18 mar 2010

O "plantón" de Tano

Primeiro convocatoria irregular, despois "plantón"



11 comentarios:

  1. Paréceme dun gusto pésimo adicar unha sección deste blogue a criticar o outro candidato. Nova debería defender a súa opción, pero non tratando de desprestixiar a ninguén. Faládenos do voso proxecto e non do que fixeron ou deixaron de facer os demais.
    Coido que máis que gañar, perdedes con esta aposta.

    ResponderEliminar
  2. Recollo a túa opinión e a valoro. Con todo non concordo contigo en que non se deba empregar un blog para a crítica do adversartio, dentro de certos límites que nos debemos autoimpor. A verdade é que é un tema que non teño reflexionado. Seica é un tema de formas. O penso. Grazas.

    Jaime

    ResponderEliminar
  3. Este procedemento de escanear imaxes da prensa analóxica e colgalas da web tipo "tablon de anuncios" non parece moito da web 2.0 non?

    ResponderEliminar
  4. Eu penso que está ben recoller as incongruencias dun político que promete pero e logo cumpre? Eiquí so vexo novas dos xornais sen entrar nunha crítica destructiva. En Pontevedra Alternativa non cumpriu nada do seu programa eleitoral

    ResponderEliminar
  5. De novo, Nova segue o camiño marcado por Alternativa... ¿é normal empregar o tempo en criticar un problema de axenda ou o que sexa? ¿Acaso Cabeza non tivo ningún problema desde estilo?

    ResponderEliminar
  6. Levas razón en que o tema do plantón non ten en si mesmo moita importancia. O que si a ten é que está orixinado por un comportamento impropio do vicerreitor de campus que foi denunciado á comisión eleitoral. COn esta entradiña queremos expresar que destas poeiras viñeron aquelas lameiras.

    ResponderEliminar
  7. Señor Jaime. Os electores estamos cansos de campañas electorais baseadas nos ataques ao contrincante por sistema onde calquer detalle sen relevancia algunha vale. Gústanos que nos traten como xente intelixente. Non nos gustan os chascarrillos co nome do contrincante, nin que nos regalen Ipods por opinar. Mirando o blog do outro candidato sinceiramente penso que lle está a dar unha lección de elegancia política, explicando paso a paso as súas propostas sen entrar en trifulcas absurdas. Explique o seu programa con claridade, seguro que todos sairemos gañando.

    ResponderEliminar
  8. Estimado compañeiro:
    Agradézolle moito a súa opinión porque me da pé para expresar meu pensamento ao respecto. Non concordo con vostede en absoluto. No meu blog pretendo cultivar a liberdade de expresión e o único que non cabe é o insulto. Por favor, se vostede percibe algún insulto, fágameo saber. Coido que ata hoxe non rexeitei ningún comentario, porque nos que teño leídos non había insultos. Si, en ocasións, opinións desabridas, ferintes o mesmo que poidesen molestar. Non a min cando se fan en exercicio lexítimo da liberdade de expresión, como é o caso de vostede. Eu me someto por enteiro á crítica da comunidade universitaria, é o meu criterio, pero desde logo me reservo o dereito de criticar ao adversario. Se a vostede iso lle parece pouco elegante, respeto a súa opinión, pero respete vostede a miña. Que teñamos a seguridade de que nos blogs sempre caiba a crítica a un mesmo é para min a mellor seguridade de democracia participativa. Aprecio máis os comentarios como o seu, máis que os laudatorios, porque son os que me invitan á reflexión e ao contraste coas opinións alleas, das que teña a seguridade que aprecio máis que as miñas.
    Polo demáis, penso que vostede non se cree que o meu adversario, noso común amigo Tano, está explicando banzo a banzo as súas propostas. Cando menos, que se ten explicado máis ca nós. Prégolle que teña algo de sentido crítico, por favor.
    E saiba que os seus comentarios sempre, sempre, son benvidos a este blog. Un saúdo fraternal.

    ResponderEliminar
  9. Eso es, Jaime, libertad de opinión, no como en el blog de Tano, que se censuran las opiniones no complacientes (tengo pruebas) Si quiere que sólo salgan sus opiniones, que monte una página Web, no un blog. Los blog son, por definición, sin censura!
    Y si las propuestas de Alternativa son decir que van a subir el presupuesto de biblioteca después de habérnoslo bajado este año un 60%, aviados van si creen que alguien les va a creer (siento tener que expresar esto en tu blog, pero es que en el de Tano no dejan: ESO SI QUE ES ELEGANCIA POLÍTICA Y TALANTE DEMOCRÁTICO)
    Por cierto, me encantaría que me regalaras un iPod por opinar.

    ResponderEliminar
  10. Parece que aos de Alternativa lles fai dano que lles leves tanta ventaxa e que fagas unha campaña tan aberta e participativa
    E xa podían ir aprendendo algo de talante democrático e permitir opinar no seu blog.

    ResponderEliminar
  11. No me gusta nada la sección dedicada a criticar al otro candidato, ni los debates que he visto en Internet. Señor Cabeza dedique usted menos tiempo a criticar a los otros y más a exponer sus propuestas, sino esto parecerá una campaña electoral entre partidos.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.