10 sept 2013
A CONSTITUCIÓN SEGUNDO GARCÍA-MARGALLO
O xefe da diplomacia española ven de expresar no “Foro España Internacional” que a Constitución de 1978 só ten dous artigos, o demáis é literatura. Eses dous artigos son os que expresan que a soberanía reside no pobo español e que a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da nación española.
Un non ten xa moita capacidade de sorprenderse. A Constitución española non é unha boa peza literaria. Tería que recomendarlle ao ministro de Foreigh Affairs un par de libros para que aprendera literatura. Suxírolle que lea a Stefan Zweig como antídoto contra as súas ideas extremistas.
O que sorprende –¡bah, non tanto, xa que García-Margallo milita no Partido Popular!- é que lle pareza literatura a declaración de dereitos fundamentais e liberdades públicas, os dereitos e deberes dos cidadáns, os principios xerais de política social e económica, a organización autonómica do Reino de España…
Por iso a un xa non lle sorprende unha declaración deste tipo. Se García-Margallo estudara Educación para a Cidadanía, que o seu colega Wert lle vai escatimar, sabería que o máis importante que hai no noso modelo de convivencia é sermos un sistema de dereitos fundamentais e liberdades públicas. É o primeiro que eu lles transmito aos estudantes de Dereito na miña aula. Os alicerces da nosa convivencia.
O concepto colectivo de pobo español como depositario de soberanía é algo importante na Constitución. A min non me gusta nada. E menos aínda a “indisolúbel unidade da nación española”. Os dereitos colectivos dos pobos amólanme. Outra cousa ben distinta son os dereitos colectivos dos traballadores ou das persoas desfavorecidas por discriminacións. Con todo, forma parte dun texto que hai que aceptar, porque é o que hai. O que me parece incríbel é que se postule como defensor da Constitución alguén que dí que os dereitos fundamentais son literatura e que se nos considere como sospeitosos aos que aceptamos a ragañadentes a indisolúbel unidade da nación española, pero facemos bandeira de defensa dos dereitos fundamentais como núcleo esencial do noso pacto de cidadanía.
O discurso de García-Margallo é perigosísimo por esencialista, con este cheiro feixista de España como unidade de destino no universal. Hai unha evidente identidade de pensamento entre eses cachorros que exhiben símbolos falanxistas e as declaración do ministro. Que alguén con este pensamento dirixa as nosas relación exteriores é para tremer. Aínda que é un paradoxo que un ministro da cousa exterior fale das relación Cataluña-España.
A min non me gustaría que Cataluña acadara a súa independencia. España sen Cataluña pode ser unha entidade irrespirábel. Quero aos irmáns e irmás catalás, quero a súa historia, a súa literatura e a súa identidade como pobo. Pero admito e defendo que a súa vontade democrática é e debe ser o único fío de pertenza ao Estado español, nunha convivencia cívica e democrática. Non entendo unha obriga de pertenza pola imposición dos demáis. Eu, desde logo, rexeito imporlles ren. Que ninguén diga o contrario no meu nome!
30 ago 2013
LA REFORMA SALVÍFICA
Señora Báñez ha expresado cómo la reforma laboral del PaPo ha salvado un cuarto de millón de trabajadores de perder sus trabajos. Como personas agradecidas que somos, lo hemos celebrado brindando por tanta gente deudora del buen hacer del Partido. Que no se nos eche en cara que brindamos tarde. Estamos aquí, en Praia América, “entre lusco e fusco”, porque antes nos pasamos la tarde haciendo denuncias anónimas de desempleados carotas que hacían chapuzas de todo tipo, la mayoría de ellos vendiendo barquillos y helados por la playa. Pero no estamos satisfechos todavía, nada más acabar el vino bajamos a detener una planeadora del gran empresario gallego Nené Barral, que lleva todo tipo de género a otros países. Seguro que el de la lancha es otro desempleado que cobra la ayuda familiar.
