8 nov 2010

NON TODA A UNIVERSIDADE DE VIGO LLE DEU A BENVIDA A BIEITO XVI. EU NON, DESDE LOGO

Con moita mágoa e tristura seguín de lonxe a visita do Papa Bieito XVI a Compostela. Non tiña pensado redactar ningunha reflexión expresa no blog porque os sentimentos que tiven antonte e onte foron de caste individual, de abatemento, afastamento cósmico deste personaxe e expulsión da Igrexa Católica. Eu son desta multitude que algún día militamos na Igrexa de Cristo e que a amamos pola súa capacidade integradora. Pero que hoxendía non a recoñecemos, como institución intransixente, excluínte e enaxenada. Son todos estes pensamentos individuais que non lle teñen que interesar a ninguén.
Pero esta mañá me remitiron o artigo de opinión que o noso estrambótico reitor Mato de la Iglesia publicou o venres 5 de novembro no ABC. Facendo honra do seu segundo apelido –non me consta nen me interesa nada a súa adscrición á Igrexa, tampouco se se chama ou non con xeito- expresa que “la Universidad de Vigo le da la bienvenida a Benedicto XVI y desea que desde el púlpito de la Plaza del Obradoiro invite a todos los seres humanos a que participen en la senda del conocimiento…” Quedeime abraiado, dubidei, limpei os lentes dos cristais e outra vez leín o mesmo. Pensei que eu toleara, pero non, noso flamante reitor, líder deste viveiro de progresía denominado “Alternativa” e “Universitaria” daba a benvida ao Santo Padre. Non, non lle daba el a benvida, lle a daba a Universidade de Vigo. Ou tanto ten, se recoñecemos que Mato é o ente fundante da nosa institución.
O asunto ata podía ter graza, se non fose polo personaxe ao que lle damos a benvida. Cada pensamento seu é unha lapa de intolerancia, unha onda de exclusión e de rexeitamento aos excluídos. Abonda con reproducir a seguinte pasaxe da súa homilía na Sagrada Familia para pór de manifesto por que unha Universidade pública, democrática e que postula a igualdade como un dos seus sinais de identidade endexamáis pode darlle a benvida ao Papa Ratzinger:
…Por eso, la Iglesia aboga por adecuadas medida económicas y sociales para que la mujer encuentre en el hogar y en el trabajo su plena realización; para que el hombre y la mujer que contraen matrimonio y forman una familia sean decididamente apoyados por el Estado; para que se defienda la vida de los hijos como sagrada e inviolable desde el momento de su concepción; para que la natalidad sea dignificada, valorada y apoyada jurídica, social y legislativamente. Por eso, la Iglesia se opone a todas las formas de negación de la vida humana y apoya cuanto promueva el orden natural en el ámbito de la institución familiar”.
Abondan os comentarios. Os que creemos nunha sociedade igualitaria, na que mulleres e homes teñen o mesmo status de cidadanía e as mesmas arelas de se realizaren, as pautas que propón Bieito XVI son, sinxelamente, inaceptábeis. Os que non temos sentimentos homofóbicos non podemos considerar un líder a Ratzinger. Os que pensamos que todas as familias deben ser protexidas, tamén as monoparentais e as que son froito do amor, e por suposto as homosexuais. Porque, aínda que moitos o queiran negar, estas tamén son familias sagradas, ou sagradas familias, tanto ten. Que deben ser protexidas polos que teñen unha mínima vocación democrática.
Pero o noso reitor abrazafarolas perdeu a capacidade de discernimento. Non penso que o culto, o pensador, o filósofo Ratzinger encarne os valores dunha cultura democrática xenuínamente universitaria. Por moitas cátedras eruditas que desenvolvese na súa vida. Mágoa que a Mato da Eirexa non lle deixara un anaquiño de alfombra bermella neste sarao!

