1 mar 2010

“DESGRAVACIÓNS” POR DIRECCIÓN DE PROXECTOS DE FIN DE CARREIRA E OUTRAS “DESGRAVACIÓNS”

Chegoume a rexouba de que era intención de Nova Universidade e de min mesmo a de eliminar as desgravacións por proxectos de fin de carreira e outras desgravacións por labor doncente. Nada máis lonxe da realidade.

Seguro que as mensaxes non chegan nidiamente porque non as transmitín coa claridade necesaria. O que quixen dicir é simplemente que o feito dos profesores dirixiren proxectos de fin de carreira non ten que ser unha desgravación, senón computar directamente como obriga docente. É dicir, ten que contar de feito máis do que conta.

A dirección persoalizada de proxectos e outros traballos é un labor pouco recoñecido e, desde logo, absorbente. Hoxe nos reunimos co equipo directivo da Escola de Telecomunicacións e comentabamos que compría modificar o concepto de crédito por grupo de docencia por crédito por alumno/a como unidade de medida. É dicir, que non é o mesmo impartir docencia a 100 persoas que impartila a cinco. O cómputo ten que ser distinto. E tanto máis distinto na docencia de grao e posgrado.

Nestas coordenadas, é máis natural e doado o cómputo da dirección de proxectos de fin de carreira. Porque encaixa sen problemas no concepto crédito alumno. Claro que ten que computar! Ou acaso non é parte da nosa función docente?

Polo tanto, defendemos que compute. O que queremos é un cómputo de docencia transparente e sen as trampas do sistema actual.

4 comentarios:

  1. Propón de una vez un esquema detallado de vuestra propuesta (con números)de "desgravaciones" y "computos directos", para que nos enteremos de verdad. Entradillas filosóficas como ésta tuya hablando de trampas, transparencia, etc. son muy fáciles. Las normas de POD, como el infierno, están plagadas de buenas intenciones que ya no lo son tanto cuando se ven números.

    ResponderEliminar
  2. A ver, a ver, que me digan que esta é unha entrada filosófica faime graza. Que medir o traballo directamente e non con ficcións é filosofía tamén. Mira, desgravacións son, clásicamente, as de cargo académico e sindical, pouco máis. O traballo haino que medir. Non adaptar o cómputo ás persoas dispoñibles, para que haxa unha chea de discriminacións. Desde logo o labor docente é de cómputo directo. Todo. Estamos avanzando unha proposta que supera o esquema actual de cómputo por grupo e que mide a unidade de traballo docente con base no número de alumnos/as que cada un ten ao seu cargo. Iso vai por de manifiesto a diferencia sideral entre uns ámbitos e outros, para correxir diferencias, con modelo e non adaptando o traxe ás deformidades da política de PDI, como se ten feito hai xa moito tempo.
    Con todo, ten calma, xa estamos pechando o programa.
    Saúdos.
    Jaime

    ResponderEliminar
  3. Te hará gracia, pero has sido tú el que ha dado importancia a este tema al introducir varias entradillas desde el 17.11.09. Pero básicamente han consistido en "filosofía a la contra" sobre las actuales normas (que empiezas calificandolas de fraudulentas el 17.11.09 y terminas ahora acusandolas de falta de modelo y de adaptación del traje a las deformidades del cuerpo),o en "filosofía" propia que no se traduce en nada.

    Claro que el trabajo se mide en números y tú acabarás necesariamente haciendo un excel. Pues eso es lo que, los que no somos miembros del CG - donde al parecer M. Ramos ha hecho una propuesta - queremos conocer para distinguir entre candidatos y no tener que abstenernos. De momento, por las charletas que dais por los centros, no parece que vaya a haber mucha diferencia en los números finales, hasta que se vean.

    Ten en cuenta además que tienes "genes" sospechosos. La falta de modelo y la adaptación del traje a las deformidades del POD comenzó en esta universidad con tu antepasada PCUVI, cuyos lamentables vicerrectores de profesorado hicieron de sastres remendones (sin crear un nuevo patrón) sobre las normas de POD heredadas de nuestra antigua universidad única (Espada no tuvo tiempo). Ellos comenzaron la adaptación de normas a personas y a crear discriminaciones y ahí está la raíz de desastres posteriores.

    Por tanto, calma si pero no chicha. Y menos música y mas "chicha"

    ResponderEliminar
  4. Ola de novo!
    A verdade e que non me parece incompatible dicir que hai reglas fraudulentas e que falta modelo. Coincido contigo en que o traballo se ten que cuantificar. O que pasa é que unha páxina excel é unha ferramenta informática e non un fin en si mesmo.
    Descoñezo se estivestes nalgunha das charlas que damos nos centros. Pero teño a impresión de que non. Hoxe, en Ciencias Sociais, apuntamos -apuntei, neste caso, liñas programáticas de profesorado. Por certo, unha delas está subida desde hoxe no blog.
    A pregunta que me formulas é tanto como dicir que che detalle a política de PDI no programa. Estará á túa disposición en conxunto dentro de pouco. Entretanto, eu che pediría que me concretaras algún aspecto do que poder dar resposta.
    Con todo, unha cousa que xa dixen varias veces é a necesidade de realizar unha auditoría de PDI. O resultado da auditoría vai condicionar os números, desde logo. A partir dela, hai que cumplir a lei e ter RPT de PDI.
    Probablemente, todo o que poidamos dicir nun programa vai resultar inconcreto aos ollos teus, do que podo deducir.
    Hai unha liña mestra importante, e é que a unidade de medida da carga docente ten que deixar de ser o grupo e pasar a ser o alumno, com é lóxico no EEES. E outra, como xa dixen, que a actividade docente se "mide", non se "desgrava".
    Mira, xa vai longa a mensaxe e non concretei nada ao nivel que pretendes. Canto aos meus xens, lles dou pouca importancia no deseño programático. A época da PCUVI foi como todas, de luces e de sombras. Cando menos, durante eses xatro anos houbo unha política de profesorado recoñecible que foi a implanteación do profesorado propio. Que se pode idetnficiar como política de profesorado desde 1998 a 2010? UN reglamento de profesorado que é unha transitoria arrodeada de preceptos que son mero pretexto?

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.