También brindamos por el Comité de Expertos de OIT, que se ve privado de una de sus más egregias personas, que va a concentrar sus esfuerzos en proteger el trabajo decente, la libertad de sindicación y negociación colectiva, la seguridad de los trabajadores, la erradicación del trabajo infantil y del trabajo esclavo y va a luchar contra la discriminación con dedicación exclusiva al Tribunal Constitucional. Porque los principios y derechos fundamentales de la Organización Internacional del Trabajo se han hecho legislación vigente en España con la Ley 3/2012.
Busquen parecidos razonables a los dos sesudos laboralistas de la foto. Lo de que el bajito se parece a Robin Williams está muy visto. Pero, ¿a alguien se le ocurre algo más?
Por cierto, un abrazo agradecido a Manu Grau, autor de la foto.
29 ago 2013
XIX Congreso Iberoamericano de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social
GALIZA NON TEN AUTORIDADE LABORAL
As mobilizacións do cadro de persoal de POVISA en Vigo por mor do estancamento na negociación do Convenio Colectivo deixan outra vez ás claras como entende o "Goberno" galego do Partido Popular o exercicio da súa acción política. Por suposto, eludindo toda responsabilidade e a máis pequena intervención. As declaracións evasivas da delegada da Xunta en Vigo non son máis que o reflexo da inanidade e inutilidade da Consellería de Traballo e Benestar, que deixa sempre que os conflitos se podrezan sen asumir as competencias e as obrigas que lles son propias. Xa dixen máis dunha vez que ao Executivo do noso Mr. Bean lle sobra a Consellería de Traballo...para o que serve.
Neste caso conflúe o dato agravante de que se trata, ademáis, da xestión privada da asistencia sanitaria pública, co que se suman as culpas doutra Consellería ineficiente como é a de Sanidade. Parece que a ninguén lle preocupa que se prolongue unha folga nun servizo tan esencial e estratéxico, por máis que os servizos mínimos se estean a cumplir logo dun puntual acordo verbo dos mesmos entre as partes. Tampouco esta circunstancia perece atinxirlle ás persoas con "responsabilidade política" en materia de saúde. Desde logo, o desentendemento é outra vez sinal do pouco interese que ten a Xunta, mais as impostacións de estar ao servizo de galegas e galegos, polo benestar xeral.
A parte empresarial remitiu ao 15 de setembro a reanudación das negociacións e o comité de empresa anunciou que non se vai sentar a negociar en tanto se manteña a aplicación do convenio provincial. Á espera de que se pronuncie o xuíz do social verbo desta última cuestión, a todas as persoas que teñen o Policlínico como centro referencial se lles pon cara de parvos cando non hai a medio prazo expectativas de pechar o conflito e os "responsables" da Consellería de Traballo están confortablemente sentados nos seus tresillos de San Caetano.
Desde logo que a mediación da Xunta en conflitos, que é legalmente unha das súas máis importantes competencias laborais, non ten efectos miragreiros. Pero si que constitúe, como históricamente se ten amosado, unha das ferramentas máis eficaces para arranxar os conflitos. Sempre e cando haxa implicación real dos políticos, claro está. Por iso, outra vez hai que expresar ben claro e alto a incapacidade, inutilidade, incompetencia e deslealdade coa xente de Galiza do "Goberno" da Xunta. Denunciar que son unha manda de incompetentes e que os cargos políticos non deben estar ao servizo dos seus exclusivos intereses e miserias.
Cunha Xunta eficiente non me cabe dúbida de que o conflito xa estaría resolto hai tempo. Antonte, ao saír da Inspección de Traballo en Vigo, falei con manifestantes da empresa Freire, entre outros co meu amigo Daniel, de CCOO. Era todo un símbolo que se manifestaran diante da Inspección de Traballo e non da Xunta. Porque a Xunta hai tempo que pechou a fiestra dos asuntos laborais. Os traballadores ben saben que a Xunta non lles vai resolver os seus problemas, porque os responsables da política laboral en Galiza non están para servir aos traballadores deste país, senón para servirse deles.
