29 nov. 2009

A imaxe dunha Universidade de contrastes -outra de PDI-

A Universidade de Vigo ten aspecto das cidades dos países en vías de desenvolvemento. Hai unha minoría pequena que detenta -dígoo ben, detenta- a meirande parte dos recursos e unha maioría que apenas ten posibilidades de cambiar o seu status e progresivamente perde peso relativo e está máis enfraquecida.
Penso en moitas Facultades e Escolas novas para as que non hai relevo xeracional. Eu mesmo pertenzo a un centro no que apenas hai unha ou dúas persoas por debaixo dos 30 anos desenvolvendo as súas teses. Porque a mensaxe que lle temos que dar é que non hai oco para eles. Non hai oco porque non temos capacidade de crecer, non somos competitivas/os. Non hai oco non porque non haxa necesidades docentes, senón porque estas se cubren con técnicas perversas que producen que a xente estea ateigada de docencia. Como a miña Facultade hai moitas outras, auténticos eirais vítimas dun programa Excel feito para que moitas áreas de coñecemento non poidan desenvolver a súa actividade investigadora acaídamente.
Poño o exemplo do grupo de investigador que liderou e vai liderar nuns meses de novo Alberto Gago. Un grupo que aproveitou nos anos 90 outras políticas máis reflexivas que lles permitiron medrar e chegaren a ser o bo grupo que son hoxe. A moitos se nos negou esta posibilidade e se nos segue a negar. É a falsa competitividade que parte de desigualdades de orixe.
Outra vez meu caso: pertenzo a unha área de coñecemento -por certo, concordo coa difuminación das áreas de coñecemento- na que hai unha alta percentaxe de profesorado asociado, pero non temos marxe de crecemento por cadro de persoal: é iso lóxico? Aínda máis, unha área na que no último ano se pechou un máster profesionalizante e un curso de doutoramento porque, sinceiramente, fixemos o que nos suxerían as políticas de profesorado e posgrao. Ë dicer, pechar as actividades que non eran as nosas obrigas docentes e interferían na nosa actividade investigadora. Claro: non era o noso traballo, o noso traballo é dar clase nos vellos primeiro e segundo ciclo e non no posgrao.
Non son exemplo de nada nen espello da Universidade. Pero sinto mágoa de ver como o Goberno contempla ensimismado estas inxustizas. Ensimismado ou aplaudindo como os máis pequenos van ficando atrás para sempre?

2 comentarios:

  1. Muy poca idea concreta. Ya, ya sabemos que un blog no es lugar para concretar. Tampoco lo es un mitin electoral de presentación, en el que como dice un comentario de prensa hay mucha crítica, mucho eslogan (repetitivo, obaniano) y casi nada mas. Entonces ¿donde y cuando vas a concretar?¿En marzo?

    En una entrada en la que pretendes explicar parte de la problemática del PDI no hay visión general y nos cuentas tu caso (por otra parte, ya muy repetido eso del master cerrado - quizá cerrado ya como acto de campaña)
    ¿Puedes hacer una propuesta concreta para solucionar el problema de tu área y de todas las que estén en situación parecida? ¿Que parámetros deberían ponderarse para que tengais mas plantilla estable y menos asociados? ¡Ojo con propuestas sobre los masteres y los doctorados porque todos conocemos bastantes que son de docencia "virtual" (no la hay, o es muy escasa) y solo son formas de "atrapar" posibles doctorandos! Ya, ya sé que en tu caso no; les pasa a los demás.

    ¿Podías aclarar también eso de la "difuminación" de las áreas de conocimiento y en qué concuerdas?

    Gracias

    ResponderEliminar
  2. Respóstoche nunhas letras. Non é certo que eu decidirá dimitir como coordenador do máster en Xestión e Dirección Laboral como acto de precampaña. Foi unha decisión que xa lle adiantara á vicerreitora tempo atrás. En todo caso, hai decisións que se toman por responsabilidade e non por perspectivas eleitorais. En positivo, hai que decidir que posgraos son estratéxicos para cada centro e para a Universidade. E esa decisión haina que abordar con certa urxencia. A idea de contrato programa que lanzou Alternativa Universitaria non é mala, pero hai que a encher de contido. Previa decisión de prioridades en cada centro. Que posgraos resultan esenciais aos efectos investigadores e profesionais. Tendo en conta as demandas formativas que poidan ter as persoas agresadas e as necesidades do mercado de traballo. Aprobadas as prioridades, as mesmas se convirten en prioridades da Universidade, que definen a súa oferta formativa estratéxica e as necesidades materiais e persoais Canto aos posgraos que non entren na oferta de prioridades, na medida en que superen os estándares de calidade debe concedérselle á comunidade universitaria a liberdade de construírmos unha oferta suplementaria. Pero dita oferta non debe implicar crecemento de custes en persoal. Ao PDI que dea clases nestes posgraos se lle computa a docencia que realiza nas súas obrigas de servizo público, pero sin pagamento de honorarios.
    No que swe refire ao tema de cadro de persoal estable, xa dixen que a Universidade precisa dunha auditoría externa de persoal e da definición da RPT. Pouco máis que cumplir a lei, con certa vontade de facelo reflexivamente.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.