31 ene 2010

XUBILACIÓNS

De novo se pon en marcha a engranaxe de modificación do sistema de Seguridade Social e se quenta un debate que requeriría máis sosego e menos ideoloxía da que moita xente lle quere aportar. Porque, con todas as súas contradiccións, o sistema de Seguridade Social é o sinal de identidade máis fundamental que ten o noso Estado Social. Xogar a aprendiz de bruxo nesta materia é un exercicio ben irresponsábel e pouco construtivo. O modelo de reforma constante e consensuada implantado cos Pactos de Toledo a partires do 1995 constitúe a garantía de que se manterá o sistema público de Seguridade Social, que herdarán os nosos fillos nesta sorte de solidariedade interxeneracional que supón o sistema público.

Temos ventaxa con outros Estados europeos. O noso baby-boom adiouse ata os anos sesenta e a xeración que se está a xubilar estes anos é a da posgruerra, isto é, a que non naceu. É por iso que os riscos e os desequilibrios do noso sistema resultan, a día de hoxe, menos inmediatos do que sucede, vg., en Alemaña ou en Francia. Porén, hai que estar vixiantes para asumirmos cantos menos perigos mellor. E, no Método Aberto de Coordenamento artellado a nivel europeo, intercambiar información e boas prácticas e planificar e avaliar en común. É certo que outros Estados, como a República Federal de Alemaña, xa adiaron a xubilación aos sesenta e sete anos.

Terémolo que facer nós? Probablemente. Ou, máis ben, case seguro que si a medio prazo. Quixera lembrar que cando se estableceu o primeiro seguro público de xubilación no Reino de España, o Retiro Obreiro do 1919, a ida de retiro era de sesenta e cinco anos. Mais nun tempo no que a esperanza de vida roldaba os 45 anos. A xubilación muduo desde aquela a súa significación moitísmo, pero non se pode dicir que sexa ilexítimo discutir este tópico. Tamén é certo que os 65 anos constitúen un dos elementos máis simbólicos do noso sistema de benestar.

O documento do Goberno abre unha reflexión, con outros factores: cálculo da base reguladora –que conten máis de quince anos para calcular a contía da pensión- limitacións necesarias das prexubilacións, reformas importantes na viuvez –hai que cambiar radicalmente o modelo- e na orfandade-. Eu engadiría algúns máis necesarios, entre eles a avaliación dos efectos da xubilación anticipada, o cuestionamento do modelo do desemprego, ou a entidade das prestacións familiares. Dito documento vai ser obxecto de debate na subcomisión do Senado dos Pactos do Toledo, de negociación nas mesas de diálogo social e de discusión parlamentaria. Sen dúbida, neste longo camino parte dos obxectivos máis radicais se van limar.

Con todo, que desde 2013 se introduza paseniñamente un alongamento das vidas activas e un afastamento da idade de xubilación ordinaria, ao redor de dous meses por ano, non supón un cuestionamento do noso modelo de benestar. É unha ferramenta máis, como o cerco ás prexubilacións ou outras medidas para que, de feito, as persoas traballadoras se aparten do mercado de traballo aos sesenta e cinco e non aos sesenta e dous anos e medio. No fondo, a única pregunta encol da idade ordinaria é se ese proceso de retraso aos sesenta e sete anos vai comezar no 2013 ou no 2020-2025. Porque quizáis, e na miña opinión, aínda hai marxe para esperar uns anos.

E logo están outras medidas para facer un mercado de traballo máis inclusivo e para que máis persoas contribúan: emprego da xuventude, da muller, da poboación inmigrante, traballo sulagado, estabilización de contratos temporais, prestacións familaires e de natalidade –mellor servizos de gardería que subsidios-…No fondo, o debate da sostibilidade da nosa pirámide poboacional.

Un comentario interno: o día de Santo Tomé fixemos doutor honoris causa ao profesor Yasumoto, cuxo padriño foi José Antonio Rodríguez Vázquez. Todo un símbolo na nosa Universidade. Este ano se xubila el, e tamén outro exreitor, Luis Espada. Quizáis se lles nomee eméritos, oxalá! Desde logo, ningún dos dous adiantou a súa idade de xubilación. E que manteñan, en todo caso, o sentimento de pertenza á nosa institución! Pero cómpre reflexionar de cómo facerlle máis atractivo o mantemento da carreira universitaria ao PDI que ten tamén a posibilidade de acollerse lexítimamente a programas de xubilación anticipada.