4 ago 2013
LA MALA FE DE LA REFORMA
Me acabo de leer un buen número de páginas del BOE. Como ando ahora sin internet, mañana bajaré a desayunar al pueblo, me meteré en un ciber-café y subiré este pequeño escrito. Mientras tanto, a ver si me duermo pensando en otras cosas, más interesantes. Como el libro que acabo de terminar, “Los desorientados”, de Amin Maalouf. Pasar de él al BOE ha sido un salto demasiado grande. Bueno, os recomiendo leer el libro, que es extraordinario, pero no el BOE. Porque el RD-ley 11/2013 es, exactamente, una mierda. Bueno, por decirlo con más precisión todavía, una mierda sin paliativos.
Esta reforma es ruin, mezquina, miserable, zafia, miope. Y el legislador de urgencia todas esas cosas y además acomplejado, avergonzado, pequeño, insignificante, correveidile, abrazafarolas, meapilas y, sobre todo, muy bien mandado. No cambia radicalmente nuestro Derecho del Trabajo con ella, pero es más feo, menos digno de ser estudiado, menos coherente y menos valioso. ¿Tiene algo de bueno? Sí: la protección social en el trabajo a tiempo parcial. Pero es que ahí no había margen de maniobra, gracias, sin duda alguna, al Tribunal de Justicia de la Unión y al caso Elbal Moreno. Aun así, la nueva versión de la disposición adicional séptima es bastante naive y plantea muchas dudas, resultado del poco rigor con el que está concebida. Pero de esto hablaré en otro momento. Al menos, vale para ir tirando.
Centraré mi pena con esta reforma en tres comentarios. Dejo al margen a los pobres desempleados, a los que se les anima a buscar trabajo en el extranjero, que aquí “ná de ná” y se les carga de burocracia, para mayor gloria de quien entiende a los servidores públicos de los servicios de empleo solo como burócratas. Pero basten tres pinceladas: sobre la nulidad del despido colectivo, sobre los efectos de cosa juzgada de los acuerdos conciliatorios en procesos de conflicto colectivo y sobre la designación de las comisiones de despidos colectivos y demás medidas empresariales.
En cuanto a la nulidad de despidos colectivos, el Gobierno ha escuchado la voz de la Todopoderosa: los tribunalcillos están declarando demasiadas nulidades. Y nada, a podar las nulidades: solo si no hay fases de consultas o si no se transmite la documentación legalmente prevista. Para que no haya dudas, “únicamente” en esos casos. El deber de buena fe, por lo tanto, convertido en una declaración de buenas intenciones. Pero la moraleja consiste en aconsejar a las empresas que se comporten como forajidos, que la buena fe no vale para nada. Porque, si se negocia de mala fe, el despido no es nulo, ni tampoco tiene que ser injustificado. ¿No es así? Bueno, tal vez no como forajidos, pero sí de una forma cutre, de regate corto, de engañar un poquito, de escaquear una información relevante. Vamos…como se ha hecho toda la vida.
Lo de la cosa juzgada en los acuerdos conciliatorios, hasta me parecería bien. Pero tiene su guasa que desplieguen tan solemne eficacia procesal y, sin embargo, si son acuerdos en fase de consultas, no sirvan para nada, ni siquiera para presumir que haya causa. Ya sé que se trata de no implicar demasiado a la empresa en las consultas. Pero desde un punto de vista de análisis de armonía jurídica es junk food. Suena peor que un concierto de Kiko Rivera.
Y luego, el toque melancólico: ese ridículo art. 41 de cómo se designa la representación de los trabajadores interlocutora de la empresa en las modificaciones sustanciales y, por extensión, en todas las fases de consultas. Un legislador de altura tendría que replantearse, de una vez por todas, el sistema de representación de los trabajadores en la empresa. Pero este legislador de urgencia no es de altura ni de bajura. Es, sencillamente, el legislador de las alcantarillas.
