6 jun 2010

FOLGA, CONCERTACIÓN SOCIAL E OUTRAS CUESTIÓNS

Hoxe non puiden respostar a un comentario, feito por Luisa, por algún problema do blog. Fágoo nesta entrada, para dicirlle que, por suposto, os recortes salariais do decretazo nos afectan, tanto ao persoal funcionario canto ao persoal laboral da Universidade de Vigo. Teño moitas dúbidas de se é acertada a convocatoria para o día 8 martes. O día 16 se vai aprobar a reforma laboral, seguramente por Decreto lei, e iso vai provocar unha folga xeral. Neste contexto, quizáis o máis axeitado sería agardar á reforma laboral e convocar unha única folga xeral, coa posibilidade de acadar o mesmo nivel de éxito que nas folgas xerais de 1988 e de 2002.

Noutra orde de ideas, hai que pedirlle ás partes sociais un esforzo máis para que a reforma sexa por consenso. E ao Goberno unha pinga máis de paciencia. As pontes non están rotas aínda e a presa é relativa. Hai unha frase atribuída a Berlusconi –non creo que o pensamento deste líder dea para tanto- na que se expresa que os gobernos fortes lexislan, os febles concertan socialmente. Eu prefiro neste contexto un goberno máis feble, que non impoña reformas laborais. Pero que teña a capacidade de aturar as presións das institucións neoliberais e das organizacións do pensamento único. É certo que o noso sistema normativo laboral precisa de reformas. O que resulta máis dubidoso é que as que se precisan sexan as que se están publicando nos xornais e noutros medios de comunicación.

Presa para que? Para facerlle o traballo á dereita e que, cando chegue ao poder –se é que non o conseguimos evitar- xa leve os deberes feitos, como sucedeu no bienio 1994-96. As reformas, para seren efectivas, precisan de máis reflexión, menos urxencias e menos presas. No fondo dunha crise económica non hai o acougo suficiente como para pór a maquinaria lexislativa en funcionamento.

É certo que hai medidas urxentes, de estímulo de emprego xuvenil e de estímulo de mantemento do emprego. Pero as reformas máis estruturais poden agardar aínda un par de meses máis. As de verdade efectivas –as que non serven para venderlle cousas feitas ao ECOFIN, á OCDE ou ao FMI- deben ir na liña de incrementar a flexibilidade interna, a cambio dun máis forte control nos mecanismos de contratación laboral. Entre outras, plantexar sistemas máis acaídos de modificación das condicións de traballo en situación económicas desfavorabeis, propiciar suspensións de contratos como alternativas a despedimentos e, en xeral, admitir con algo máis de marxe procedementos flexibles de inaplicación conxuntural do convenio colectivo. Pero entrar nestas reformas require, desde logo afectar á columna vertebral do noso sistema. E paciencia, repouso e pouucas presas.

As presas vannos condicir sen dúbida a unha folga xeral, á que lle desexo, desde logo, o maior dos éxitos. Eu vou estar nesta folga, sen dúbida.

8 comentarios:

  1. economia aplicada7 de junio de 2010, 17:12

    La dirección de la UVigo ha resuelto una serie de medidas organizativas para esta convocatoria de huelga, que seguramente repetirá para la próxima general:
    - Resolución de servicios mínimos, que parece no ajustarse a lo dispuesto en el DOG por la Xunta
    - Resolución de la Secretaría General sobre control de asistencia a la huelga, como continuación a la resolución rectoral al respecto. Este control de asistencia supuestamente se basa en una ley de 1977 y en el Estatuto básico del empleado público.

    Se está comunicando al PDI, el día anterior, Y POR VIA E-MAIL, la obligación de firmar en una lista SI SE ASISTE a las obligaciones habituales diarias.

    Como siempre, no parece que las centrales sindicales, que deben defender los derechos del PDI en la Junta de PDI,vayan a hacer nada.

