
Hoxe foi un día intenso e cheo de cousas interesantes. Recibimos na Facultade de Ciencias Xurídicas a Maria Emilia Casas, a Presidenta do Tribunal Constitucional, que despois de pedir un minuto de silencio polo
atentado de onte en Bilbao, fixo unha interesante exposición sobre o dereito á
folga. Para os organizadores do Master Interuniversitario sobre Xestión e Dirección Laboral, foi unha verdadeira honra contar cunha personalidade da talla de Maria Emilia Casas na clausura do mesmo.


É unha verdadeira mágoa que un programa interuniversitario coa calidade do Máster que hoxe se clausurou, vexa peligrar a súa continuidade pola deixadez do equipo de goberno actual na Universidade de Vigo. Ningún membro do equipo de Alberto Gago estivo presente na ceremonia de clausura, nin sequera para recibir á Presidenta do TC.
O Faro de Vigo recolleu a noticia nas súas follas.
Engadir algún comentario sobre a charla.