2 ago 2010

UN COMENTARIO RELATIVO A POLÍTICA UNIVERSITARIA


Chegoume algunha mensaxe –e algún que outro comentario- de se non traballaríamos desde Nova Universidade nesta primeira época do goberno de Salustiano Mato. A resposta é que si, por suposto. O que pasa é que aínda non hai un percorrido mínimo de actuación como para facer balanzo. E, por outra parte, aínda non organizamos formalmente os mecanismos de publicidade da nosa actuación.
A finais de setembro vaise celebrar unha asemblea de Nova na que vou pór meu cargo a disposición do colectivo. A miña intención é a de non deixar o liderado polo de agora, por suposto agás que a vontade maioritaria sexa outra.  Pero hai que debatir e recompoñer as responsabilidades de cada quen. Manolo Ramos pediume desenvolver un traballo máis interno –de feito non está en Consello de Goberno-, José Rúas insistiu na necesidade de formalizar e afortalar máis as canles de comunicación coa comunidade universitaria, outra xente ten que ser reubicada…Polo de agora, a efectos institucionais, escollemos para o Consello de Goberno a Margarita Pino e Alejandro Pereira por quenda de elección libre e a Enrique Barreiro, Armando Caballero, Manuel Deaño e Mercedes Vila pola quenda de directores de departamento ou de centro. Ademáis, eu fun nomeado polo reitor, seguindo un vello acordo que únicamente incumpliu Alberto Gago. No sector B, foi elexida polo noso grupo Silvia Rodríguez Ramilo. Asemade asumimos os postos correspondentes en mesa do claustro e comisión electoral. Iso si, todo no marco deste sistema maioritario que prima ao gañador das eleccións desproporcionadamente.
No Consello de Goberno do 26 de xullo intervimos en tres aspectos concretos. O primeiro deles, para criticar que se nomearan dous novos comisionados e se suprimira únicamente un. Ademáis, comisionados permanentes no tempo, non conxunturais. É o xeito de ampliar o equipo pola porta de atrás e non recoñecer que, de feito, é aínda máis numeroso que no 2006. Comprobouse que era mentira que levara AU un equipo máis pequeno que NU, todo o contrario. O que sucede é que nós xa esperábamos esta actuación, únicamente colleu por sorpresa a moitos votantes de boa fe de AU, que outra vez se decatan de que votaron. Neste ámbito, pola contra, agradecímoslle ao reitor que diminúa con carácter permanente as direccións de área, aínda que únicamente no número de seis. Retrucámoslle que aínda había moita marxe. O segundo tema foi unha crítica ao feito de que todos os nomeamentos de membros dos órganos de Administración das sociedades públicas nas que a UVigo ten membros sexan homes, en contra das políticas de xénero que vai esixir de contado a Lei de Igualdade. E, o terceiro, foi un chamamento a certos defectos na convocatoria e na documentación do Consello de Goberno, dos que agardamos que sexan superados en vindeiras convocatorias.
Nestas datas, Salustiano Mato está desenvolvendo un labor moi político do que xa veremos en que se concreta. Como membro do grupo de AU, rectificou en 180 graos as políticas de amortización da presenza física da UVigo no centro de Vigo e iso nos parece ben no que ten de rectificación. Pero xa veremos en que resulta o traballo interno. Polo de agora, hai que darlle unha marxe de confianza e desexarlle ao novo reitor os maiores éxitos. En particular, no plano de finanzamento, no que as propostas da Xunta son arrepiantes, impropias dunha Administración Pública que ten respeto ao Espazo Europeo de Educación Superior. Por certo, outra vez queda clara a nefasta política da UVigo na xestión de persoal, que fai que na actualidade esteamos catro puntos por debaixo da media estatal en gasto en capítulo 1. A ver como nos achegamos agora a media! Hai que esixirlle ao goberno que concentre os seus esforzos nos centros e grupos menos favorecidos. E que deixe dunha vez ese discurso falaz da competitividade. Na nosa Universidade, a mairoía non compite porque non pode, non poir desleixo.
Non son tempos aínda dunha oposición activa. No outono daremos sen dúbida unha rolda de prensa, xa co mantato máis en marcha. Polo de agora, deixo Vigo por un par de semanas para achegarme á Mariña, á ría da que Ramón Piñeiro se fixo fillo adoptivo xa hai anos. Como se lle bota de menos, nestes anos de enxurrada do nacionalismo español!

3 comentarios:

  1. Os agradezco la información de la actividad universitaria desde vuestro punto de vista y que sigáis ahí con vuestra presencia y labor en todos los foros.

    ResponderEliminar
  2. NU ya ha ratificado a su lider (Faro de Vigo de hoy). Vuelvo a insistir. Si este blog es de temas "profesionales" y se mezcla con temas de oposición a la gestión de AU se produce un popurri confuso que invita a no leer. ¿No conviene otro de NU en el que sigamos y opinemos(los que no estamos en los órganos) la labor de oposición. Diga lo que diga NU en los años anteriores ni hubo oposición apreciable, ni la que hubo fue pública. Hay bastantes escépticos que convencer, para que la diferencia de votos reales se invierta.

    NU ya ha tratado el asunto, en CG y en la prensa, de los nuevos cargos creados por la puerta de atrás, pero no entra en el análisis. ¿Qué función tiene la Coordinación Interna, análoga a Vicerrector? ¿Es algo mas que un pago por el trabajo "sucio" para lograr la acumulación de mucha gestión, que, por desgracia (¿que tendrá que ver?), ayuda para la acreditación de catedrático/a? Si era necesario este cargo ¿por qué no nos hablaron de sus funciones, necesidad, etc. en la campaña, la web de AU, etc.? ¡ Ahí va, los donuts! ¡ Ahí va, la coordinación ! ¡ Que nos hemos olvidado !

    ResponderEliminar
  3. Leva vostede moita razón no tema do blog. De feito, a reunión do mércores foi básicamente de estratexia de oposición. E xa está un novo blog de Nova Universidade (http://novauni.blogspot.com). Este fin de semana vou facer unha entrada na que bifurco este blog e o de Nova Universidade. No meu vou falar de temas que me interesan como estudoso sas relacións laborais e algún comentario persoal meu de política universitaria, pero meu, no do meu grupo.
    Canto ao tema dos comisionados, hai unha valoración dobre: a que fixemos explícitamente no CG e nos meios no caso de Ana Graña e a de contidos que prantexas. Abonda con engadir que, sen falar de persoas (non teño nada que obxectar á persoa escollida) o método de engordar o equipo de goberno é contrario á ética pública e democrática. No tema dos contidos, o noso equipo levaba unha vicerreitoría de coordenación, na persoa de Alfonso Lago. Desde a miña perspectiva, coordenación é un traballo ben amplo, nas dimensións de coordenación do equipo en si mesmo e asunción das políticas transversais de varias vicerreitorías. Nesta proposta nosa, non me sinto lexitimado para contestar o cometido de coordenación, aínda que levas razón en que AU non rendeu contas suficientemente.
    Con todo, hai un novo comisionado que si vai ser obxecto de certo comentario no Consello do Goberno do vindeiro mércores. O xoves haberá información no novo blog.
    Agradézoche moito o teu interese, saúdos.
    Jaime

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.