19 jul 2013
MURU
Antonte morreu unha das persoas que máis engrandeceron a
profesión de avogado en Galiza, José Luis Muruzábal. Morreu o avogado, o
sindicalista, o home solidario e integrador. Unha persoa auténtica á que nunca lle
faltaron folgos para emprender as causas máis complexas. Coñecino no ano 90,
cando me permitiu acompañalo aos xulgados de Santiago para aprender del.
Daquela a nosa relación foi breve, porque axiña centrei meus esforzos na
carreira académica e a tese doutoral. Quedoume a mágoa dunha relación truncada
pola miña escolla, sen que eu lle dera explicacións abondas.
Pasados os anos, amizades conxuntas nos reuniron de novo. A
xente da CXTG –Burgos, Tellado, Acuña- puxéronnos en contacto para xuntar nosos
esforzos en conflitos imposibles. A miña colaboración desde unha perspectiva
máis teórica de informes constituiu un pequeno apoio –así o creo- nas súas
defensas de colectivos sinalados. Sen dúbida algúns dos asuntos dos que me
sinto máis orgulloso de ter intervido –por
exemplo, no dos veterinarios de AVESGA- foron prantexados e defendidos por el. Aprendeume
que os casos máis difíciles son os que realmente paga a pena gañar. Ou perder,
como tamén nos sucedeu alguna vez –como no caso dos traballadores de LIMEISA-
pero sempre coa convicción de defender unha causa xusta.
A coincidencia de que as nosas donas foran as dúas de
Ribadeo xuntounos algunhas veces no verán para xantar ou pasear. A miña
derradeira lembranza del é diante da Bugalla, o ano pasado, tomando un viño coa
ledicia da enfermidade aparentemente superada. Ese optimismo vital do home que
aínda tiña mil retos que afrontar e outros tantos traballadores que defender.
De feito, aínda lle están chegando recursos gañados no Tribunal Supremo de moitas
cesións ilegais da Xunta de Galiza. Así o puiden ver hoxe cando, distraído,
puxen seu nome nas bases de datos de sentenzas.
Estos meses souben do agravamento desta enfermidade maldita
polo seu amigo Luis Burgos. Non era eu o suficientemente achegado a el como
para entrar na súa intimidade nestes últimos tempos. Ata antonte, cando me chegou
a esperada mensaxe de SMS. Cando menos, os periódicos e internet regaláronme a
súa imaxe unha vez máis. Dese home que contaxiaba optimismo e enerxía.
É case seguro que non vou escribir máis del. Pero tamén que
o meu silencio non será sinal de esquecemento, senón de mágoa pola perda dalguén
ao que moito admirei. E de mágoa de non terlle aceptado algún dos proxectos nos
que me quixo embarcar. Morreu o home, pero fica en pé o símbolo. E a miña
memoria será teimuda. Penso que a de moitos outros tamén.
7 jun 2013
INFORME SOBRE EL FACTOR DE SOSTENIBILIDAD DEL SISTEMA PÚBLICO DE PENSIONES
Admito,
de entrada, que probablemente el perfil de un jurista del Trabajo y de la
Seguridad Social no sea el más adecuado para opinar sobre un tema tan sometido
a la lógica actuarial y de la economía aplicada. No soy un experto en adivinar
el pasado ni en llegar a un lugar distinto del inicialmente previsto partiendo
de hipótesis ciertas y utilizando fondos públicos. Es decir, no soy un
economista. Por todo eso, pido disculpas por adentrarme con ligereza en asuntos
que no me competen del todo. Con la misma ligereza con la que los economistas
opinan de Derecho. Dicho lo cual, permítaseme formular una serie de
consideraciones algo naives sobre el
informe hoy conocido. Las seis siguientes:
1º.- Es muy irritante el aparente
reparto de roles que realiza la comisión: afirma formular criterios técnicos y
dejar a los políticos las decisiones políticas. Mentira: todo es
inequívocamente político. Es más, finge que son técnicas decisiones que
pretenden diseñar un sistema rígido en algunos de sus presupuestos, basados en
un supuesto “factor de equidad intergeneracional” de las nuevas pensiones de
jubilación y en un todavía más hipotético “factor de revalorización anual”. Ni
el uno es necesariamente equitativo ni el otro necesariamente revalorizador.