    Por tanto Nova tiene la oportunidad de decir, públicamente, y hacer y/o promover algo al respecto, de cara a ésta y sobre todo jornadas venideras jornadas de huelga

    -Dado que no es norma habitual que el PDI fiche o firme diariamente, ¿se puede comunicar tal obligación anormal por vía e-mail, sin la seguridad de que cada destinatario reciba la comunicación, porque no lee a tiempo el correo, etc. etc.?
    - ¿Se puede, en estas condiciones, afectar al sueldo del mes de Junio de quien no haya firmado, dando por supuesto que quien no lo haga es que está de huelga?
    - ¿es responsabilidad de cada PDI firmar o no firmar, cuando no hay esta norma habitual establecida, declarando si está o no de huelga, o debe ser la propia estructura de servicio (decanos, directores, etc.) quienes lo averiguen e informen al respecto?
    - La ley de 1977 citada y el Estatuto básico ¿detallan como se debe proceder al control de asistencia?
    - ¿Está la secretaría de la UVigo capacitada para establecer el procedimiento que se le ocurra?

    ResponderEliminar
  2. Ola, resposto ás preguntas en nome propio, non de Nova Universidade. Si na miña condición de catedrático de Dereito do Traballo:
    1º.- Descoñezo a orde de servizos mínimos da Xunta. Xa que logo, se a resolución da UVigo se axusta á mesma. É ben sabido que o reitor non ten competenza para fixar servizos mínimos, pero si para un labor de complemento técnico que ten que facer en desenvolvemento da Orden gubernativa da Xunta.
    2º.- Os que opten por ir traballar e non se sumar á folga poden ser obrigados a asinar o día de folga. O que non e posible é pedirlles aos que exercen un dereito fundamental é que fagan constar o exercicio do dereito. Pero si poñerlle cargas aos que non se suman, porque estes non exercen un dereito fundamental. Non vulnera, por tanto, o dereito de ninguén esixirlles o día de folga un gravemen aos que traballan, que pode ser, desde logo, unha sinatura. Sen perxuíxo, por suposto, de que os decanos ou directores poden ter responsabilidades ao respecto. Pero, aínda que de ordinario non se asine, é lexítimo esixir a sinatura un día de folga, aos que non exercen o dereito.
    -Nen o RD-lei 17/1977, do 4 de marzo nen o EBEP -Ley 7/2007- establecen un procedemento concreto de control de asistenza. Nestas circunstancias, a parte empregadora o pode establecer, sempre que non vulnere o dereito fundamental de folga.
    -Cabe, claro está, deducción de haberes a funcionarios e laborais en folga. O procedemento non semella incorrecto, máxime se se lles recoñecen aos servidores públicos sistemas de reclamación individual para o caso de que haxa erros.
    Todo o que dixen, claro está, está recollido de doutrina xudicial. Penso que o procedemento de secretaría xeral, neste caso, e á marxe de se os servizos mínimos están ou non ben fixados, foi correcto.
    Por moito que esta resposta poida defraudar, penso que é veraz.

    ResponderEliminar
  3. economia aplicada8 de junio de 2010, 12:29

    Gracias. Sólo una duda. Acudir a trabajar ¿no es un derecho fundamental?

    ResponderEliminar
  4. Non, ten a condición de dereito dos cidadáns, regulado no art. 35 da Constitución. Por tanto, non na sección 1ª, cap. II, Tít. I, que é onde se recollen os dereitos fundamentais, entre eles o de folga -art. 28.2-.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. no acabo de entender muy bien la diferencia entre firmar y no firmar. me explico, si firmas es que claramente no ejerces tu derecho a la huegal. pero como tu dices nadie te puede obligar a firmar si lo haces; entonces, que significa no firmar: que vas a la huelga o que como nadie te puede obligar estas en un limbo del si o del no?. supongo que será una sutileza jurídica, pero no me entra muy bien.
    por otra parte, las famosas hojas recogen datos personales de los que no fueron a la huelga, entre ellos justamente ese, que no fueron a la huelga. con ellos se confecionarán ficheros, que luego se tratarán para lo que sea (entre otras cosas para que todo el mundo sepamos quien fue o no fue a la huelga). que yo haya visto, en las hojas no habia información sobre eso,a pesar de quela lopd es taxativa en ese punto, sobre todo cuando se relaciona con un derecho fundamental. bien por la sx.
    otrosi digo, la sx (ilegalmente, segun opinion unanime de la doctrina del ts y del tc) fijó unos servicios mínimos inferiores a los de la xunta. por ejemplo, la xunta obligaba a abrir los registros y la sx no. que hubiera pasado si el funcionario de turno hubiese hecho caso a la sx y no hubiese ido a trabajar? tengo entendido que no cumplir los servicios minimos puede ser causa de despido justificado ... y que pasa con un pdi decano au que no cumple los servicios mínimos?

