30 sept 2012

PENSIÓNS, PROTECCIÓN POR DESEMPREGO E ELECCIÓNS EN GALIZA


Utilizar o aparello do poder ao servizo da mentira é unha das operacións propias dos sistemas políticos dubidosamente democráticos. Abusar da posición dominante no manexo dos medios de comunicación de xeito cuasi-monopolístico, agredir aos adversarios mediante a utilización coactiva dos poderes do Estado, e acusar ao rival de actitudes ou condutas deshonestas, por máis calumniosa que sexa a acusación, amosa un sistema de feito autoritario. Rebaixar as garantías, limitar os dereitos fundamentais e censurar o exercicio da liberdade de expresión completan este cadro descritivo. Por iso, eu nas eleccións do 7 de outubro o teño moi claro. Quero que Venezuela se ceibe para sempre de Hugo Chávez e que se elixa a un presidente novo, Henrique Capriles. Aos galegos nos importa moito este país que a tantos acolleu e deu acubillo por razóns económicas e tamén por razóns políticas, por moito que Celso Emilio enchera de dúbidas estas últimas, froito do seu desacougo persoal e do seu compromiso militante coa esquerda. E a algúns coma min nos da moito noxo que desde certas posturas pretendidamente progresistas se defenda a alguén como o presidente actual, caracterizado polo seu desleixo e falla de compromiso cos dereitos fundamentais.
Dúas semanas máis tarde hai eleccións na nosa Galiza. E polas mesmiñas razóns que hai que desaloxar a Chávez de Venezuela hai que botar do seu cargo a Mr. Bean en Galiza. Certo é que Albertiño Núñez non ten a sona internacional de Don Hugo. Pero, chegadas as eleccións, quere amosar o mesmo populismo protector –mentireiro- das clases populares. É unha pose que ten que manter nada máis que tres semanas en catro anos, crendo que xa lle abonda. E, desde logo, iguais condutas que lle atribúo a Chávez lle “pasan” ao inquilino de Monte Pío. Cabe salientar o libelo contra o exalcalde de Ourense, feito coincidir coa época preelectoral na que nos achamos. Eu apenas coñezo a Francisco Rodríguez e nada podo dicir das acusacións que se lle formulan. Pero, coñecidos os delictos, a pregunta é se non se lles poden imputar a outros políticos ourensáns. A xustiza penal é cousa moi seria como para andar xogando con ela. Pero a alguén coma min lle sorprende que non houbera en tantos anos ningunha resolución xudicial de intervención das conversas telefónicas de outras persoas das que poidan existir indicios razonables de que incorreron en tráfico de influencias ou en prevaricación dos arts. 404 e ss. do Código Penal. Caiba a quen lle caiba a responsabilidade de que se actúe precisamente agora fronte ao xa exalcalde de Ourense, a coincidencia temporal coas eleccións galegas lle deixa á cidadanía unha impresión forte de que a xustiza non é igual para todos. Que non está cega, senón que mira de esgello a algúns.
Digo todo isto para chegar xa ao que queiro comentar, que vai desta proposta de revalorizar as pensións e baixar a partida orzamentaria por desemprego do proxecto de lei de presupostos. A primeira medida é un exemplo inmellorábel da mentira ao servizo do oportunismo político. Hai que dicirlles aos galegos e galegas que, se non queren ser unha vez máis obxecto de burla, suspendan o seu apoio ao Pepé ata o mes de novembro. É dicir, que non lles voten en ningún caso ate que acrediten que, por primeira vez en moito tempo, non minten. Porque do que din hai xa unha fortísima presunción de falsidade. Explícome. No mes de novembro cómpre comprobar a desviación do IPC real verbo do previsto. Coa lei na man, hai que pagarlles a diferenza aos e ás pensionistas…agás que se aprobe un Real Decreto-lei que modifique a norma. Vai haber decreto lei ou non? Aposto a que si. Ademáis, un ten a seguridade de que a revalorización das pensións nun puntiño, por moito que estea no proxecto de lei, vai desaparecer do BOE do 29 ou do 30 de decembro baixo o argumento xa coñexido de que hai que tomar medidas que non gosta tomar. Vaia se lles gosta!  Mentireiros!
Canto á baixada na consignación a desemprego, outra vez digo o que dixen: a lei de orzamentos para o ano 2013 vai darlle outra trabada ao sistema de protección, logo do RD-lei 20/2012. É dicir, outra vez baixadas na cobertura social do paro forzoso.
Xa para rematar: hoxe leín as liñas básicas dos orzamentos franceses para 2013. Hai “pequenas” diferenzas co bodrio de Cristobo Manstesoiras. Non todos toman medidas que non pensaban tomar, ou cando menos non o fan sempre, por moito que dixera outra cousa moi distinta o mequetrefe de Mr. Bean.