Más bien plantean unas hipótesis de partida cuyo devenir está sujeto a
demasiadas incertidumbres.
2º.- Es muy cabreante que se
planteen hipótesis y se diga que todas ellas son igualmente ajustadas al
mandato constitucional del art. 50. Las últimas reformas “paramétricas” –utilizando
este adjetivo tan en boga- no garantizan del todo la suficiencia económica
durante la tercera edad. Más bien golpean duro en las pensiones bajas y
acarician suavemente las más altas. La “equidad” debiera suponer, por ejemplo,
que fuera lo mismo cotizar 35 años de los 16 a los 51 años que desde los 32 a
los 67, si el esfuerzo de cotización en dichos tramos resulta equiparable. Pero
no es lo mismo, ni de lejos. El rechazo relativo a un incremento en las
cotizaciones o en las transferencias presupuestarias aleja el informe de la más
intensa lealtad constitucional.
3º.- Es muy decepcionante que el
informe no tome en consideración la dinámica de las carreras profesionales, en
su comparativa entre las anteriores, las actuales y las futuras. Tal vez siga
aumentando la esperanza de vida –solo tal vez-. Pero seguro que las carreras
profesionales no son tan rectilíneas como las que han sido las de los jubilados
actuales. Con eso quiere decirse que no es del todo seguro que las pensiones
medias dentro de diez años sean relativamente más altas que las actuales. Más
bien, resulta bastante cuestionable.
4º.- Es muy frustrante que el
informe no formule la más mínima referencia a la proporcionalidad en los
ajustes. Es decir, si los referidos factores han de producir, como es
previsible, correcciones a la baja, éstas no debieran guardar una
proporcionalidad pura, sino cebarse más en las pensiones de más alta cuantía.
Lo cual tiene que ver con un tema clamorosamente omitido, como es el de la
cuestión diferencial entre hombres y mujeres. La perspectiva de género es
necesaria también en este asunto, mal que les pese a nuestros sesudos sabios.
5º.-. Es muy alarmante que el
informe exprese urgencias. El voto particular de Santos Ruesga –o, en menor
medida, el de García Díaz- produce más sosiego. Aunque solo sea para poder
valorar mínimamente los “daños colaterales” de la reforma de 2011 antes de
avanzar prietas las filas en otra reforma que, quiérase o no, será de ajuste.
Evaluar una reforma no con datos reales sino con prospecciones es como
proyectar un puente sin haber analizado el terreno en el que van a sostenerse
sus pilares. La prisa aparenta basarse más en un narcisismo de los “sabios” que
en una realidad contrastada. O, cuando menos, en un intento de revestir de
legitimidad inmediata al factor de sostenibilidad.
6º.- Es muy inquietante que el factor de revalorización anual quiera
afectar a los actuales pasivos. No tanto en su lógica intrínseca, pero sí por
su valor simbólico y de ruptura con un valor intrínseco de nuestro sistema,
como es la doctrina de la fecha del hecho causante. Las reformas, solo para las
pensiones posteriores, no para las actuales. El noli me tangere –no me toques- las pensiones actuales se quiebra con estas
propuestas un tanto aventuradas.
***
Quien escribe estas páginas no
niega la utilidad de introducir un factor de sostenibilidad. Ni critica la
pertinencia del informe. Solo, y parcialmente, sus contenidos. Diríase que le
falta algo de coherencia con nuestro modelo y de amparo en los principios
teóricos del sistema. Puede que “des-indexar” –o más bien “re-indexar”- las
pensiones resulte necesario o conveniente. Pero tocar un aspecto tan sustantivo
y sensible como éste requeriría valorar su impacto en los “parámetros”, tanto
los modificados como los no modificados en 2011. No vaya a ser que toda la
estructura se desmanganille.
