20 jun. 2010

TOMA DE POSESIÓN DO REITOR


O venres non estiven na toma de posesión de Salustiano Mato por compromisos previos que adquirira. Non é que eu sexa moi amigo de protocolos, pero a miña ausencia non foi nada política. Deséxolle, por suposto, éxito na súa xestión. E téndolle a man nesta primeira etapa para camiñarmos xuntos, na medida na que teña a ben incorporar á súa executoria as inquedanzas e os obxectivos estratéxicos que nós defendimos, defendemos e defenderemos.
Xa que logo, non escoitei as súas verbas. Iso si, leín os xornais. E o que leín non me gustou: o mesmo ensoberbecemento de sempre, a mesma insensibilide para os desequilibrios que ten a Universidade, a mesma teima da competitividade sen ter en conta a situación de partida, o mesmo desprezo á por eles chamada “ineficacia” –eludindo, por suposto, a pregunta de por que moita xente non é máis eficaz-. Claro que non hai que achacarlle en exclusiva ao novo reitor esa mensaxe. Ata vai parecer que o reitor saínte foi un gran reitor!
É por iso que enxergo certo desencontro. Porque a afinidade de pensamento que manteño co novo equipo se me semella moi pequena . Hai que manter a dignidade da nosa institución e sermos, cada vez máis, como os “brancosos” do Eloxio da Dignidade de Saramago: esa onda cívica inmensa de xente da que se sospeita sistemáticamente polo seu afastamento dun  poder cativo e miserento.
Porque aínda que sexamos unha Universidade inxusta non podemos connvertirmos nunha institución envilecida.

3 comentarios:

  1. Comparto a túa visión. Máis do mesmo na toma de posesión. Outra Universidade é posible.

    ResponderEliminar
  2. E a quen lle importa que foses ou non á toma de posesión. Foi un día de festa na Universidade e por iso só debe ir xente predisposta a disfrutar. Eu estiven alí e foi un acto emotivo. Por certo, Gago estivo moi brillante.

    ResponderEliminar
  3. Pois a verdade é que tería ido. O primeiro que fixen cando me chegou a convocatoria foi disculpar a miña ausencia. Eu vou a moitas cousas non por disfrutar, senón porque creo que debo estar. Levas moita razón en que non che ten que interesar que eu vaia ou non, tampouco as miñas opinións, desde logo.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.