5 nov. 2009

NOMINAZAS E NOMINILLAS

Os traballadores da Universidade de Vigo, sorprendémonos hoxe, nos nosos buzóns, cunha carta asinada pola Xerente da Univesidade de Vigo, informándonos de que, a partires de agora, recibiremos as nosas "nominillas" (sic) en formato electrónico. A Pulpeiro traicionouna o seu subconsciente, e o certo e que ten toda a razón: hai nominazas, como a súa, e "nominillas", como a dos traballadores da nosa Universidade. Porque sempre houbo clases, tamén na UVigo.

8 comentarios:

  1. Está bien jugar con nominillas y nominazas, porque eso da "vidilla" al blog y va animando el proceso de elección de rector. Pero hay que ir mas allá, para no quedar en el panfleto
    ¿Cuándo se manifestó NOVA y el candidato sobre los sueldos de la Gerencia (desproporcionados y abusivos) ANTES de que se pusiesen de moda, lo que ahora permite jugar a illas y azas y quedar bien?
    Hablando de nóminas y Gerencia. Es habitual que, sin motivo, la Gerencia liquide atrasos de un año fiscal en el siguiente, con el perjuicio para miles de profesores (y supongo que PAS). Obliga a las complementarias, hay que liquidar partiendo de un 15% de retención y además no hay oportunidad de hacer las operaciones legales oportunas para rebajar la fiscalidad, porque se abona tarde. El último caso, pero no el único, es la liquidación (incompleta)de las extras de 2008 que se produce en el 2009. En la USC, donde liquidaron exactamente igual de mal que en la UVigo, al menos lo hicieron dentro del año 2008. ¿Por qué la Gerencia de la UVigo, que cobra mas que la de la USC, liquida mal y tarde? Porque copió (no trabaja pero cobra por copiar)de la USC,pero ya no le dió tiempo a pagar en el año. El problema ya no es sólo que cobren mucho; es que hacen mal su función.
    ¿Qué hace NOVA con cuestiones como ésta? Jugar a las palabras.
    Evidentemente estas cuestiones corresponden a la junta de PDI, pero ese órgano no funciona y la oposición está para promover alternativas políticas al gobierno de la Universidad ¡ Y PARA CONTROLARLO !

    ResponderEliminar
  2. Agradezo o comentario. Insisto na traxectoria de Nova no deseño da estrutura xerencial que está plasmado expresamente desde o ano 2006. O problema está no número de vicexerencias, como se nunha institución como a nosa tivese que haber sete contratos de alta dirección! No salario da xerenta -onte ela daba a súa versión no Faro de Vigo que, nos datos, non poño en dúbida-, hai antecedentes na súa fixación, que desde logo non é responsabilidade do equipo de Goberno actual. A nós non nos parece acaído un salario tan elevado, pero é certo que a responsabilidade do goberno actual está na vizosa estrutura xerencial, non nun salario da xerencia que lles veu herdado.
    Polo demáis, o comentario fiscal agradézoo, e o terei en conta, porque non me constaban os datos dos que se falan.

    ResponderEliminar
  3. La respuesta al comentario anónimo anterior contiene algo preocupante. Parece desprenderse que el actual equipo rectoral está atado en cuanto al sueldo de la persona que ocupa el cargo de Gerente por decisiones del equipo anterior. Si es así, ¿quedará también atado el siguiente equipo en este asunto? ¿se está curando en salud el candidato?