27 abr 2013
Adxunto link a artigo que onte me publicou La Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/04/26/desfeita-da-epa/0003_201304G26P299911.htm
En engado unha pregunta: que medidas se deixaron onte de aprobar por mor da EPA feita pública o xoves? Canto sufrimento adicional nos tiñan preparado?
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/04/26/desfeita-da-epa/0003_201304G26P299911.htm
En engado unha pregunta: que medidas se deixaron onte de aprobar por mor da EPA feita pública o xoves? Canto sufrimento adicional nos tiñan preparado?
7 abr 2013
A CLÁUSULA SOCIAL NA CONSTITUCIÓN PORTUGUESA
Non cabe dúbida de que a Constitución
do 1976 non ten o estigma de pactos vergoñentos coa ditadura de Marcelo
Caetano. Isto confírelle unha lexitimidade que, desde logo, non ten a nosa de
1978, por moi ben que a queiramos e por moito que respectemos a súa declaración
de dereitos fundamentais e liberdades públicas. Digo isto cando asisto,
abraiado, á mesquiñenta intervención de Passos Coelho nunha crítica ao “irresponsábel”
Tribunal Constitucional portugués. Hoxe quero falar, evidentemente, da sentenza
do pasado venres, da Acórdâo nº 187/2013. Xa son chegados os tempos nos que poidamos
dicir que os irresponsabeis son el mesmo, Oli Rehn, Wolfgang Schaeuble, De Guindos & Cía, Inc.
A cláusula social do Estado é unha desas afirmacións de
estilo baldeiras de contido, no entendemento dos gobernantes ben-pensantes. Ata
que un órgano constitucional, convencido dos alicerces democráticos do seu
texto fundamental, nos lembra a todas as persoas que temos case esquecido o
modelo social europeo, que algún día acreditamos nel. O incríbel, o demagóxico
e o moralmente rexeitábel é que se difame e estigmatice aos órganos xudiciais
que non fan deixación do seu deber fundamental de protexer o cadro de valores
no que se sustenta a convivencia cidadá. Un cadro de valores no que turran ata
o seu total esmagamento os detentadores do poder executivo das dereitas
predominantes en Europa.
Xa finalizou o exabrupto do primeiro ministro portugués. Vai
meter as tesoiras en sanidade, seguridade social e educación. Semella que quere
castigar ao Tribunal Constitucional pola “infamia” do seu fallo –cóllolle prestada
a expresión do noso presidentiño Mr. Bean, ao que hoxe non me vou referir máis-.
Por suposto, nen a máis mínima crítica á troika, coa que hai que trasacordar un
adiamento dos obxectivos do déficit. Esta troika erixida en Santísima Trinidade
dona dos destinos e das vidas de cidadáns e cidadás dunha República que en
abril do 1974 acreditara na súa liberdade. Que máis da o sofremento e a perda
de dignidade de milleiros de homes e mulleres? É a inversión das garantías dun
Estado democrático: un poder executivo rifándolle a un Tribunal Constitucional
polos mandados dun órgano de dubidosa raizame democrática como é a troika.
Con todo, a sentenza
do TC portugués sementa a esperanza no Sur de Europa. Por máis que o Goberno do
Reino de España teña na axenda máis inmediata domesticar ao noso “díscolo” Tribunal
Constitucional. Non é que haxa que volverlle as costas ao problema do déficit
público, é que hai que contelo con obxectivos razonabeis, proporcionados e con
estratexías de ingreso e de gasto redistributivas e que non amolen sempre ás
clases populares.
