8 nov 2009

EN DEFENSA DO GRAO EN COMERCIO

Como nun xogo de monecas rusas, seguen os impedimentos para que a Escola de Torrecedeira poida ter o seu Grao en Comercio. Os acontecementos destes últimos días son propios do teatro de Bertolt Brecht: emerxe un proxecto de grao semellante no Campus de Lugo sen que caiba en ningún caso que haxa duplicidades na Universidade galega. E, por suposto, o reitor saínte, campeón na defensa dos intereses da nosa institución –da de Vigo, que é a única que lle importa, segundo a súa opinión- traslada a responsabilidade á dirección da Escola, para que modifique o seu proxecto. Debe ser que non lle cabe dúbida de que o Campus de Lugo ten prioridade por riba do de Vigo, por escuros motivos que nós non chegamos a entender.

Aconsello a lectura dunha entrevista que hoxe lle fai o Faro de Vigo ao Conselleiro de Educación, que abre as portas a que haxa duplicidades. Segundo a súa opinión, ás veces ten que haber “Facultade A e Facultade B” isto é, máis dun centro en Galiza que imparta a mesma titulación. Pódese ou non se pode? Cando e cando non? Que criterios son decisivos para admitir duplicidades? Quen decide? Comercio ten ou non ten demanda social a eses efectos?

Ata agora o resultado resulta grotesco: do feixe de titulacións que se van a impartir no eido das Ciencias Económicas e da Empresa, a que amosa problemas é a que espertou máis hostilidades no reitor saínte, que xoga como un tafur as súas cartas no Consello de Universidades. O que importa xa non é a Universidade galega –que a el endexamáis lle importou-, nen, por suposto, a Universidade de Vigo. O único que importa son as súas vindicacións personais e o esmagamento do discrepante. Ao prezo que sexa.

Como dí a canción, “el silencio, cobarde, apaña la maldad que oprime”. A xente boa e xenerosa non pode estar, neste caso, máis que coas persoas perseguidas, que nesta historia son as que se opuxeron ao proxecto de peche para sempre da Escola de Torrecedeira. E, por suposto, coa consolidación duns estudos, os de Comercio, que a nosa cidade vive como propios desde hai xeracións. Pero a memoria colectiva é para moitos ese incómodo compañeiro de viaxe.

Señor reitor, a dignidade do seu cargo impón máis altura de miras. Téñaa por una vez.

4 comentarios:

  1. Relacionar a Brecht con todo esto es demasiado. Mejor serían Los Tonechos. Poco se puede discutir sobre el hecho de que todo lo ocurrido sobre el cierre o reconversión de esa titulación es grotesco y que la actuación del actual rector no ha sido coherente.
    Pero, para que nos aclaremos, ¿cuáles son las posiciones que han mantenido los miembros de NOVA en el consejo de gobierno? Por favor cite actas. Repasando las que hay en la web de la UVigo encuentro poco.

    En su entrada hay párrafo que se refiere mas al Conselleiro que al rector. El conselleiro lleva ya varios meses en el cargo, ha actuado, decidido y hecho declaraciones sobre varios asuntos universitarios: financiación, medicina, comercio, presupuestos, etc. Ya que el candidato ha introducido al conselleiro mezclandolo con la acción(?) rectoral ¿podría darnos una primera impresión de la actuación, en general, de este cargo?

    La gente buena y generosa no puede estar mas que con las personas perseguidas. ¿Por qué "EN ESTE CASO"?¿En cuáles no? Salvo que las persiga la policía, por delincuentes, ¿no hay que estar siempre con los perseguidos (por la injusticia)?
    Hay en varias entradas del blog un tufo a "buenismo" - los buenos y generosos están aquí, haremos un equipo con gente de todo color, etc. - que, junto con las secciones dedicadas a los "perseguidos" (malestar de profesores, de alumnos, de PAS), al menos a mi me hacen pensar que mas que programa el candidato y NOVA están intentando "arrejuntar" cabreados de diversas faunas, familias y especies. Lo de siempre.

    ResponderEliminar
  2. Agradezo moito o comentario anterior. O que sucede é que ten parte de valorativo que non podo darlle resposta directa. No que se refire ás críticas de inactividade de Nova, eu teño dificultades en darlle resposta, porque non son membro do Consello de Goberno. Pero como me consta que si que houbo un traballo ao respecto -desde logo si que o houbo no tema da Escola de Empresariais- vou rastrexar os datos de Claustros e Xuntas de Goberno para respostar a estas críticas. É certo que o traballo de Nova foi moi calado, moi imperceptíbel.
    No tema do conselleiro, un xuízo global é complexo, pero xa emitín críticas dabondo na prensa, que están espalladas neste blog. Enténdase, en todo caso, que o que tento neste comentario é disentir da actuación do noso reitor.
    E o tema de que se nos considere un "sindicato de cabreados" ten unha longa traxectoria na UVigo, como acusación moi doada que ven da outra parte. É certo que neste blog non aparece un programa sistemático en positivo. Tampouco esa é a finalidade específica dun blog. Pero tede a seguridade de que, ao final, todo terá sensación de conxunto.

    ResponderEliminar
  3. Esperaremos entonces a tener elementos de juicio, es decir una propuesta de conjunto (a ser posible que sea algo mas que una sensación): un programa (no una contraprogramación como entre las teles), un equipo con nombres y apellidos (sorpresa "estrella" incluida)- pero que se sepa pronto- y un blog mas de equipo y/o grupo de apoyo, no tan "presidencialista". En el siglo XXI la universidad es compleja, no la casa de la Troya, y no tiene mucha razón de ser mantener mucho tiempo esta idea de que uno habla por todos. Sobre todo cuando "uno" no está en órganos de decisión y tiene que contar lo que le cuentan.
    Así es como se elimina la sensación de sindicato de cabreados, que algunos tenemos en el coco y no porque nos lo haya comido la otra parte. Por cierto, cuando todo encaje ¿nos quedará bien claro ésta vez, por parte de NOVA, quienes son las partes? Hay pánico a definirse como algo mas que "profesionales" y todo se queda en cosas como "Alternativa" ¿a qué?; "NOVA" ¿cuál es la VIEJA?¿hasta cuándo es NUEVA, porque las cosas nuevas dejan de serlo? Ya tendría que ser RENOVA, etc.

    Este anónimo se retira y queda a la espera. Saludos

    ResponderEliminar
  4. En fin, todo ten os seus tempos. Desde logo, hai cousas que non podo anunciar tan cedo. É mais, cousas que non podo pechar tan cedo. Levas moita razón no do equipo. A fins deste mes/primeiros do que ven vou presentar o comité de campaña. E nós somoos pouco galácticos, pero alguna novidade vai haber, claro que si. Na nosa modestia. Pero eu engadiría algo máis: as propostas constrúense colectivamente. Por iso convídoche a que nos fagas chegar túas propostas, que seguro que nos arrequicerán.
    Grazas polos tes comentarios.

    Jaime Cabeza

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.