3 comentarios:

  1. Querido Xaime:

    Tiña de vostede unha opinión de persoa intelixente, culta , preparada, cun bagaxe cultural importante, somos compañeiros de carreira en Santiago pero de promocións diferentes e non podo estar máis de acordo coa súa opinión de a figura de Bieito XVI, non me paro na súa vertente relixiosa posto que como ateo, nin quero nin me corresponde xulgala pero si na súa vertente secular en tanto en canto que vertebrador de opinións que TRATAN DE CERCENAR, SUPOÑO QUE POR IGNORANCIA AUNQUE ÚLTIMAMENTE DEBEN SER QUE XA PERDÍN O PETER PAN QUE LEVABA DENTRO E CREO QUE SINXELAMENTE É MALA FÉ, DEREITOS QUE XA DEBERÍAMOS TER CONQUERIDOS FAI MOITOS ANOS, DEREITOS POLOS QUE EN MOITOS PAISES DO MUNDO, MULLERES,GAYS , LESBIANAS E TRANSEXUAIS TEMOS DADO NO MÁIS FEBLE DOS CASOS CON PALIZAS, ATROPELLOS A NOSA INTEGRIDADE FÍSICA E PSICOLÓXICA E A NOSA DIGNIDADE COMO PERSOAS E NO MÁIS GRAVE DE ESES CASOS COA VIDA,
    Si de algo me enorgullezo de realizar os estudios xurídicos na facultade de dereito da universidade de Santiago e polo carácter universal e non excluyente que ten a propia idea da universidade, cosa que non se pode decir por outra banda dalguns dos seus docentes de determinadas disciplinas non vou a decir nomes pero todos sabemos quen, que si están de acordo con estas doctrinas alienadoras( repito de carácter secular) de o pontífice.

    Como se pode negar o status de cidadanía a un porcentaxe da poboación é quedarse como si cosa non fose con un.

    Pasarán anos, séculos cecais, pero todo esto se verá como un retroceso no devenir da humanidade, supoño que despois será cando un novo papa no século XXII pida perdón as mulleres, os homes calesquera que sexa a súa orientación sexual, os fillos/as de esas FAMILIAS aos que ninguneóu, rechazou e afastou da súa condición de persoa entre os cales me incluo.

    ResponderEliminar
  2. Discrepo. El rector no perdió su capacidad de discernimiento. No se puede perder lo que no se tiene.

    Ya que el rector dió la bienvenida a BXVI en nombre de TODA la UVigo, no en el suyo, ¿no es conveniente que TODA la UVigo lo sepa? No puedo encontrar el artículo (o lo que sea en el ABC). ¿Podríais incluirlo en la web de NU, con o sin comentario añadido?

    Por mi parte, lo único que se me ocurre sobre semejante bobada es que el rector (que representa a una entidad cuyo fin es la cultura)esté dando la bienvenida a una persona culta, que tiene conocimiento, que habla varias lenguas, etc., es decir, independientemente del carácter religioso. El problema está en la cantidad de personas muy cultas que a lo largo de la historia han dado soporte intelectual a grandes aberraciones. P. ej. la gran cantidad de juristas alemanes muy cultos y de mucho prestigio (alcanzado antes de 1933) que dieron soporte teórico jurídico a lo que fueron las barbaridades nazis (afortunadamente juzgados en Nuremberg). Y aunque todo el mundo tiene un pasado mas o menos oscuro, el de Ratzinger es haber pertenecido a las juventudes hitlerianas. La juventud marca y siempre queda algo.

    ResponderEliminar
  3. ¡Qué bárbaro! Perdió la sesera ese rector, desde luego. Claro que estan los tiempos como el tiempo, temporal de olas de diez metros, y quien se resiste? : los mercados exigiendo tumbar los derechos laborales, la iglesia contra el laicismo agresivo y por el dominio patriarcal, la prepolítica electoral por la xenofobia y el racismo...En fin, amigo Cabeza, mis felicidades por esos párrafos tan claros como contundentes.

    ResponderEliminar

Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.