Un xa está afeito a que o titular do Banco de España transmita
como certidumes futuras cuestións que non son máis que tomas de postura
ideolóxicas. Que as pensións teñen que baixar no futuro é o que desexan afervoadamente
as clases favorecidas para contribuír aínda menos ao equilibrio social no noso
país. E para iso constrúen un discurso de pensamento circular, no que non caben
outras posibilidades, de tal xeito que anuncian decisións futuras de fondo
calado político como axustes técnicos nos que non cabe outra alternativa.
A demografía está como está, pero hai que buscar
responsabilidades. É un feito certo que no Reino de España as mulleres teñen
menos fillos dos que quixeran ter, as enquisas son teimudas. As mulleres non
poden ter fillos porque non traballan, porque non se avanzou na corresponsabilidade
masculina e porque as políticas familiares, sinxelamente, non existen no noso
país. Que as mulleres teñan unha taxa de ocupación indecente e impropia dun
país desenvolvido ten claras responsabilidades políticas, básicamente desde que
as leis de Igualdade da década pasada se convertiran en casca baleira por mor
das políticas da dereita desde o 2011.
Por otra parte, cabe esperar que as taxas de emprego
melloren cando neste país traballar pague a pena e non se lle poñan os atrancos
tan fortes que hoxendía existen. Non é unha onda de precarización sen fin a que
vai mellorar a taxa de ocupación, senón unha política máis xusta na que se
enfronten os problemas estruturais polos que ás mulleres novas, aos xóvenes en
xeral, ás persoas con responsabilidades familiares, ás persoas sen
cualificacións abondas e a outros colectivos non lles é posible desenvolverse no mercado de
traballo. Algún día voltarán persoas inmigrantes a cachón, para se integrar na
nosa sociedade e para achegar ao seu futuro colectivo.
Cando se defende que as pensións teñen que ser
complementadas con aforro privado se formula unha ameaza preocupante. Saberá o
señor Linde a capacidade de aforro privado que ten a clase traballadora? Fíxose
algo no noso sistema para que haxa sistemas profesionais como en Francia ou en
Alemaña, ademáis de cativos incentivos fiscais? Alguén lle explicou que o noso
sistema de Seguridade Social se edificou sobre os entullos do mutualismo
laboral? Que hai razóns históricas para que nós sexamos máis dependentes das
pensións públicas? Por desgraza, estas cuestións non se explican nas universidades
privadas e nos másters do universo nos que estudan “nosos prohomes”. Por máis que Luis Linde proveña dos corpos técnicos do Ministerio de Economía -habería que revisar o temario das oposicións!-
E logo, se as achegas para o sostemento das pensións non son
suficientes, habería que pedirlle responsabilidades a esta liña política tan
forte de incentivar contratos con custes ou bonificacións nas cuotas de
Seguridade Social e todo tipo de medidas que inciden gravemente nos ingresos da
Tesoureiría Xeral de Seguridade Social. Habería que pensar nunha suba de
cotizacións –por que non se retorna aos tipos de cotización máis agravados por
desemprego dos anos 90, cando menos para os contratos temporais?- ou,
alternativamente, na imposición indirecta, como se fai na Europa civilizada.
Pero non, o modelo económico de Linde é o das Illas Caimán, non o do Norte de
Europa. Así, todo é inelectuable, claro que si.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.