10 oct 2009

Entrevista no Faro de Vigo


Os límites dunha maqueta xornalística sempre son moitos para poder comunicar unha mensaxe completa, ainda así nesta entrevista xa se poden ler algunhas das pautas e propostas do proxecto de Nova Universidade para os tres campus da Uvigo.
No texto se amosa a intención de mellorar o diálogo no eido das titulacións que agora se sinten maltratadas e tamén como unha política de costas ao capital humano dos centros proxecta desilusións nos docentes e PAS. Por certo, hai un pequeno erro na entrevista, porque as titulacións tecnolóxicas e algunhas sociais non son as mellor dotadas, senón xustamente o contrario. Dou por supuesto que se entendeu. Seguro que foi meu erro ao respostar, non da periodista.
Quere deixarse moi claro que esta oposición será construtiva e chea de iniciativas para facer unha universidade competitiva pero tamén humana. Traballar con "máis pel e menos papel", tomando prestada a frase tan coloquial pero acaída do creativo e empresario J. Lorente en "Piensa es gratis", que explica que nas organizacións non abonda con dicir cales son as atribucións por escrito de cada membro da mesma senón que é necesaria a implicación emotiva de todas e cada unha das persoas que traballan para acadar o éxito. Nós desexamos cambiar o modelo de goberno dunha Universidade que precisa aire fresco, atencións e igualdade de oportunidades.

3 comentarios:

  1. Pareceme ben a rectificación pois as titulacións que comentas son as que deberán demandar maior capital humano se se queren implantar uns graos de calidade. O número de estudantes é elevado e o aspecto da titorización dos mesmos pode ser complicada.

    ResponderEliminar
  2. Ai, Jaime, Jaime, Jaime...! Tanta J déixame sen aire. J ou X? Tanto monta, monta tanto, sempre que sexas ti o que montes, non si?

    ResponderEliminar
  3. Encántame a censura. Sobrevivín a ela en tempos do Caudillo, a quen ti chamarías, sen dúbida, Caudiño. Jaime, Xaime, Jaime, Xaime, ai que quedo sen aire!!!

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.