    Quizá convenga leer la sentencia de la sala del contencioso del TSX de Galicia del 22/04/2009, Nº recurso 365/2008 (se encuentra en la web del poder judicial, TSXG Galicia). Es sobre el cargo y sueldo de una de las personas que ocupa el cargo de vicegerente de la UVigo y se aclara la vinculación con la Universidad, la definición de sus funciones, la duración de su contrato, etc. Se supone que en el caso del cargo de Gerente será lo mismo
    (PD. Si funciona, dejo un enlace a la pagina web de la sentencia)

    ResponderEliminar
  4. Tipo Órgano: Tribunal Superior de Justicia. Sala de lo Contencioso
    Municipio: Coruña (A) -- Sección: 1
    Nº Recurso: 365/2008 -- Fecha: 22/04/2009
    Tipo Resolución: Sentencia
    Resumen: FUNCION PUBLICA

    http://www.poderjudicial.es/search/doAction?action=contentpdf&databasematch=AN&reference=4574077&links=universidad%20vigo%20gerencia&optimize=20090528

    ResponderEliminar
  5. Veño de leer a sentenza da que se fala, ata hoxe á tarde non tiven tempo. Paréceme moi pedagóxica do que querdo dicir: a sentenza conclúe que a ex-xerenta do campus de Ourense non tiña dereito a acceder á situación de servizos especiais no seu posto de orixe na Xunta, senón a unha situación de excedenza voluntaria por incompatibilidade. É o mesmo no caso do persoal laboral: os cargos de vicexerencia -ou de xerencia- que tanto ten non dan dereito á excedenza forzosa, senón á voluntaria. Iso é así con base nunha doutrina consolidada do Tribunal Supremo: os xerentes, vg., de sociedades públicas, non son cargos políticos. Tampouco os de Universidades.
    Pero claro, o problema é que así as cousas, alguén ten dificultades para aceptar ser xerente/a: se acepta, non ten reserva de posto de traballo en orixe e cando se lle cese terá que concursar de novo.
    Nestas condicións, a oferta que se lle faga ten que ser profesional e económicamente atractiva. A min 90000 euros paréceme excesivo, pero dubido moito poder baixarlle considerablemente a que acepte. Se alguén pensa que a retribución da xerencia vai estar en 50000 euros/ano, coido que non sabe moi ben de que se fala.
    O que insisto que me parece un luxo excesivo é o das vicexerencias externas, a razón de 70000 euros cada unha delas. Eu asumo o compromiso de qu enon haxa máis de tres vicexerencias, e en todo caso destinadas a persoal de dentro da Universidade.

    ResponderEliminar
  6. E que vai facer Nova entón, ¿Chegará a acordos con UGT e con CIG e lles dará cadansúa vicexerencia como lles prometeu na campaña anterior, para mercar o seu apoio a razón de 70000 euros ano??
    ¿sabe o Candidato que dende 2002, levamos 5 Xerentes? iso non hai empresa nin administración que o ature.
    No ten sentido dicir que os de dentro son mellor que os de fora, nin sequera falar do seu salario, o que importa e que funcione a Xerencia que se propoña.

    ResponderEliminar
  7. Concordo en que é un tema de executoria de xerencia. Eu falei de modelo, pero non de persoas. Coincidirás conmigo en que en si mesmo é un aforro de cuestes importante que as vicexerencias sexan internas. Polo demáis, evidentemente as vicexerencias son cargos de confianza, nos que se vai primar a eficiencia do sistema, non unha determinada vinculación sindical. Pouco máis podo dicir hoxe agás que non teño a impresión de ter que ofrecerlles carguiños ás organizacións sindicais para que opten polo noso grupo: ou están co equipo de goberno actual ou son sindicatos de clase. As dúas cousas ao mesmo tempo son imposibles.

    ResponderEliminar
  8. O pasado sábado a xerenta publicaba un artigo na prensa decindo que na Universidade de Vigo "no todo vale" e referíase as "personas que no dudan en dañar la imagen de una institución que tiene que ser ejemplo de valores para la sociedad", ao tempo que matizaba que ela non cobraba 94 mil euros, senon 90 mil, pois "renuncié a los 4.000 euros que supondría la actualización" do seu soldo. Grazas, señora xerenta, pola aclarazon, polo "valor" da súa renuncia. Xa durmo máis tranquilo. Porque na UVigo non vale, xiquera, pensar en dimitir. Vese que aínda quedan persoas coma vostede, con valores irrenunciábeis e de peso (medio kilo arriba, medio kilo abaixo).

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.