9 oct 2009
permiso de paternidade
Quixera salientar este fito. É unha das poucas iniciativas que ten o noso dereito de corresponsabilidade dos pais -varóns- no coidado da familia. É certo que ten moitas eivas e que o Reino de España é un dos Estados comunitarios con políticas menos desenvolvidas. A técnica normativa é mala, porque non incide noutros obxectivos desaxables, como o de que os pais teñan máis habilidades dométicas e se responsabilicen, de verdade, do labor de coidado. As vindeiras iniciativas legais deberían ir da man de recoñecer prestacións de Seguridade Social por excedenzas e gardas legais -aínda que recurtando a súa duración- e, ao mesmo tempo, establecer reservas para o pais -"daddys' months"- para que se fagan cargo do fogar cando as súas parellas estean traballando.
E, por riba de todo, mellorar a cantidade e calidade das prazas de gardería e de centros de día. Hai que ter en conta os obxectivos do Cumio de Barcelona do 2002, dos que en Galicia estamos lonxe, moi lonxe.
4 oct 2009
Presentación de libro
Os profesores da Universidade de Vigo Jaime Cabeza Pereiro e Marta Fernández Prieto presentaron o texto A relevancia da idade na relación laboral e de seguridade social que é o resultado de tres anos de investigación dun proxecto de internacional que conta co aval de expertos da OIT e de ser editado por Aranzadi, primeira editorial no ámbito xurídico.
A tan anunciada estratexia europea de retardar a idade de abandono do mercado de traballo, así como o feito de que se veu incentivando a xubilación e a necesidade de substitución de persoas sen exceder os 65 anos, no canto de fomentar a súa continuidade no mercado ante un latente problema coa viabilidade da seguridade social; son algunhas das cuestións que se abordan con rigor e exhaustividad neste manual. "O abandono do traballo e a xubilación anticipada foron potenciados. Como regla a idade real de xubilación non coincide cos 65 anos, é antes", explica Cabezas. E isto é "máis evidente no caso da muller que por conciliación da familia e a súa vida laboral abandona antes o traballo. Elas han de coidar de fillos, pares e ascendentes", por iso é polo que noutros países europeos son os 60 anos a idade de xubilación no caso das mulleres.
Os autores sinalan que os traballos que polas súas propias características son de maior perigo e que teñen unha repercusión directa na saúde do traballador non deben prolongarse senón que mesmo antes, en función dos anos cotizados, debe deixarse ese tipo de emprego.
Os mozos son outro foco de atención do estudo nos que se dan uns estereotipos moi marcados de pensamento socialmente aceptado e que supón unha desprotección para este grupo. É dicir, "admítese, entre outras cousas, que o salario é inferior", apunta Marta Fernández.
A relevancia desta publicación radica na oportunidade e necesidade de abrir debate sobre a temática das súas liñas e tamén na capacidade que tivo o grupo de investigación de aglutinar aos xuristas máis notorios desta área de coñecemento pero tamén de ser un traballo multidisciplinar que contou con achegas de autores como o profesor Vaqueiro de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. O grupo conta cun libro precedente cuxa coordinación correu a cargo da Universidade de Xirona.
Este título aborda unha zona de "nebulosa" segundo sinalan os seus autores sobre a discriminación, pois son moi coñecidos casos que teñen relación con variables como o sexo, a relixión ou a ideoloxía pero non coa discriminación por idade. Os medios de comunicación fanse eco de situacións onde houbo discriminación sexista que son noticia habitual pero non así de procesos que se refiren a unha práctica que teñen que ver con despedimentos por ter unha idade non conveniente para un posto por parte do empresario ou dirección dunha organización.
2 oct 2009
30 sept 2009
29 sept 2009
De fichaxes estrela e espectación
9 sept 2009
ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN CANDIDATURA
BOLOÑA, OPORTUNIDADES PARA DOCENTES E ALUMNADO
POLÍTICA PAS, PROPOSTA DE CAMBIO
26 jun 2009
24 jun 2009
20 jun 2009
Encontro con Maria Emilia Casas, Presidenta do Tribunal Constitucional


O Faro de Vigo recolleu a noticia nas súas follas.

