Que o noso indigno Mr. Bean galego, presidentiño que temos que aturar
tres anos máis aínda, teña a desvergoña de dicir en público que está
comprometido coa igualdade entre homes e mulleres non deixa de ser unha troula
máis na súa verborrea de politicastro anano e ruín. O seu discurso baldeiro,
ermo e insubstancial tense que encher de referentes comúns e frases feitas. Por moito que queira invocar
a memoria de Rosalía de Castro ou a doutras galegas de ben, non deixará de ser
ese homiño para o que a nosa lingua non é máis que un problema e as mulleres,
cidadás continxentes ás que hai que compracer únicamente o seu día, como de se
a súa onomástica se tratase. Do mesmo xeito que pola Virxe do Carme ten que ir
xantar a Fisterra ou que en setembro ten que ir á romaría da Virxe do Cristal,
o 8 de marzo ten que dar un discursiño dicindo que a Xunta fai o que non fai,
qué é defender á muller en Galiza.
Non esquezamos que as políticas
de igualdade recuaron coa entrada do PP na Xunta de Galiza e no Reino de
España. Xa non falamos de rebaixa nas políticas públicas e de empoderamento da
muller, de banalización da violencia machista, de supresión do Servizo Galego
de Igualdade, de abandono na loita contra a discriminación retributiva, de
falta de apoio á dependenza –entregada ao coidado informal feminino- e de
tantas outras cousas. Reto a quen me lea a respostar a unha sinxela pregunta:
que política pública prevista na Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, se
desenvolveu eficazmente desde a entrada no goberno desta xentalla? Ou é que a Lei
de Igualdade non está no bloque de constitucionalidade?
Pero, xa que este presidentiño mentou
onte a conciliación: que políticas de corresponsabilidade encetou o seu goberno?
Como moito seguiu coas que herdou dese “infame” bipartito. Por certo, o que
aprobou a Lei 2/2007, do traballo en igualdade das mulleres en Galiza. Claro,
esas son as normas que produciron dispendio e gasto excesivo. A igualdade, para
Mr. Bean, é un dispendio, non outra cousa. Investir en acción positivas e
compensadoras é un desvarío contrario ao principio de igualdade.
Cómpre afondar máis no tema da
conciliación: saiba, ignorante Feijóo, que onte o Reino de España, ese que
goberna seu conmilitón galego-vergoñante que é Rajoy, entrou en
incumprimento dunha Directiva comunitaria. Onte venceu o prazo para traspor o
Acordo Marco sobre o permiso parental –Directiva 2010/18/UE-. Que fixo o “goberno
amigo” para mellorar o retorno ao traballo das persoas que retornan dos
permisos de crianza de fillos? E para estas persoas manteren o contacto coas
empresas? E para que non sofran represalias ou postergacións profesionais cando
retornan? Rien. Como ten a caradura o
PaPo de expresar compromiso coa conciliación?
Cando foi a última vez, señor
presidentiño, que alguén lle lembrou que a conciliación é un tópico de equidade
e de compromiso masculino? Que é o reto máis revolucionario do menú da
igualdade porque nos lembra a tod@s que antes que nada somos pais e nais dos
nosos fillos e fillos e fillas dos nosos maiores? Por favor, cale. Vostede é
indigno para falarmos de igualdade e de conciliación! Situou á muller galega no
mesmo lugar no que Bieito XVI a deixou na Igrexa Católica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Os comentarios son benvidos neste blog, xa que o seu obxectivo é ser un punto de encontro e de diálogo co autor. Podes deixar a tua opinión, que pode non coincidir coa miña, pero sempre con cabeza. Os comentarios destructivos ou que falten ó respecto dos participantes no blog serán eliminados.