17 nov 2009

NORMAS DE POD: OS FÍOS DUN TITIRITEIRO

Mágoa para o Goberno da UVigo que o persoal docente non sexamos monicreques! Vou adicar un pequeno feixe de entradas os vindeiros días para explicar por que as normas de POD que se presentan a aprobación no Consello de Goberno do xoves son inaceptabeis. E, ao mesmo tempo, a bosquexar as que serán algunhas das liñas mestras da nosa política de profesorado. Con fórmulas que se entendan doadamente, e que non se pretenden agachar debaixo dos tecnicismos dunha páxina Excel.
A primeira norma elemental á que ten que respostar unha política de profesorado é a de respectar as reglas de xogo. E de entre elas, unha hora de docencia ten que ser unha hora de cómputo. Coido que se chegou a un acordo na mesa sectorial de Universidades para que a asignación máxima de horas presenciais por profesor/a sexa de 240 ao ano. Supoño que coincidimos en que a salvagarda do pactado debe ser un eixo fundamental dunha acción de Goberno responsábel. Pois ben, logo as normas de POD deciden que se vai contar nas 240 horas e que non se vai contar. O que supón tanto como converter en papel mollado o acordo acadado na mesa sectorial.
A proposta do equipo de goberno é, xa que logo, intrínsecamente fraudulenta. Que é iso de que unhas horas computan e outras non, outras computan determinadas percentaxes e outras unha percentaxe distinta? É, ademáis de escurantismo deliberado, unha evidente laminación dos dereitos profesionais do persoal docente.
Hoxe non vou falar de desgravacións, iso o outro día, pero as horas impartidas non son desgravacións, son horas impartidas. Pero, desde logo, o que se vai presentar á aprobación do Consello de Goberno do xoves provoca que unhas persoas teñan moitas máis obrigas docentes ca outras. É claramente inxusto e moi dubidosamente legal. Estou certo de que as organizacións sindicais que asinaron o acordo sectorial van estar en desacordo coas normas de POD. Pero teño a seguridade de que tamén o van estar todas as persoas que teñan unha mínima capacidade crítica.
A primeira receita é obvia: a docencia nos estudos oficiais da Universidade computa nos límites máximos de docencia do profesorado universitario. Outra alternativa implica defraudar os dereitos profesionais das persoas.

2 comentarios:

  1. Varios agardamos os comentarios de Nova sobre os documentos que van ser debatidos no Consello de Goberno. ¿Sera que Nova non ten opinión o que a documentación presentada satisfaz?.

    ResponderEliminar
  2. Querido Xan:Xa quixera eu ter máis tempo. Nin siquera me deu tempo de esbozar dous comentarios parciais no tema de normas de POD. Ben me consta que hai outros puntos do mesmo nivel de interese, pero coido que o noso compromiso se restrinxiu a temas de POD. Cando menos, así o entendín eu. Pero todo se andará.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.