11 mar 2010

ESTÍMULOS PARA A FUNCIONARIZACIÓN DAS PERSOAS CONTRATADAS DOUTORAS

Somos unha Universidade con percentaxes baixas de funcionarización. O PDI con categoría de contratado doutor non ten estímulos especiais para obter unha acreditación que lles semella moitas veces complexa e pouco accesible. Hai un andazo de pesimismo colectivo entre estas persoas. O que non debería suceder, dadas as evidentes vantaxas de pertencer aos corpos funcionaríais de PDI.

Que pode facer a Universidade? Dúas liñas políticas: a do pao ou a da cenoria. Desbotemos desde xa a do pao. Para o PDI laboral foi un proceso importante a asimilación en dereitos ao PDI funcionario, básicamente obtida –con certas pequenas eivas- no convenio colectivo vixente. Para min e para nós, esta situación non debe ser revertida. Hai que incentivar, non sancionar.

O problema son as políticas de incentivo, porque non son doadas de artellar. Hainas que negociar fundamentalmente no eido das relacións co comité do PDI laboral. Poderían ser medidas conxunturais de reducción de obrigas docentes, pero sempre temporais e con avaliacións cada moi pouco tempo. Non, desde logo, reduccións estruturais e sen monitorización.

Pero coido que hai un ámbito vizoso de negociación e posibilidades. Parte da idea de que os custes de Seguridade Social no réxime xeral –o dos contratados doutores- son moito máis grandes do que son no réxime de Funcionarios Civís do Estado – dos titulares funcionarios-. O que implica que a funcionarización implica un aforro de custes importante para a Universidade. Xa que logo, cabe propor que se estableza un crédito individual correspondente, por exemplo, a dous anos de diferencia de cotización entre o que se cotiza no réxime xeral e o que se cotizaría en funcionarios civís. Ao fin de que dita cantidade, capitalizada individualmente, poida servir para actividades de estímulo de funcionarización. Isto é, para gastos que teñan que ver cos criterios que impón ANECA para a acreditación do corpo de titulares de Universidade.

2 comentarios:

  1. Señor candidato, podría ser más específico? No ha concretado nada sobre ese tema. A qué incentivos se refiere?

    ResponderEliminar
  2. Nesta entrada fago un chamado a que o pensaemos colectivamente. Como suxerencias, un crédito monitorizado de horas temporal -vg., reducción de docencia durante dous anos-, sometido a certos requisitos obxectivos que se teñen que acreditar. Pero sobre todo, dotar un crédito económico individual para actividades relacioadas cos méritos ANECA, de uso flexible, equivalente á capitalización de dous anos de diferencia entre a cotización ao Réxime Xeral da Seguridade Social e a cotización ao Réxime de Funcionarios Civís do Estado.
    Saúdos.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.