O fallo do TC portugués é complexo e a súa fundamentación
xurídica longa. Non é que se poida calificar como especialmente garantista de
dereitos. De feito, desbota a teoría da irredutibilidade de dereitos salariais
e tampouco considera infrinxido o dereito de negociación colectiva –por certo,
con total esquecemento da doutrina do Comité de Liberdade Sindical de OIT-. E
entende que a creba do dereito de igualdade entre os esforzos dos empregados
públicos e os demáis traballadores está xustificada. Onde conclúe que non se
pode defender a constitucionalidade da lei de orzamentos é no carácter
desproporcionado da medida. Como expresa a sentenza,
“O
que não faz sentido é que se convoque a vinculação ao interesse público dos
trabalhadores da Administração Pública, caracterizada pela referida situação
estatutária ou pelo estatuto legal do contrato, como fundamento para a
imposição continuada de sacrifícios a esses trabalhadores por via da redução
unilateral dos salários, quando assim não se pretenda mais do que um objetivo
de caráter geral em vista ao cumprimento das metas de redução do défice”.
É dicir, chove
sobre mollado. Sempre se perxudica aos mesmos, sen adoptar outras medidas
estruturais de reducción do gasto ou de incremento das achegas. O TC portugués
admite que, como resposta a curto prazo, é lexítima a reducción salarial, como
técnica máis rápida de contención das contas públicas. Pero cando a mesma
solución se emprega ano tras ano, pasa a ser desproporcionada. No caso da lei
orzamentaria portuguesa, establecíanse reduccións salariais ordinarias para
salarios iguais ou superiores a 1500 euros. Pero tamén se lles suspendía unha
paga extraordinaria a todos os empregados públicos que chegaran aos 600 euros
ao mes.
Por suposto, as
mesmas argumentacións caberían nunha hipotética sentenza do TC español. A
análise que fai o portugués do principio de igualdade é, obviamente,
concomitante coa nosa análise do art. 14. Porén, un dubida de que a resposta
vaia ser a mesma. A doutrina constitucional fronte a excesos sen conto das leis
de presupostos foi sempre meliflua, condescendente e chafalleira. Por iso sinto
unha certa envexa do noso país irmao. Cando menos, o seu TC fixo un eloxio da
dignidade. Como sen dúbida querería Saramago.
16 mar 2013
MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR (sobre el RD-LEI 5/2013, “de medidas para favorecer la continuidad da vida laboral…)
Dinlle
ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocidade. Nada teño.
O
patrón está rico á miña conta,
Eu,
á súa, estou vello.
Esta estrofa, de la Longa Noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, expresa muy bien el
sentido de la norma de urgencia que ayer se aprobó en Moncloa. Sin complejos.
Sin la más mínima interlocución con las partes sociales. Sin el más mínimo
consenso político. ¿Qué más da? Dentro de unas semanas, esos 185 dedos
autómatas de la mayoría absoluta del Congreso perpetrarán una nueva agresión a
las personas de menores recursos convalidando el Real Decreto-ley con la excusa
de que es necesario preservar el equilibrio del sistema. Claro que sí. Pero,
¿por qué no se meten con las pensiones de mayor cuantía, sino siempre con los
mismos?
Hace tiempo que mostré mi oposición a ese desastre
que fue la Ley 27/2011 –la última reforma de la Seguridad Social- porque
perjudicaba espectacularmente a las pensiones de menor cuantía y las
expectativas de los trabajadores más vulnerables. Pero, por lo menos, esa
reforma contaba con la legitimidad política y la de los interlocutores
sociales. Este Real Decreto-ley que hoy se publica en el BOE solo cuenta con la
legitimidad de esa mayoría arrogante de la derecha más zafia y revanchista,
alérgica al principio constitucional de promoción de la igualdad material.
