Hoxe recibín a visita de dúas personas da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Ignacio e Paulo. Por pouco máis dunha hora, eles dous, Carme Verde e eu mesmo debatemos das situación e das perspectivas na Universidade de Vigo da atención á diversidade.
Coido que a conversa foi vizosa e, desde logo, Carme e eu collimos moitas notas programáticas. Hai catro grandes eixos nos que a nosa institución ten que centrar a súa praxe política: o primeiro deles, a adaptación dos espazos e a supresión das barreiras arquitectónicas. O segundo, a acollida e atención das necesidades cotiás das persoas con discapacidades. O terceiro, as adaptacións curriculares dos estudos que se impartan para afortalar e difundir o coñecemento dos colectivos con circunstancias diversas, e asemade a posta en marcha de estudos de posgrao nesta materia. O cuarto, a loita contra os estereotipos sociais que unicamente expresan sentimentos de piedade para eles, mediante divulgación e participación.
O noso proxecto vai ser socialmente responsable ao respecto. Vai enxergar con ollada crítica o cumprimento dos estándares legais e a introducción de boas prácticas. Vai esixirlle ás entidades contratantes coa Universidade o axuste ás súas obrigas legais. E vai por en marcha medidas de acción positiva para integrar social, académica e profesionalmente ás persoas discapacitadas. Elas son, tamén, cidadáns e cidadás con dereitos cheos de realización persoal.
Como medida estrutural, na Vicerreitoría de Benestar, Calidade e Igualdade vai existir unha Oficina de Atención á Diversidade. Na mesma, as entidades de defensa dos dereitos destes colectivos van ter un papel consultivo e van ser interlocutores necesarios do noso goberno.
Paseniñamente, pero con decisión, hai que ir construíndo unha Universidade máis integradora.
31 mar 2010
28 mar 2010
26 mar 2010
24 mar 2010
VÍDEO DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE NOVA UNIVERSIDADE
1ª PARTE
2ª PARTE
3ª PARTE
2ª PARTE
3ª PARTE
Gardado en:
Candidatura,
Equipo,
Os meus vídeos
PRESUPOSTO DE BIBLIOTECA
A dotación de fondos bibliográficos ten unha importancia evidente nunha Universidade. En épocas de aforro, hai que diminuír o gasto accesorio para concentrar os esforzos no máis esencial. Fai ben a Universidade en promover polícas de reducción de custes, por necesidade e por exemplo.
O que pasa é que a reducción de custes se produce en partidas curiosas. Nestes días comprobamos abraiados as tesoiras que se lle meteron aos orzamentos de biblioteca nos Departamentos. O promedio -creédeo, nós non o creíamos ata que botamos contas- é un recurte dun 60 por 100. Debe ser que este ano se van publicar no mundo un 60 por 100 menos de libros dos que se publicaron no ano anterior, ou, ao mellor, é que xa temos os nosos andeis ateigados de libros e xa non cabe ningún máis.
Desde Nova Universidade xa preguntamos en Consello de Goberno por esta diminución. A resposta que se nos deu remitiu a decisión ao propio servizo. Pero esta remisión é máis ben outra mostra da irresposabilidade dun equipo de goberno que non se responsabiliza da acción de goberno.
A indignación da comunidade universitaria é unánime. Nesta entradiña, me sinto un membro máis dunha comunidade á que se lle nega o máis esencial para o seu labor docente e investigador. É unha vergoña que se produza esta diminución. Que ben estaría que se producira noutras partidas, bastante máis superestruturais! Entrementres, estudaremos e leremos propaganda institucional, NODOS e outras fontes informativas varias.

O que recollen os medios da presentación de onte en Ourense
Gardado en:
Candidatura,
Equipo,
Ourense,
Prensa
21 mar 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)