3 may 2009
Currículo profesional

LÍDER DE NOVA UNIVERSIDADE E CANDIDATO A REITOR POLA FORMACIÓN NOVA UNIVERSIDADE

. Nado en Barcelona, o 5 maio 1967.
. Casado, é pai de dúas fillas e un fillo.
. Licenciado -1990- e doutor -1993- en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Coa tese “La buena fe en la negociación colectiva”.
. Profesor da Universidade de Vigo desde outubro 1993. No 1996 accede ao corpo de profesores titulares de Universidade.
. Desde decembro do 2000, pertence ao corpo de Catedráticos de Universidade.
PRINCIPAIS LIÑAS DE INVESTIGACIÓN.-

-Non discriminación por sexo-xénero e por idade nas relacións laborais.
-Liberdade sindical e representación das traballadoras/es na empresa.
-Desemprego e xubilación.
-Políticas sociais comunitarias.
TRAXECTORIA ACADÉMICA.-
. Investigador principal en varios proxectos financiados polo Ministerio de Educación, pola Xunta de Galicia e pola Universidade de Vigo.
. Director de dous módulos europeos Jean Monnet, de Dereito Social Comunitario e de Conciliación de vida persoal, familiar e laboral.
. Profesor invitado en varias Universidades europeas e latinoamericanas, e asemade noutras institucións internacionais.
. Relator en varios congresos nacionais e internacionais.
. Maxistrado suplente na xurisdicción social.
. Participei como redactor de certos borradores de proxectos de lei, en materia de igualdade e non discriminación.
. Árbitro de eleccións sindicais e de conflitos colectivos.
. Presidente de varios convenios colectivos.
. No eido do emprego público, teño asesorado a diversos Concellos na súa xestión de persoal.
. Teño elaborado numerosos informes e ditámenes para entidades diversas, públicas e privadas.
. Son titular da Cruz da Orde do Mérito Judiciario do Trabalho do Brasil.

CABEZA PEREIRO, Jaime, La buena fe en la negociación colectiva, 1995.
CABEZA PEREIRO, Jaime, Situaciones legales de desempleo por extincióndel contrato de trabajo, 1996.
CABEZA PEREIRO, Jaime, La extinción del desempleo, 1997.
CABEZA PEREIRO, Jaime y LOUSADA AROCHENA, Fernando, El nuevo régimen legal del contrato a tiempo parcial, 1999.
CABEZA PEREIRO, Jaime, El descuento de la cuota sindical, 2002.
CABEZA PEREIRO, Jaime y RABANAL CARBAJO, Pedro, El recurso de reposición y súplica en el orden social, 2003.
CABEZA PEREIRO, Jaime, La pensión de viudedad, 2004.
CABEZA PEREIRO, Jaime, Las elecciones sindicales, 2009.
ARTIGOS E OUTRAS COLABORACIÓNS.-
No referente a artigos, non sei cómo destacalos. Escribín máis de cen, e unha vintena de capítulos de libro. Ademais coordinei cinco libros e escribín algún capítulo para libros colectivos.
ASESORÍAS E OUTROS.-
Fixen asesorías, informes e convenios colectivos para varios concellos, como os de Monforte, Arzúa, O Grove e Pontevedra.
Tamén traballei en informes bastante relevantes -case todos eles publicados- para institucións públicas, como o Ministerio de Traballo, a Consellería de Traballo, o Consello Galego de Relacións Laborais, a Comunidade Autónoma de Cantabria ou a Escola Galega de Administración Pública.
De igual xeito, colaborei en diversos proxectos con para organizacións sindicais e para diversas entidades privadas (empresas de automoción, fundacións, empresas do metal ou empresas químicas).