14 feb 2012

TEÑA COIDADO COS AMIGOS FALSOS, SEÑOR DE GUINDOS!

EXTREMELY AGGRESSIVE REFORM


Cara de póker. Non a que ten Olli Rehn cando un presidente do Goberno barbado lle fala nunha lingua de porcos –de PIGS, quero dicir-. Ou cando no ECOFIN un ministro do anterior se achega a el poucas semanas máis tarde con expresións extremadamente agresivas. Cara de póker é a que temos os nacionais do Reino de España logo do RD-Lei 3/2012 que é, como adiantou o aventallado ministro, “extremely aggressive”. É certo, a reforma agrede dereitos, agrede a intelixencia, agrede ás persoas sen recursos, e agrede á clase traballadora. Temos diante de nós un goberno moi agresivo, como recoñeceu Don Luis.

Pois teño a impresión, señor de Guindos, de que desde a semana pasada Mr. Rehn é, para vostede, un false friend. Eu, para que non teña problemas con el no futuro, recoméndolle algunha axencia coa que teño que contactar para mandar á miña filla este verán a Irlanda. Quizáis a vostede tamén lle conveña pasar tres ou catro semanas en Dublín, lembrando iso de “my taylor is rich”. Non sei se despois da reforma laboral o sastre é rico. Que lle pregunten ao sr. Tomás, que parece que ten clientes que non lle pagan. O que si teño a seguridade é de que os traballadores e traballadoras son máis pobres e teñen máis inseguridade. E que os desempregados e desempregadas teñen menos esperanza da moi pouca que tiñan a semana pasada.

O que hai que recomendarlle ao Goberno é que sexa menos agresivo. Pode encetar unha “deep reform”, ou, se prefire, unha “drastic reform”. Pero non unha “aggressive reform”. Temos moita experiencia en Galiza de gobernos autonómicos moi agresivos coas nosas sinais de identidade, co noso tecido industrial, cos nosos recursos e coas nosas vidas. Que non nos agredan máis! Que as reformas sexan fondas, de progreso, pero sen agredir. O Goberno español cada vez parécese máis a certo defensa central do Real Madrid. Actúa, como recoñece o flamente ministro do ECOFIN, con agresividade.

2 comentarios:

  1. Descoñecía este blog, probablemente pola miña "pouca cabeza" para investigar na rede sobre blogs de materias diferentes á miña profesional.
    Agrádame descubrilo e alédome de poder participar nel inda que do tema a debater, a reforma laboral, sei escasamente o que se publica nalguns medios de comunicación, dos que, e máis en termos políticos,non me fío moito.
    O que si sei e que esa Irlanda da que se fala no post, ou a mesma Italia, que sofre unha crise forte, non teñen nin por asomo os datos de paro que temos nos e tampouco as precarias (e coas últimas medidas aínda máis), condicións laborais. A ver se algunha vez somos europeos para igualalos dereitos (non so as obrigacións) dos ciudadanos.
    Saludiños!!!, e voltarei por aquí.
    gloriaperezcarrasco.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, Gloria. Penso que hai quen me fai boa propaganda.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.