
Os límites dunha maqueta xornalística sempre son moitos para poder comunicar unha mensaxe completa, ainda así nesta entrevista xa se poden ler algunhas das pautas e propostas do proxecto de Nova Universidade para os tres campus da Uvigo.
No texto se amosa a intención de mellorar o diálogo no eido das titulacións que agora se sinten maltratadas e tamén como unha política de costas ao capital humano dos centros proxecta desilusións nos docentes e PAS. Por certo, hai un pequeno erro na entrevista, porque as titulacións tecnolóxicas e algunhas sociais non son as mellor dotadas, senón xustamente o contrario. Dou por supuesto que se entendeu. Seguro que foi meu erro ao respostar, non da periodista.
Quere deixarse moi claro que esta oposición será construtiva e chea de iniciativas para facer unha universidade competitiva pero tamén humana. Traballar con "máis pel e menos papel", tomando prestada a frase tan coloquial pero acaída do creativo e empresario J. Lorente en "Piensa es gratis", que explica que nas organizacións non abonda con dicir cales son as atribucións por escrito de cada membro da mesma senón que é necesaria a implicación emotiva de todas e cada unha das persoas que traballan para acadar o éxito. Nós desexamos cambiar o modelo de goberno dunha Universidade que precisa aire fresco, atencións e igualdade de oportunidades.
Pareceme ben a rectificación pois as titulacións que comentas son as que deberán demandar maior capital humano se se queren implantar uns graos de calidade. O número de estudantes é elevado e o aspecto da titorización dos mesmos pode ser complicada.
ResponderEliminarAi, Jaime, Jaime, Jaime...! Tanta J déixame sen aire. J ou X? Tanto monta, monta tanto, sempre que sexas ti o que montes, non si?
ResponderEliminarEncántame a censura. Sobrevivín a ela en tempos do Caudillo, a quen ti chamarías, sen dúbida, Caudiño. Jaime, Xaime, Jaime, Xaime, ai que quedo sen aire!!!
ResponderEliminar