    ResponderEliminar
  6. A sinatura é un mecanismo de control. Se non asinas, a Universidade pode presumir que exerciches o dereito de folga. Pero, evidentemente, podes acreditar que non foi así.A Universidade ten que admitirche outros medios de proba.
    No que se refire á posible infracción da LO 15/1999, a Universidade de Vigo non pode utilizar os datos para outra cousa que non sexa o descontamento de haberes. Houbo neste tema un feixe de sentenzas relativas a certa empresa que empregou o dato de descontamento da cuota sindical para facer o descontamento de haberes por folga. O Tribunal Constitucional declarou que esa conduta vulneraba o dereito fundamental do art. 18 da Constitución e a Axencia de Protección de Datos impuxo unha sanción por infracción moi grave. Por tanto, as follas de sinaturas de onte non poden valer máis que para os descontamentos da folga de onte, para nada máis.
    Finalmente, o tema de se a sx cumpriu ou non a Orde da Xunta eu o descoñezo. Se é como comentas, pode incurrir, desde logo, en responsabilidade patrimonial. Se cabe acción disciplinaria contra a sx., tería que coñecer mellor os datos.

    ResponderEliminar
  7. Aclaración al Anónimo del 8 junio a las 22:55
    respecto a los Servicios Mínimos de la Universidad:
    En la relación de puestos de trabajo de Personal de Administración y Servicios designados como servicios mínimos el día 8 (y que envió la Gerencia a todas las Unidades de PAS) figura expresamente, entre otros puestos: 1 auxiliar administrativo en cada uno de los cuatro Registros existentes (Rexistro Xeral, Rexistro Campus Histórico, Rexistro Campus Pontevedra, Rexistro Campus Ourense).
    No se puede decir tan alegremente que no se dictaron en este sentido los servicios mínimos obligatorios, señalados por la XUNTA, y que estaban previamente negociados.

    UN PAS que pide que se conozcan bien los datos antes de hacer correr bulos

    ResponderEliminar
  8. para anonimo del 10 de junio

    i) lo unico que recibimos todos en esta casa referente a los servicios minimos (o algo parecido) fue un escrito de la sx donde NO viene el personal de los registros. Éstos solo vienen fijados en el decreto PUBLICADO EL VIERNES DIA 5 (esto es, CUATRO DIAS DESPUES del citado escrito). si se lo ahn enviado a las unidades del pas, como si se lo envian a los pingüinos del polo sur. O es que los compañeros del pas tienen más derecho que los profesores y alumnos a enterarse de los servicios mínimos? espero que nadie entre en ese juego de divisiones; puede llegar a ser muy peligroso. Y si no al tiempo.
    2) ultimo párrafo "no se dictaron en este sentido ...". Señor pas quiere decirme quien o en nombre de quien puede la secretaria general de la universidad de Vigo fijar los servicios minimos de una huelga, cuando le han dicho por activa y por pasiva que ni el rector, ni el gerente ni todos los santos del cielo o del infierno que trabajen en la universidad puede hacer semejante cosa? con lo que ha cobrado en cuatro años (la sx, claro) no se ha enterado que no puede hacer eso? Claro, como en los juicios cuando hay que pagar costas ella no los paga, que nos las endilgan a todos así seguimos. y seguiremos mientras haya quien l diga "que buena eres"

    Esposbile e incluso probable una huelga general dentro de unos meses. cuando nos fijen servicios mínimos para todos, ya protestaremos. y recordaremos este dia.

    por cierto, no se ha enterado de que (según el tribunal supremo) al no ser los servicios de la universidad considerados como esenciales, no se puedin fijar servicios minimos? por que no pide eso a la señora sx.

    se peude seguir más, pero no merece la pena. ni las "autoridades", ni los sindicatos ni el personal protestan, no voy a ser yo el que tire del carro.

    ahi os quedais

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.