7 comentarios:

  1. Pues haz una reflexión pública sobre medidas concretas que propones (reales, es decir dentro de las posibilidades de un rector) para animar a los que puedan jubilarse anticipadamente (cobrando lo mismo en total - excepto cargos, claro - a final de mes, si tienen el máximo de pensión) para que se queden. Este es un tema que en los próximos cuatro-cinco años va a afectar a la segunda ola de posibles jubilaciones de la Uvigo, como se deduce de los grupos de edad según el censo electoral.

    ResponderEliminar
  2. El exrector que citas será un símbolo, pero ¿de qué, según tu opinión?

    ResponderEliminar
  3. Estimado amigo:

    Hoxe estiven en Peritos -Vigo- e levei unha imaxe ben curiosa: varios profesores se xubilaron anticipadamente o ano pasado ante os riscos-ameazas? de seguiren ata os 65. Non hai recetas máxicas e todo está inventado: primeiro, darlles seguridade e previsibilidade no seu traballo. Segundo -diso falaba- de establecer para eles unha xornada reduida, como xa prevé o documento de Estatuto de PDI. claro que como posibilidade. É dicir, desenvolver esa regla ata onde poidamos. Se tes máis suxerencias, estarei agradecido se me as comentas. Saúdos.
    Jaime

    ResponderEliminar
  4. O exreitor José ANtonio Rodríguez é simbólico do tema do que falo: alguén que esgota a súa carreira aos 70 anos. E el e Espada son dous ex-reitores, tampouco temos tantos. Coido que a xubilación dos dous non debe pasar desapercibida.

    ResponderEliminar
  5. Esta entrada inicial y las respuestas a los comentarios son un ejemplo mas de la tendencia del candidato a la pedagogía para formar opinión (loable) pero que no termina en casi nada concreto, como corresponde a una persona que va a pedir el voto.
    No hay respuesta concreta a lo que se pregunta: Medidas reales que propone para animar a los que pueden para que no se jubilen anticipadamente. La única referencia que hay es a la docencia reducida del borrador del Estatuto del PDI, pero como eso va a ser norma superior, está al alcance de cualquier candidato y por tanto no marca diferencia. Es decir no propone nada, y como no hay nada mas, pide sugerencias a quién pregunta. El programa lo hace el candidato, no quién hace preguntas para ver diferencias entre candidatos.

    Mas preguntas: 1. ¿El candidato es partidario, si o no, por favor, de mantener el actual sistema VOLUNTARIO de jubilación anticipada en las condiciones aprobadas por la JG en 2005? Entiendase mientras no cambie el sistema de financiación
    2. Desde hoy tenemos una visión de lo que será el nuevo sistema de financiación 2011-2015, básicamente consensuado ya. Hay una parte fija que cubre nóminas (es decir el 70-80 % del presupuesto) y el resto (20-30 %) dependerá de unos criterios de "productividad" para introducir la competencia entre universidades. ¿En este esquema que mantiene las nóminas el candidato es partidario, si o no, de mantener en el período 2011-2015 el actual sistema de jubilación anticipada de la Uvigo?Entiendase dentro del marco que va a imponer el Estatuto de PDI, que en su versión de borrador actual establece esta posibilidad pero sin marcar límites y deja su desarrollo concreto a cada universidad.

    Es conveniente saberlo, por si el candidato se convierte en Rector y sus ideas para animar a que no se jubilen los que pueden no funcionan. Si todo lo que puede decir sobre la causa de las jubilaciones de Peritos, desconociendo su historia, es lo que dice, apañados estamos. Hasta no hace mucho era un centro sin ninguna posibilidad investigadora (por tanto sin sexenios, sin tramos autonómicos de excelencia, sin "desgravaciones" en POD por otras actividades que las docentes, con hasta no hace mucho 12 horas/semana de docencia (plena) mientras los demás estabamos a 8 horas/semana, etc. etc.) ¿Cuántos de esos profesores de los que habla no se hubieran jubilado por reducir la docencia por edad, pudiendo jubilarse como lo hacen con el 100 % de un sueldo que ya les es casi imposible aumentar? Pregúntelo.