2 comentarios:

  1. Jaime, Vd. votaría por Capriles. Otros (muy probablemente más) lo harán por Chávez. Hasta aquí todo normal. Lo que me extraña de un académico como Vd. es su aceptación acrítica de prejuicios y estereotipos creados por los medios y la derecha (solo le ha faltado mencionar gorilas rojos ...). Repase Vd. la conducta de Capriles en la embajada de Cuba durante el golpe reaccionario de 2002 (recuerde que celebrado aquí por igual por Aznar y El Pais). Causa gracia ver a Capriles reivindicarse socialdemócrata, hablando maravillas del PT de Lula (pero léase lo que dice al respecto el propio Lula y el PT brasileiro). La conciencia en Venezuela tras más de una década con la derecha a la defensiva es tan grande que el neoliberalismo ha de ser escondido a conciencia por cualquier candidato.

    Y la mención al abuso de los medios de comunicación causa sonrojo: debería Vd. documentarse mejor antes de escribir sobre la distribución y afinidad ideológica de los medios en Venezuela. Si tuviera que calificar su trabajo, obtendría Vd. una baja nota.

    Datos de la CEPAL sobre Venezuela al 2011: en la última década la pobreza disminuyó del 50% al 27% y la miseria del 22% al 10%. El indice Gini es del 37%, el mejor de la región; el PIB ha crecido muy bien en los dos últimos años y alcanzó el 4.5%. El PIB percápita es de casi $13,000, uno de los mejores de latinoamerica. El déficit primario del gobierno bajó del 2.2 al 1.4 del PIB; las exportaciones crecieron de $59,000 a %$92,000 en los últimos 3 años, incidiendo en un superavit de la cuenta corriente. En cuanto al sector social los salarios subieron en un 58.5%, el desempleo se ha ido reduciendo hasta el 8.2%, y la gran inversión en educación, vivienda, seguridad es irrefutable.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mi estimado amigo:

      No me considero alguien con prejuicios, pero no acepto esos datos como vara de medir. Si así los admitiéramos, diríamos que Uribe ha sido un gran gobernante para Colombia. Ya desde hace tiempo ha crecido por encima de la media latinoamericana, pero no gastaría un segundo en defender a Uribe (algo más, desde luego, a Santos).
      Quizá defender la libertad de expresión, la pluralidad de prensa o la libertad ideológica sean prejuicios burgueses. En ese caso, estoy lleno de prejuicios. Pero cuando predomina el autoritarismo, todo lo demás se vuelve injustificable. Puedes estar seguro de que no tengo una preferencia muy notable por Capriles, pero cualquier cosa antes que Chávez. En mi opìnión -discutibilísima, lo admito- su persona ha sido muy distorsionante de un crecimiento notable de la izquierda democrática en latinoamérica. Tal vez haya otros motivos para defender a Chávez, pero no los que esgrimes.
      Con todo, utilizo en mi entrada el tema de Venezuela como símil de lo que se critica en el adversario y uno mismo comete, en referencia a la proposición principal que es el caso de Galicia.
      Gracias por tu opinión, desde luego. Te aseguro que leeré más sobre Venezuela estos días, inevitablemente. Tal vez matice algo mi postura.

      Eliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.