28 nov 2009

Outra de profesorado: tres necesidades obxectivas

Auditoría, RPTs e dereitos de participación e liberdade sindical.
Tres expresións para endereitar o rumo.
Primeira: a UVigo precisa dunha auditoría de PDI para coñecer como están as cousas e cara onde hai que camiñar. Probablemente externa, para que non haxa sospeitas. Para coñecer con obxectividade que necesidades hai máis urxentes e como procurar equilibrios. Por que non se fai? A alguén lle preocupan os resultados que poida arroxar?
Segunda: hai que ter RPT de PDI. Por que non se ten?, Por que o POD xamais foi unha RPT? Que condicionantes fácticos o impiden? Hai alguén interesado en que non haxa RPT? Por que hai RPT de PAS e non de PDI?
Terceira: na Universidade non se respetan os dereitos de participación e de negociación colectiva das representacións unitarias de PDI e das organizacións sindicais. Ninguén se decatou de que se está a vulnerar o contido adicional da liberdade sindical? A ninguén lle importa?
En positivo: comprométome a que haxa auditoría externa, a que haxa RPT e a que se teñan en conta os dereitos de liberdade sindical e participación.

6 comentarios:

  1. Si señor. Hay que tener una RTP o una TPR o una PRT porque con eso se arregla el asunto. Pero ¿cuál RTP o TPR o PRT? Porque, como las normas de POD, las RTPs pueden ser buenas, malas o inútiles. ¿Qué RTP para el PDI ha propuesto NOVA y CUANDO lo ha hecho? ¿quién se ha negado a ella? ¿con qué argumentos?

    Detalle, por favor, algo de su propuesta

    ResponderEliminar
  2. Non cambiou o discurso de Nova Universidade hai tempo. Pero é que Gago e a páxina excel incumpren a Lei porque a Lei obriga a ter relación de postos de traballo, cousa que a UVigo -Administración Pública- non ten para PDI. Do que falo non é outra cousa que de cumplir a Lei. Un ten a impresión cando lee estes mensaxes -que me parecen de moito interese-que a comunidade universitaria non coñece o labor de Nova Universidade desde hai moito tempo. En todo caso, propor unha RPT non sendo goberno é imposible, porque hai datos dos que un non pode dispor. Falando en clave máis sinxela, o problema de cadro de persoal na Universidade de Vigo, PDI é obvia. Ten Nova a culpa?

    ResponderEliminar
  3. Muy bien. Supongo que un catedrático de Derecho sabrá lo que hay que hacer cuando se incumple una Ley. ¿Qué hizo NOVA al respecto?¿A qué órgano, juzgado o entidad ha recurrido?

    En cuanto a la labor de NOVA no se puede conocer porque no la hay. Como decían algunos miembros de NOVA, en privado claro, hasta hace muy poco (no hace mucho tiempo) : ¡NOVA no va!

    ResponderEliminar
  4. Boas, de novo.
    A verdade é que un dos debates máis apaixoantes que pode haber é o da resposta ao incumprimento da lei. Cando as cousas se xudicializan, instrumentamos a xudicatura, cando non, somos responsabeis.
    Mira, a responsabilidade de que a situación ede PDI sexa a que é non é de Nova, é do equipo de goberno e de quen o respalda. Claro que podíamos xudicializar a ausencia de RPT e outras moitas cuestións, pero eu non son partidario. Entre outros motivos, porque sería un canle ineficaz porque a sentenza nnon podería outra cousa que constatar o incumprimento de Alternativa.
    O que me sorprende é que se me bote en cara que estableza propostas estratéxicas de profesorado. Ás veces, teño a impresión de que hai certa pretensión de que eu me desmarque dos meus compañeiros de Nova Univ. Mira, no Consello de Goberno pasado no que se aprobaron as normas de POD outra vez Nova Universidade sintetizou a nosa discrepancia e o noso modelo. O que sucede é que non hai peor xordo que o que non quere escoitar. Eu me adhiro ao 100 por 100 á postura de Manolo Ramos, que temos moi consensuada.
    E certo que Nova nunca falou de RPT ata o ano 2009. Levas razón que pouco a pouco matizamos o noso discurso. Pero dicir que non hai discurso é inxusto. Pero é que Alternativa leva doce anos gobernando e xa amosou que non teñen discurso nen modelo de PDI. Non falemos da palla no ollo de Nova, senón da viga no de Alternativa.
    Que sigamos discutindo. Deséxoche bo Nadal. e agradézoche o diálogo. Que vala para construírmos unha Universidade mellor. Apertas

    ResponderEliminar
  5. Al menos este comentarista no echa en cara que se establezcan propuestas estratégicas de profesorado.¡Qué más quiesieramos¡ Lo que hecho en cara es que sólo sepamos los titulares de las propuestas. ¿Dónde está el detalle, porque de titulares no se vive? Que nos cuente Manolo Ramos vuestro modelo a los que no estamos en CG.

    La viga de Alternativa ya la conozco y para hablar de ella ya está la oposición (por cierto también es injusto decir que AU no tiene modelo de PDI; lo tiene aunque no os guste). Lo que me interesa saber es de que va la oposición y poder analizar sus propuestas, no sus eslóganes de campaña con contraprogramación.

    Paz y gloria

    ResponderEliminar
  6. Vale, pola miña parte un último comentario antes de pechar o portátil por Nadal. Mira: a RPT non é máis que un obxectivo instrumental. Pretendemos realizar unha auditoría externa de PDI ao obxecto de poder programar a dez anos vista a evolución do cadro de persoal. É dicir, tendo en conta as necesidades que ten a Universidade de Vigo, programar as necesidades de cadro de persoal no meio-longo prazo. Logo, a auditoría se plasma nunha RPT, que se vai adaptando á evolución dos acontecementos. Con iso, as prazas se van convocar onde sexan necesarias e con prospectiva de necesidades, non por lobbies ou por improvisacións. Tamén vai haber que abordar unha valoración de postos de traballo, pero iso será máis tarde. Do que se trata é de programar o crecemento ordeado do cadro de persoal e de priorizar os ámbitos que, de verdade, o requiran.
    Por certo, se coñeces o modelo de Alternativa, prégoche que me o expliques. Eu levo dialogado con xente deles e non fun quen de albiscar máis que improvisación, disposicións transitorias e nula planificación. A evolución de profesorado desde hai doce anos foi resultado de inercias e casualidades. A súa política pode ser valorada nos seus efectos -desequilibrios, inxustizas, reformzamento dos grupos máis desenvolvidos- pero non desde as súas intencionalidades. Ou pensas que son tan perversos como para querer facer dano á inmensa maioría? Eu penso que non.
    Seguremos discutindo..a volta do Nadal. Parabéns e grazas.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.