24 mar. 2010

PRESUPOSTO DE BIBLIOTECA

A dotación de fondos bibliográficos ten unha importancia evidente nunha Universidade. En épocas de aforro, hai que diminuír o gasto accesorio para concentrar os esforzos no máis esencial. Fai ben a Universidade en promover polícas de reducción de custes, por necesidade e por exemplo.
O que pasa é que a reducción de custes se produce en partidas curiosas. Nestes días comprobamos abraiados as tesoiras que se lle meteron aos orzamentos de biblioteca nos Departamentos. O promedio -creédeo, nós non o creíamos ata que botamos contas- é un recurte dun 60 por 100. Debe ser que este ano se van publicar no mundo un 60 por 100 menos de libros dos que se publicaron no ano anterior, ou, ao mellor, é que xa temos os nosos andeis ateigados de libros e xa non cabe ningún máis.
Desde Nova Universidade xa preguntamos en Consello de Goberno por esta diminución. A resposta que se nos deu remitiu a decisión ao propio servizo. Pero esta remisión é máis ben outra mostra da irresposabilidade dun equipo de goberno que non se responsabiliza da acción de goberno.
A indignación da comunidade universitaria é unánime. Nesta entradiña, me sinto un membro máis dunha comunidade á que se lle nega o máis esencial para o seu labor docente e investigador. É unha vergoña que se produza esta diminución. Que ben estaría que se producira noutras partidas, bastante máis superestruturais! Entrementres, estudaremos e leremos propaganda institucional, NODOS e outras fontes informativas varias.

9 comentarios:

  1. Do tema dos libros poderiase falar anos. Por qué mais do 80% dos libros que mercamos nos ultimos dez anos so foron utilizados por una ou menos persoas?

    ResponderEliminar
  2. Non sería bo confundir "fondos bibliotecarios" con "libros". Os fondos bibliotecarios abranguen moito máis ca iso; afectan ás bases de datos comerciais para consulta, ás subscricións a revistas e publicacións períodicas, etc. Esas son unhas das cousas das que non se pode esquecer unha unversidade que cuida aos seus investigadores.

    ResponderEliminar
  3. Pues Salustiano dice en su blog que lo va a aumentar. La verdad es que no está mal su estrategia. Primero lo bajan un 60%, el año que viene podrán vender que lo multiplican por dos y aún se habrán ahorrado dinero :)

    ResponderEliminar
  4. Non sabía do do blog do rival. pero está moi ben pensado; AU reduce un 60 por 100, logo o 40 por 100 restante o duplican e aforran un 20 por 100. Xestión rigorosa e por obxectivos!!!
    Canto ao outro anónimo, moi ben a puntialización, básica. Grazas.

    ResponderEliminar
  5. Está ben eso de que se saiba cantas persoas utilizan un libro para dicir que ó 80% só son utilizados por unha persoa. É increible. Hai alguén que fai esa conta?. Por certo unha ou menos é unha ou ningunha. Hai moitos casos nos que, os libros que son sacados polo profesorado, que teñen moito tempo para mantelos, logo son usados polas persoas que traballamos con eles en proxectos, monografias, traballos, etc. Por outra banda, cada vez úsanse as suscripcións electrónicas das revistas e neste intre a biblioteca non pode admitir mais suscripcións.

    ResponderEliminar
  6. Falando do blogue do outro candidato e das bibliotecas.
    Na páxina de Salustiano Mato aparece unha nova con este titular:
    "Boloña esixe avanzar na descentralización, horarios e as dotacións nas bibliotecas"

    Quero manifestar que onte fixen un comentario a esa nova explicando que na miña opinión as bibliotecas deben ser melloradas na universidade por simple sentido común, non porque nos obrigue Boloña, e isto non se fai reducindo o orzamento como se ten feito até agora.

    Hoxe tentei ver se Salustiano Mato respostara ao meu comentario para coñecer a súa opinión e descubrín que o meu comentario foi borrado do seu blogue e só se admiten comentarios de usuarios rexistrados... curiosamente non atopei por ningures a opción de rexistrarme para poder participar!?

    Como se pode admitir este tipo de censura nunha páxina que ademais está aloxada na propia universidade?

    ResponderEliminar
  7. Como bibliotecaria, me fastidia mucho que se utilice a la Biblioteca Universitaria para las campañas electorales a rector, porque da igual quien gane: el próximo rector se olvidará de la Biblioteca en cuanto se siente en su despacho. Y si además se hace demagogia, me fastidia aún más.
    El presupuesto para compra de fondos bibliográficos (subconcepto 628.02) fue de 1507000 euros en 2009 y este año son 1015000 euros. Es decir, una disminución de casi el 33%. En este subconcepto se incluye la compra de monografías, pero también las subscripciones de revistas en papel. Las subscripciones aumentan su precio todos los años con lo cual, si se quieren mantener, hay que pagar más. Por tanto, hay menos dinero para monografías.
    Una prueba de lo que acabo de exponer es que el subconcepto 444 ha pasado de 822000 euros en 2009 a 1040000 este año (si no hice mal la cuenta, un incremento del 26%). ¿Qué se paga con este dinero? Muy sencillo, nuestra participación en el Consorcio Bugalicia, que nos permite acceder a través de la compra consorciada, a paquetes de revistas electrónicas y a bases de datos.
    Nadie, ningún PDI, por muy rector que sea, puede bajar los precios de las subscripciones de revistas y bases de datos, porque han estado creciendo durante los últimos 20 años. Este post y alguno de los comentarios sólo demuestran una absoluta falta de conocimiento sobre políticas editoriales y, evidentemente, sobre la Biblioteca Universitaria.
    Por cierto, los presupuestos de la Universidad son públicos y están en la página web.

    ResponderEliminar
  8. El candidato no miente. Lo que dice es que en el presuesto para fondos bibliográficos en los departamentos se ha reducido un 60%, y en los tres departamentos en los que conozco la cantidad destinada a fondos ese ha sido, efectivamente, el recorte.

    ResponderEliminar
  9. Boa tarde:
    Leín onte á noite a mensaxe da bibliotecaria. Non entendo que ten de perverso que se fale dun servizo esencial nas campañas eleitorais, como é a biblioteca. Descoñezo se hoxe extivestes na reunión que mantivemos. Ou seica estás noutro campus e falaremos a semana que ven. Non entendo de todo que queres dicir coa túa reflexión das contías orzamentarias. Eu fáloche como profesor e como líder dun grupo de investigación. Eu agradezo moito a suscrición ao consorcio Bugalicia, da que me aproveito bastante. Pero o certo é que me sinto moi responsable de que os fondos bibliográficos que haxa para quen queira estudar e investigar no ámbito do Dereito do Traballo e da Seguridade Social sexan suficientes, cousa que estou moi lonxe de lograr. O esforzo que fai o meu grupo en adquisicións bibliográficas é forte e os recortes nos producen distorsións. Desde logo, houbo recortes.
    E coincido con vostede en que a biblioteca está mal tratada en moitos aspectos. Diso dialogamos bastante esta semana.
    Saúdos.

    Jaime Cabeza

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.