    ResponderEliminar
  6. Estimado:
    Grazas pola entrada, de novo. Mira, que eu pregunte por suxerencias, en si mesmo non me parece criticable. Se estou visitando os centros non é para "vender" un programa feito, iso toca en campaña. É máis ben, para recoller opinións e suxestións. Para min foi importante este traballo, e tamén gratificante. Insisto en que o que me poda aportar, fágao, por favor, por ben da Universidade.
    Vou manter, si, a xubilación anticipada nos termos nos que está na actualidade, sen dúbida. Canto aos profesores de peritos, teño reunión con eles o martes 16 ás 10:00 da mañá e xa lles vou preguntar. Con todo, teño as miñas dúbidas de que as causas de que decidan adiantar a xubilación sexan linealmente as que vostede expresa, penso que hai outras máis importantes. A vaga de xubilacións anticipadas resposta a cuestións máis conxunturais, de como perciben a situación. O cambio ao EEES. As incertidumes de onde van dar clase en dous anos se seguen.
    En xeral, falla na nosa institución certa sensación de pertenza. E de coidado á xente que se vai xubilar o que se xubilou. Máis en xeral, políticas de benestar: acción social, máis investimento en Seguridade Social complementaria, o establecemento de certos dereitos corporativos...En todo caso, coincidirá vostede conmigo en que non é un bo sinal que a xente marche aos 60 anos. Unha cousa é que abramos a posibilidade e outra distinta que a aplausamos como a única posibilidade posible.
    Por iso lle pregunto, con toda humildade: que cree vostede que podemos facer?

    ResponderEliminar
  7. Me alegro de que el candidato haya expuesto claramente su postura sobre la continuidad o no de la actual normativa de jubilación anticipada. Ya sabemos que, en esto, no hace falta cambiar ni estar atentos a la "Siguiente salida" del cartelito.

    No pretendía decir que "esas" fuesen las causas de las jubilaciones de Peritos. "Esas" son las que hay que añadir a las que cita el candidato:"A vaga de xubilacións anticipadas resposta a cuestións máis conxunturais, de como perciben a situación. O cambio ao EEES. As incertidumes de onde van dar clase en dous anos se seguen", que son ciertas. Conozco profesor/es/as jubiladas el año pasado (que no son de Peritos) cuyo último empujón fué tener que iniciar docencia en el grado. El problema en algunos centros es que a las razones generales se unen otras de origen histórico, que hacen que sea muy difícil que se continue en ejercicio con nulas (o casi nulas) posibilidades de incremento del sueldo (primera, no única, razón por la que se trabaja). Por tanto, mientras haya la posibilidad de jubilación con 100 % del sueldo,o se establecen otro tipo de compensaciones o habrá jubilaciones de sesentañeros (y es una pena). ¿Cuáles? A lo mejor no hay muchas mas que la reducción de docencia prevista, pero en ese caso no habrá diferencia entre candidatos (a no ser que el otro no mantenga la jubilación anticipada actual o no proponga la aplicación de los límites máximos de reducción del Estatuto, cuando lo haya). Si es así, esta cuestión dejará de ser interesante como factor de voto. Si hay otras, quienes tienen que proponerlas son los candidatos para que este asunto pueda ser factor de voto. A mí me valen sus medidas:"coidado á xente que se vai xubilar o que se xubilou" si me explica que es esto; "políticas de benestar: acción social, máis investimento en Seguridade Social complementaria", si me dice que partida presupuestaria actual, o nueva en el nuevo sistema de financiación, disminuirá para pagar esto;"establecemento de certos dereitos corporativos" ¿esto qué es? ¿Descuentos en las consumiciones de los bares de las facultades a los sesentañeros que hayan prometido,por escrito, no jubilarse? (perdón por la broma)

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.