dañar la institución, con "lealtad institucional", vale, pero ¿qué es "la institución" sino las personas que la forman? (da un poco de miedo pensar en otra posibilidad, que hubiera una "razón institucional" por encima de las personas). Como todo el asunto se hizo en privado, a mi parecer supone una deslealtad hacia la comunidad universitaria que espera poder conocer la opinión de los candidatos sobre todo lo que le afecte.
    Desde fuera de AU y NU se nos queda un poco cara de parvos, porque al final será una palabra contra la otra y nos queda la sensación de que hay reglas de juego pactadas que desconocemos. ¿Es así?

    ResponderEliminar
  25. para el anonimo del 1 de mayo a las 13.06. Dices "desde como consiguió ser candidato hasta ..." (entrecomillado mio). ¿Cómo lo hizo? Yo fui uno de los que lo eligió; más aun, de los que elaboró la propuesta. Y puedo garantizar que nada ni nadie me presionó lo más mínimo para hacerlo ¿Que insinuas? Si no sabes cállate; ya hay bastante porquería en esta Universidad, para que vengas a ... la marrana. Y siento el tono, pero me fastidian muchos las mentiras, y más las interesadas.

    ResponderEliminar
  26. Se me ha olvidado. Sí, formo parte de Nova desde hace ya muchos años; sí, conozco a Jaime Cabeza. Pero, sí también conozco a Salustiano Mato desde hace más años (por aquello de la afinidad de campos) y otras cosas. Y sí, voy a votar a Jaime porque creo que Tano es más de lo mismo, a pesar de sus loables esfuerzos por romper con el pasado. Y, por si queda alguna duda, no me han ofrecido prebenda alguna y, aun que lo hicieran, no la aceptaría. Y, aparte de unos cuantos años, los que me conocen (y precisamente por ellos el comentario es anónimo) saben que, además de muchos años, sólo tengo una palabra.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.