17 oct. 2009

LOITAS POR CARTOS

LOITAS -NON POR TITULACIÓNS- SENÓN POR CARTOS
Onte se publicou no diario “El País” un artigo de opinión moi interesante, de Carlos Pajares, “Luchas por titulaciones”. É un personaxe polo que sinto moito respeto e admiración, desde a súa andaina como reitor da Universidade de Santiago. Sendo eu aínda estudante na segunda metade dos oitenta, chegou a S. Xerome un equipo novo que foi o verdadeiro artífice da modernización e descentralización da Universidade galega. Poucas persoas deixaron a pegada no noso sistema de Educación Superior que deixou o Sr. Pajares.
No dito artigo, os conflitos relativos á implantación de Medicina nunha segunda universidade galega son case a disculpa para lanzar una opinión de calado, coa que quero amosar a máis fonda discrepancia: xa que a Universidade compostelá conseguiu o recoñecemento como Campus de Excelencia Internacional e uns índices que a sitúan como unha das máis sobranceiras universidades no Reino de España, isto se ten que reflectir nun mellor finanzamento que se afaste do “café para todos”. Logo, como proposición subordinada concede que tamén as de Vigo e A Coruña melloraron substancialmente nos últimos anos. Claro que esta mellora non é merecente, en aparienza, de que se teña en conta no repartimento da torta.
Xa está a teima da competitivade, da que hai egrexios apóstolos na Universidade de Vigo. Eu a admitiría se partíramos de igualdade de condicións. Pero iso non é así. É a competitividade darwinista a que se quere impor desde os think-tank do liberalismo universitario. A todos eles, habería que amosarlles o manual dos bos liberais, e aprenderlles que este pensamento parte de que se lles ofreza a todos os individuos iguais dereitos de partida. No eido colectivo, o problema é o mesmo. E, os que non participamos do pensamento liberal, asistimos con horror á introducción de pensamentos pre-liberais que parten dunha hipótese falsa, que é a igualdade de saída.
Se é certo que as Universidades de Vigo e de A Coruña melloraron, a conclusión é evidente: son merecentes de finanzamento ao mesmo nivel ca de Santiago, ou aínda máis, se a situación de vantaxa competitiva se quere acurtar. Por suposto, estamos de noraboa polo recoñecemento feito a Santiago e, como galegos e galegas, podemos gabarnos da Universidade nai. Pero precisamos dun repartimento xusto do finanzamento.
De que finanzamento? A proposta de orzamentos autonómicos xa deixou ás claras as preferenzas da Xunta, que non merecen senón o máis despectivo silencio. Magoa que a CEG se sinta satifeita coa proposta, que tamén evidencia a súa falla de compromiso co I+D. Nestas liñas, non queda outra que amosar toda a miña solidariedade –penso que a solidariedade de toda a comunidade Universitaria- cos reitores Gago, Barro e Barxa e transmitirlles que non somos merecentes dun goberno que amose tal grao de desprecio polo saber, pola educación e pola Universidade.

2 comentarios:

  1. Paréceme ben o que comentas das correntes do liberalismo económico que chegan a universidade e que mesmo están a ser respaldadas por un reitor, catedrático de economía, o que pouco parecen importarlle cuestións coma a rentabilidade social das titulacións, nas que o número de matriculados se utiliza como único baremo (aviados estamos, porque según esta consideración teríamos que pechar a cuarta parte das titulacións da UVIGO)e, en cambio, non amosa reparos a hora de blindar os cargos de xestión e engordar o seu persoal de confianza, con soldos desorbitados, tal e como están a denunciar os sindicatos da UVigo

    ResponderEliminar
  2. Permitidme que opine desde la perspectiva de un profesor asociado a la Uvigo.
    El asunto de la competitividad?? Me parece que esta universidad aún no entendió de qué va Bolonia y sigue viviendo de espaldas a su entorno y encerrada en sí misma... ¿cuáles son los logros alcanzados?? ¿son conocidos por el entorno? ¿y por las empresas?.
    Será que cuando uno pregunta en las empresas te responden diciendo que "al final los tenemos que formar nosotros porque no sabemos qué les enseñan en la Universidad...".
    No hay más que ver cómo se han hecho/se están haciendo los "presuntos" nuevos planes de estudio siguiendo supuestamente a Bolonia. ¿Quién hace los planes de estudio? ¿A cuantos agentes externos se han invitado a opinar en los nuevos planes?.
    La experiencia nos dice que al final son planes con nuevos nombres y contenidos antiguos, donde se trata de que todo siga igual y no se mueva nada por el bien del status de los que ya son fijos...
    ¿Dónde ha habido un profundo proceso de reflexión y autocrítica?. Si al final las comisiones desarrolladas luchaban por sumar créditos a sus departamentos para consolidar un personal en formación que aún no ha demostrado absolutamente nada. Hablemos en serio de una vez: hay gente que vale para investigar, hay gente que vale para docentes y los que valen incluso para las dos cosas.
    Así que hagamos un planteamiento valiente y nada de palabrería: sabemos que en los órganos de gobierno de la Uvigo "mandan" los PAS. Revisad los porcentajes de votos que tiene cada uno...
    Bolonia?? Seamos serios. ¿Alguien ha visto un buen estudio previo a la realización de un nuevo plan de estudios?. Ni el primero. Viva los estudios de mercado.
    Traigamos planteamientos serios y atrevidos, pero no más discursos para que parezca que todo cambia mientras todo sigue igual.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.