No voy a aburrir con un comentario técnico de la
reforma, pero sí que pondré de manifiesto sus aspectos más lamentables:
Primero.- Endurecimiento
de la jubilación anticipada. No discuto que haya que endurecer la voluntaria,
pero no la no obligatoria. Ya es muy desprotector que los que no alcancen la
pensión mínima sin complementos a mínimos no puedan optar a la jubilación,
animalada que hizo la Ley 27/2011 con el único objetivo reconocible de situar
por debajo del umbral de la pobreza a muchas personas. Ahora se incrementa el
coeficiente reductor de la pensión. Con el propósito evidente de castigar a los
trabajadores que han sido expulsados del mercado de trabajo. En términos
actuariales, y para quienes tienen carreras de cotización de 33 años, el
coeficiente es desproporcionadamente alto. Si a eso le llama el Gobierno
“favorecer la continuidad de la vida laboral” es que estamos todos locos. Se
trata de un colectivo que ha sido expulsado del mercado de trabajo. Ya es
bastante que les maltrate el mercado para que ahora los maltrate la Seguridad
Social. Pero parece que al PP no le preocupa esta “chusma”.
Segundo.- Nuevo candado para la jubilación parcial.
La reforma anterior se cargó la jubilación parcial en las pequeñas empresas
obligándose a cotizar por la totalidad de la jornada que le correspondería
hacer al trabajador parcialmente jubilado. Los trabajadores de las empresas
auxiliares parece que no son dignos de la jubilación parcial. Ahora se limita
el porcentaje de jubilación al 50 por 100, y además se exige una carrera de
cotización de 33 años. Lo del 50 por 100 –solo ampliable al 75 por 100 si el
relevista es contratado a jornada completa- pone muy de manifiesto qué poco ha
entendido la alegre muchachada que asesora a Sor Fátima que, ya desde las
épocas de Jacques Delors, la jubilación se concibe en Europa como un proceso y
no como un suceso. Y que nada han estudiado esos chicos, porque el tema de la
jubilación flexible es un tópico en avance, no en retroceso, allá donde hay
políticas sociales civilizadas.
Tercero.- Se lamina en la práctica el subsidio para
mayores de 55 años. Eso es gravísimo, porque se le despoja de todos sus rasgos
que tiene de puente a la jubilación. No es tanto la cuantía del subsidio- que
también- sino sobre todo la cotización al 125 por 100 de la base mínima. Poco
futuro le aguardo a esta cotización, dispendiosa para la derecha rancia. Aplicar
a este subsidio el requisito general de carencia de rentas de la unidad
familiar produce que las personas excluidas pasan a ser siempre personas
económicamente a cargo de otras. Es decir, los trabajadores maduros pierden el
único apoyo que tenían. Solo les queda por delante la dependencia económica más
soez. Hasta que lleguen a la edad de la pensión de jubilación. Que claro, será
una pensión mínima, por mucho que acrediten largas carreras de cotización.
Y es de película de Fellini que un precepto de esta
norma califique al colectivo de mayores de 55 años como destinatario principal
de las políticas de empleo. Y que alguien se crea que en estas épocas serán
ellos los primeros que salgan del paro. Por favor, ¡dejémonos de coñas!
Y cuarto.- El regalo a sus huestes: ya no va a
haber que hacer la aportación al Tesoro Público en las empresas con beneficios.
Basta con cargar la mano más con los trabajadores de menos de 50 años para que
los despidos de los mayores también queden libres de la aportación. Ya me
tardaba que ayudaran a sus amigos en este tema. Desde estas letras le doy mi
más efusiva enhorabuena a César Alierta y a los amarillos de la Telefónica.
Podría seguirse, pero ya basta. Insisto en que esta
norma es muy injusta. Habrá que recortar, no lo discuto. Pero habrá que recortar
por otro sitio, por las pensiones altas, no por las bajas. En estas épocas
recesivas, podría plantearse el umbral máximo de lo protegible. Pero lastimar a
los más indefensos es propio de un gobierno de matones asilvestrados. Así se
garantiza la Seguridad Social…para unos pocos. Y que no nos llamen imbéciles: a
la vez que se recorta, se les condonan las aportaciones al Tesoro Público a las
empresas amigas. Sin complejos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
